
A situación bélica no plano naval era favorable para Gran Bretaña, que contaba coa mariña de guerra mellor armada do mundo mentres a frota de guerra francesa non tiña unha boa organización e posuía unha menor potencia nos seus barcos. Certamente o exército francés era entón máis numeroso e mellor armado que o británico, pero este factor era de escasa importancia en caso dunha guerra colonial lonxe da metrópole, onde era indispensable contar cun grande apoio naval para transportar tropas.
A superioridade naval británica foi considerada polos políticos franceses como un elemento disuasivo moi importante, o cal xerou que o goberno francés ordenase ás súas tropas a retirada o 3 de novembro de 1898, dando fin ao incidente. Xunto con isto, diversos políticos franceses como o ministro de asuntos exteriores, Théophile Delcassé, consideraran que para os intereses de Francia era máis conveniente contar co apoio de Gran Bretaña en caso de guerra con Alemaña, e non desexaban danar unha posible alianza só por causa dun lugar de África onde Francia chegara tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario