14 noviembre 2008

Ferrol cumpre 150 anos


Ferrol cumpre 150 anos

O 13 de outubro de 1858, a daquela raíña de España, Isabel II, promulgaba o decreto polo que Ferrol adquiría a condición de cidade. Nestes anos foron moitos os cambios da cidade e son tamén moitos os retos que se presentan. O pasado xa está escrito, pero agora, a cidade anda en busca de novos retos, como converter algúns dos seus elementos arquitectónicos en patrimonio da Humanidade.

O Concello programou unha serie de actos que se estenderán ata o 17 de decembro, entre os que haberá mostras fotográficas, ciclos de cine e conferencias.

A inauguración da exposición Fotografía decimonónica en Ferrol foi presenciada pola raíña Sofía

Ferrol desempeñou, e desempeña un papel importante na historia de España. En Ferrol sucedéronse numerosas batallas navais e incluso algún desembarco promovido polos exércitos ingleses que ansiaban capturar “o mellor porto natural da costa atlántica de Europa” e un enclave estratéxico sen igual en España.

A referencia mais antiga que se coñece de Ferrol, data do século I, na que o historiador romano Pomponio Mela, ao describir o Magnus Portus Artabrorum, desígnaa co nome de Adobrica, sen embargo hai quen afirma que a fundaron os normandos cara o século X, e será no século XI cando apareza por primeira vez o nome de Sancto Iuliano de Ferrol nun documento histórico.

O castelo de San Filipe foi un punto estratéxico moi importante na cidade de Ferrol no pasado. Foi construído na mesma boca da ría en 1577 para defender o porto de Ferrol, desde o que partía unha cadea que en caso de invasión levantábase para impedir o paso dos navíos atacantes. En 1588 houbo un temporal e parte das naves que formaban a gran armada

Un pouco de historia

O territorio deste concello foi bastante poboado na etapa anterior á romanización na que historicamente poden recoñecerse algúns asentamentos castrexos en Ferrol vello.

O topónimo Ferrol vincúlase á súa orixe antropolóxica Ferreolus.

Na Idade Media a cidade ou vila de Ferrol gozou dalgúns foros e privilexios ata que comezou a pertencer xurisdicionalmente á Casa de Andrade.

Durante o ataque de Drake á cidade da Coruña en 1589, Ferrol serviu como porto de abrigo e reparación á flota marítima.

O Ferrol desempeñou, e desempeña, un papel importante na historia de Galicia e España e nas que foron as súas posesións de Ultramar, papel que lle concedeu a súa posición de ser o porto militar máis importante da península durante séculos. No Ferrol sucedéronse numerosas batallas navais e ata algún desembarco promovido polos exércitos ingleses que ansiaban capturar "o mellor porto natural da costa atlántica de Europa" (así o cualificaron os almirantes británicos) e un enclave estratéxico sen igual en España.

A referencia máis antiga que se coñece do Ferrol data do século I, no que o historiador romano Pomponio Mela, ao describir o Magnus Portus Artabrorum, desígnaa co nome de Ardobriga. Con todo, hai quen afirma que a fundaron os normandos cara o século X. Será no século XI, cando apareza por primeira vez o nome de Sancto Iuliano de Ferrol nun documento histórico.

O castelo de San Felipe foi construído na mesma boca da ría en 1577 para defender o estratéxico porto do Ferrol dende o que partía unha cadea que en caso de incursión naval era levantada impedindo o paso dos navíos hostís. En 1588, debido a un temporal, parte das naves que formaban a Grande Armada de Filipe II buscou refuxio na ría do Ferrol. En 1594 a armada inglesa intentou apoderarse de Ferrol. En 1726 Filipe V ordenou a instalación dos grandes Estaleiros do Norte de España na ría do Ferrol, nos lugares da Graña e o Ferrol. En 1749 Fernando VI dispuxo a instalación dos estaleiros en Esteiro e que fose o Ferrol a capital do Departamento Marítimo. O 25 de agosto de 1800 tivo lugar un intento de apoderarse do Ferrol e destruír os estaleiros por parte dunha armada inglesa con máis de cen barcos e 15.000 homes, mandados polo almirante Warren. Trala derrota inglesa, Napoleón celebrouno coa frase: "polos valentes ferroláns". En 1809 produciuse a ocupación francesa pero esta só durou un mes.

A alianza con Gran Bretaña durante a Guerra da Independencia precipitou o fracaso da economía da cidade e, durante o reinado de Fernando VII, o Ferrol chegou a converterse nunha cidade en declive, perdendo o seu título de capital. Con todo, floreceron novas actividades, durante a administración do Marqués de Molina, Ministro de Asuntos Navais a mediados do século XIX.

En Ferrol produciuse a botadura do primeiro barco a vapor de España en 1858, en 1881 do primeiro barco con casco de ferro e en 1912 a do primeiro acoirazado (España), asistido polo rei Afonso XIII.

O estourido da Guerra Civil (1936-1939) significou que os estaleiros, talleres, fundiciones e dársenas do Ferrol fosen tomados baixo o control do Estado e completamente nacionalizados en 1945 baixo o nome de Bazán, máis tarde renombrado como IZAR e dende xaneiro de 2005 como Navantia.

Durante a ditadura franquista, o ditador, que nacera nesta cidade, a renomeou en 1938 como El Ferrol del Caudillo, nome que conservou ata 1982, cando o concello democrático cambiouno polo actual, Ferrol.

O remate da ditadura e a chegada da democracia en 1978 non axudou a mellorar a súa situación económica. Dende 1982 ata comezos da década de 1990 a cidade enfrontouse a numerosos problemas debido ao declinar do sector naval. O principio do novo milenio con todo, foi en xeral un tempo de expansión económica e prosperidade. Construíronse recentemente unha autovía e un porto exterior; facendo as comunicacións por terra e mar moito máis doadas e rápidas.


Patrimonio artístico

Aínda que Ferrol non conta con grandes monumentos ten unha diversidade arquitectónica de grande interese. Salientar a arquitectura militar, sendo as representacións máis importantes o Arsenal Militar, e o Castelo de San Felipe, nos que se está a confeccionar a documentación previa, para ser candidatos a Patrimonio da Humanidade da Unesco. Relevantes tamén son varios edificios residenciais asociados á mariña repartidos por toda a cidade e algúns de carácter estritamente militar no Porto. Ferrol conta cun dos trazados urbanísticos máis harmónicos de toda Galiza, o Barrio da Magdalena, deseñado en tempos de Carlos III, foi toda unha novidade no seu tempo e segue a destacar hoxe non só pola súa forma senón polas construcións modernistas que alí se fixeron, coma por exemplo O Teatro Jofre, o Casino Ferrolán ou o Hotel Suizo. No ámbito relixioso a cidade conta coa concatedral de San Xiao e igrexas coma a de Dolores, Angustias e Socorro.



No hay comentarios: