29 abril 2010

Centenario de la CNT


No 2010 cumplese un siglo de existencia da CNT (Confederación Nacional do Traballo). É o centenario dun pobo e a inestimable loita de miles de persoas,para construir unha sociedade antiautoritaria e solidaria.
O día 1 de novembro de 1910, no local barcelonés do Círculo de Velas Artes, quedou constituída a CNT (confederación Nacional do Traballo). Esta organización foi herdada da rexión Española na 1º internacional e naceu do Movemento obreiro como o primeiro sindicato neste país.A CNT fíxose depositaria da rebeldía popular, que se opón o poder a longo prazo,e avanzou grazas a liberdade, a xustiza, a igualdade, a dignidade e o progreso. Esta organización era independente económica, política e relixiosamente falando, por iso, como condición indespensable para mellorar as condicións de vida dos traballadores ata rematar ca explotación, esta organización (CNT) comenzou unha actividade anarcosindicalista, conseguindo así un legado moi poderoso para a sociedade actual, xa que grazas a ese acto, conseguimos a xornada de oito horas, a igualdade da muller, o feminismo, o amor libre e moitas outras cousas , que teñen lugar cando o comunismo liberario se convertiu no modelo de vida cotián dos territorios liberais.O pobo seguiu defendendo os principios do anarcosindicalismo (independencia, autonomía, federalismo…) nos asuntos obreiros, a través de folgas, manifestacións durante a dictadura, hasta que se acabou e o movemento obreiro reconstrueu a CNT. Esta organizou o avance do movemento obreiro, unha vez máis, e producirón a reacción do capitalismo, esta vez apoiado no estado democrático e o equipo institucional, pero o éxito sindical da CNT foi reprimido politicamente. A isto unironse campañas de silencio e a difamación nos medios de comunicación, provocando danos no movemento obreiro do país. A presencia anarcosindicalista provocou a pérdida dalgúns dereitos que xa obtivéramos anteriormente, por mor Da Corrupción Sindicalista (oficialmente silenciada e protagonizada por CC.OO e UGT), que implantou a desregulación e a precarización laboral.
A pesar de todo, miles de traballadores e traballadoras seguimos hoxe nesa organización obreira chamada CNT, manténdoa cos nosos propios medios, convertíndoa así no único sindicato de clase, capaz de enfrentarse a opresión e o control social, aspectos inherentes o Capitalismo.
Da unión do negro do anarquismo e do vermello do movemento obreiro surxe a bandeira do anarcosindicalismo. O anarcosindicalismo é unha das ramas do anarquismo vinculada o movemento obreiro a través do sindicalismo. É un método de organización e de loita dos traballadores a través de sindicatos autónomos do poder político. É o resultado da síntesis do anarquismo[] e a acción sindical revolucionaria. Diferenciase doutros movementos anarquistas no que o seu ámbito de actuación característico é o mundo do traballo, complementándose con outras organizacións de similar ideoloxía para a consecución dos fins perseguidos.

No hay comentarios: