05 octubre 2008

Exposición retrospectiva sobre a Guerra Civil dos Irmáns Mayo


Unha imaxe vale máis cá mil palabras. Tras unha imaxe escóndense moitas cousas: alegrías, dor, tristeza, amor… pero tamén podemos saber moitos datos da época ou do momento en que se tomou a foto.
Unha mostra disto son as fotografías que se están a expoñer do 27 de setembro ao 26 de outubro no Mercado Vello da nosa vila, e que nos achegan un pouco máis ao que foi a non tan lonxana Guerra Civil española provocada polo levantamento franquista.
Esta exposición amosa o testemuño dunha guerra, e dun traballo fotoxornalístico dende distintas unidades do bando republicano para que, as diferentes revistas e xornais da época publicaran crónicas gráficas do conflicto bélico, imaxes da fronte, da retagarda, das marchas dos soldados , das esperas nas trincheras, do tipo de equipamento bélico, dos prisioneiros de guerra, do sufrimento da poboación civil. Nesta serie de fotografias,dúas son as cidades protagonistas: Madrid e Valencia , rúas e casas arrasadas polas bombas, evacuacións da poboación, mulleres cosendo para os milicianos, colonias escolares, os feridos nos hospitais, os mortos…..
Na Biblioteca Nacional de Madrid atópanse depositadas unha colección de fotografias relativas á Guerra Civil Española. Esta exposición é un resumo das imaxes captadas por Francisco e Julio Souzo Fernández e por Faustino del Castillo Cubillo, compoñentes dos Irmáns Mayo, un grupo de fotoxornalistas pertencentes a dúas sagas familiares : os Souza Fernández (Francisco, Julio e Cándido) de orixe coruñesa, e os del Castillo Cubillo (Faustino e Pablo) , comprometidos dende a esquerda coa causa republicana en defensa da liberdade e a democracia.
É unha mostra moi interesante para visitar, e como dixo nun discurso Julio Souza, o único supervivinte deste grupo de fotografos: “ A historia escríbena os vencedores, non os vencidos, e pódese terxiversar sen darlle moitas voltas á realidade. A unha fotografría por moitos pés que lle poñan, é moi dificil darlle a volta. A fotografía deunos un reflexo moito máis fiel que a propia historia escrita, con todo respecto aos historiadores. Eu non considero a fotografía como un complemento da literatura. As fotografias, como os grandes notarios, dan simplemente fe do sucedido".


No hay comentarios: