12 diciembre 2008

70 anivesario da Guerra dos Mundos

Este ano 2008 celébrase o 70 aniversario da Guerra dos Mundos.

O 30 de outubro de 1938, un mozo chamado Orson Welles (Wisconsin, EUA, 1915-1985) narrou unha ficticia invasión extraterrestre, baseada na idea plasmada no libro A guerra dos mundos de H.G. Wells, que aterrorizou os Estados Unidos de América esa mañá de outono.

Welles tiña previsto emitir a adaptación teatral do clásico de H. G. Wells, ‘A Guerra dos mundos’, mais fixo un importante troco: adaptou a obra escrita para que fose interpretada na radio como se dunha simulación dunha emisión dun informativo especial sobre unha invasión marciana, pensando que esa técnica tería moito máis éxito... e abofé que así foi.

Só ás 08.30h da mañá do 30 de outubro Orson Welles advertiu os que escoitaban a radio de que o que sería retransmitido durante esa seguinte hora só era ficción. A emisión comezou cunha serie de preocupantes “telexornais de urxencia” onde se alertaba de que no Observatorio Mount Jennings, en Chicago, informaran sobre varias explosións en Marte. Uns minutos máis tarde, chegaban “as primeiras infrmacións de que os marcianos estaban a aterrar nunha cidade que Welles asinalara ao chou co seu dedo, previamente, no mapa e que estaban a comezar ataques con gas. A emisión remataba co repórter a morrer como resultado dos gases marcianos.

A seguridade da voz de Welles fixo que moitos norteamericanos se botasen ás rúas e chamasen completamente asustados e desesperados a concellos e comisarías de policía demandando explicacións ou recomendacións sobre como se protexer do gas marciano, especialmente en Nova Iorque e Nova Iersei.

Con este experimento que causou histeria colectiva e que o catapultou á fama e ao cumio da súa carreira, Welles demostrou o poder dos medios de comunicación de masas nas sociedades de entreguerras, demostración que se pode facer extensible á actualidade.



No hay comentarios: