04 febrero 2010

: : A crise dos misís : :


A crise dos misís foi o momento da Guerra Fría no que máis cerca se estivo do enfrontamento directo entre a URSS e EEUU, e da hecatombe nuclear. As consecuencias puideron ser funestas.

Fidel Castro comezou a actuar dunha maneira que danaba os intereses dos EE.UU., a pesar de que, anos atrás, Cuba se convertira nun país con intereses comúns ós norteamericanos.

Kennedy, presidente norteamericano ata 1963, intentou nun primer momento invadir a Baía de Cochinos (a invasión de Playa Girón), no ano 61. Pero Cuba aliouse co bloque comunista e, ante a actitude americana, despregou unha serie de misís, coa axuda da URSS. Cando os avións norteamericanos se decataron do levantamento de rampas de misís, en outubro de 1962, o presidente norteamericano decretou o o broqueo de Cuba, impedindo o paso de navíos soviéticos á illa.

Tiveron lugar unhas negociacións tras as cales Kruschev, dirixente da URSS, cedeu e lles ordenou voltar ás súas naves. A URSS accedeu a retirar os misís, a cambio do compromiso por parte dos norteamericanos de non invadir a illa, e da retirada de misís similares que EE.UU. tiña despregados en Turquía. Así, a crise dos misís chegou á súa fin, sen que ningunha das potencias mostrara debilidade, e evitándose o conflicto directo.

Como consecuencia, creouse o “teléfono vermello”, liña de comunicación entre EE.UU. e a Unión Soviética, co fin de axilizar as conversacións entre ambas potencias en época de crise.

Segundo o reloxo do Apocalipse, durante a crise dos misís, estivemos a poucos minutos do fin.

No hay comentarios: