20 febrero 2009

Charles Darwin, 200 anos de legado.




Charles Darwin( 12 de febreiro de 1809-19 de abril de 1882).
Foi un científico británico. O seu traballo tivo unha influencia decisiva sobre as ciencias da vida e da terra sobre o pensamento moderno en xeral.
Debemos destacar que foi el quen sentou as bases da teoría moderna da evolución co seu concepto de desenrolo de todas as formas de vida a través do proceso lento da selección natural.
Graduouse na escola en Shrewsbury e despois estudou na Universidade de Edinburgo medicina, aínda que despois iríase e pasaría a formar parte da Universidade de Cambridge para prepararse para ser ministro na Igrexa de Inglaterra. Alí coñeceu a Adam Sedgwick(xeólogo) e a John Stevens Henslow(naturista) os cales lle serviron de gran axuda na súa formación e tamén como persoa.
Graduouse en Cambridge en 1831 e foi invitado a bordo do barco inglés de investigación HMS Beagle para unha expedición científica ao longo do mundo, en 1832.
Unha expedición importante que sería recordada coma un dos proxectos máis importantes da súa vida.
Esta expedición deulle a oportunidade de observar as diversas formacións xeolóxicas en diferentes continentes e illas, e deulle especial importancia ao efecto cas forzas naturais tiveron na forma da superficie da terra, e unha ampla variedade de fósiles e organismos vivos.
Naquela época, a maioría dos xeólogos seguían a teoría da catástrofe( a terra experimentou unha sucesión de creacións de vida animal e vexetal, e cada creación foi destruída por unha catástrofe repentina). Pero esta teoría foi sometida a crítica polo xeólogo inglés Charles Lyell, que sostiña que a superficie da terra estaba sufrindo un cambio constante, como resultado das forzas naturais que operan uniformemente durante longos períodos de tempo.
Durante esta magnífica expedición, Darwin encontrou que moitas das súas observacións de fósiles, plantas e animais coincidían coas da teoría antes citada, que as especies foron especialmente creadas. As súas observacións déronlle lugar a pensar a existencia de enlances entre especies distintas pero similares.
Despois de regresar a Inglaterra en 1836, xa que a expedición durou case 5 anos, Darwin comezou a recompilar todas as súas ideas sobre a habilidade das especies para cambiar nos seus Cadernos Da Transmutación Das Especies.
A súa explicación de como evolucionaron os organismos surxiu despois de ler Un ensaio do Principio da Poboación de Malthus, que explicou que o ritmo ao que a poboación humana crecía era superior ao ritmo co que crecían os recursos, polo tanto, cada certo tempo, daríase unha época de alta mortalidade que el chamaría crise malthusiana.
Entón, Darwin aplicou a teoría de Malthus aos animais e ás plantas e arredor do 1838 xa elaborara un bosquexo da teoría da evolución a través da selección natural.
Esta teoría se fixo pública en 1858.
A selección natural é un mecanismo evolutivo que se define como a reproducción diferencial dos xenotipos no seno dunha poboación biolóxica.
A formulación clásica da selección natural establece que as condicións dun medioambiente favorecen ou dificultan, é dicir, seleccionan a reproducción dos organismos vivos segundo sexan as súas peculariedades. Esta selección natural é a que foi proposta por Darwin para explicar a evolución biolóxica. A explicación parte de dúas premisas, a primeira di que entre os descendentes dun organismo hai unha variación aleatoria, non determinista, que é en parte heredable; a segunda afirma que esta variabilidade pode dar lugar a diferenzas de supervivencia e de éxito reproductor, facendo que algunhas características de nova aparición se poidan extender na poboación. A acumulación de estes cambios ao longo das xeracións produciría todos os fenómenos evolutivos.
Darwin publicou esta teoría en 1859 en O orixe das Especies.
Como case sempre pasa, houbo distintas críticas e reaccións a teoría formulada. Moitos científicos afirmaron que Darwin non podía probar todas as súas afirmacións e hipóteses, e así seguirían en contra da súa teoría durante os 50 ou 80 anos seguintes. Aínda así, os maiores enimigos da teoría foron os opositores relixiosos, xa que desmontaban as ideas que a relixión predica.
Houbo distintas consecuencias tamén desta teoría, unha, por exemplo é a chamada concepción do "euxenismo", que se inspirou nesta teoría, baséase nunha "loita pola vida" e conduxo á exterminación de seres considerados inferiores( epilépticos, psicópatas, inválidos, etc). Na época nazi a concepción de esta especie de eutanasia xustificaban estas mortes porque eles consideraban a estas persoas incapaces de desenrolar un traballo pero que consumían recursos. Foi usada como a excusa para a "hixiene racial" durante os anos da 2ª Guerra Mundial e que deu lugar a máis de 100.000 víctimas indefensas.
Fai dúas semanas máis ou menos fixo 200 anos do seu nacemento, aquí deixamos unha pequena homenaxe á súa persoa.


Se queredes saber un pouco máis, aquí deixamos as páxinas nas que nos informamos e que encontramos máis interesantes:









No hay comentarios: