12 octubre 2008

Fotógrafos da guerra

Fame, morte, desesperación, perdas… A Guerra Civil española trouxo isto e moito máis. Fotógrafos como Robert Capa non dubidaron en arriscar a súa vida para dar a coñecer ao resto do mundo as traxedias que se estaban a vivir na España do momento.

Andrej Friedmann coñecido coma Robert Capa (Budapest 1913- Vietnam 1954) pertencente a unha familia xudía ten, desde moi novo, unha grande afección á fotografía. Con dazasete anos coñece a Lajos Kassak quen lle da excelentes consellos e un gran apoio económico. Robert deu a coñecer a fotografía coma un obxecto social, mostrando as inxustizas do sistema capitalista. Coa chegada ao poder de Alemaña de Adolf Hitler, vese obrigado a abandonar Hungría.
Ao comezar a Guerra Civil española en xuño do 1936, Capa trasládase coa súa moza a España para inmortalizar os principais acontecementos da contenda española. Estivo no bando Republicano coa causa da República e defendendo a loita antifascista desde os inicios na fronte de Madrid ata a retirada final en Cataluña. O 5 de setembro de 1936, un mes e medio despois de que comezara a Guerra Civil, un miliciano anarquista de 25 anos, morreu nun cerrillo cordobés dun balazo disparado por un francotirador marroquí. A poucos metros metido nunha trincheira, Robert Capa fixo a foto máis famosa da Guerra Civil: Muerte de un miliciano. Esta foto orixinou moitas controversias, pois había moita xente que pensaba que fora falseada debido á súa gran perfección ou que fora a súa propia moza quen tomara a fotografía. Con todo, hai moitas hipóteses que din que Robert Capa era un gran fotógrafo, que estivo en moitas guerras, moi preto da liña de batalla e que non tiña necesidade ningunha de falsear ningunha foto.



Outro fotógrafo desta contenda foi o piloto sudafricano Vincent Doherty que describe o asedio dos milicianos ao Alcázar de Toledo así coma distintos retratos de diferentes zonas da cidade (plaza de Zocodover, a rúa de Armas e a praza da Madalena) Ilustrando tamén a vida da poboación, a cidade devastada e un gran número de imaxes dos milicianos (tanto na vida cotiá coma nas súas maniobras). Estas fotos foron posiblemente realizadas entre os días 20 e 21 de setembro do 1936.



Agustí Centelles (Valencia 1909 - Barcelona 1985), outro gran inmortalizador desta contenda, tivo contacto coa fotografía dende moi novo. Cando estalou o conflito foi destinado á fronte de Aragón, e dedicouse a facer reportaxes sobre as tropas na fronte: conquista de Teruel, batalla de Belchite… Foi colaborador do Comisariado de propaganda da Generalitat de Cataluña e encargado do archivo do exército en Barcelona. No 1939 autoexíliase a Francia, levando consigo os negativos das imaxes que el consideraba máis importantes. As tropas franquistas requisaron o resto dos negativos na súa casa e leváronos ao Arquivo de Salamanca. Estivo preso en diversos campos de concentración pero sempre salvou os negativos e as súas cámaras fotográficas. Cando regresou a España deixou os seus negativos agochados na casa da familia que o acolleu durante o seu exilio, voltando por eles no ano 1976.

No hay comentarios: