29 abril 2010

Tortura no Antigo Réxime

No sistema penal do antigo réxime, a tortura era unha práctica moi común e tamén era un elemento básico do procedemento por que non só servía de castigo do delito cometido, senón que tamén servía como proceso investigador. Este proceso tiña a finalidade de facer declarar o acusado a verdade sobre o crime.

Foron necesarios moitos séculos de loita ideolóxica por parte de representantes do pensamento Ilustrado como Montaigne, Montesquie, Beccaria ou Voltaire e un cambio nas estruturas políticas e xudiciais para que estas practicas que parecían do mais normal, pasasen a ser algo intolerable. Os reformadores criticaban o exceso de castigos e unha aplicación moi irregular:

  • Os oficios de xuíz véndense.
  • Confusión entre lexisladores e o administrador da xustiza.
  • Privilexios que volven desigual o exercicio da xustiza.
  • Irregularidade nas instancias encargadas do cumprimento da xustiza: hai unha xustiza para os relixiosos, tribunais especiais para os poderosos, a policía ten funcións xudiciais, o poder do rei.

A multitude de instancias estórbanse unhas a outras a causa das pelexas internas de competencias, os intereses de cada persoa, políticos, económicos. A acusación ten moito poder, o acusado está indefenso. Os homes do rei teñen tamén un gran poder e o rei podía intervir en todos os procesos como cédula de perdón (abolición, remisión ou conmutación de penas) e por medio de cartas-ordes podía ordear o internamento arbitrario nunha carcel do Estado. As razóns da reforma son:

  • Novas técnicas de castigo
  • Novos principios reguladores
  • Estender a arte do castigo universalmente
  • Homoxeneizar o exercicio do castigo
  • Diminuír o custo económico do castigo e aumentar a súa eficacia
  • O dano do criminal debe ser castigado para que non volva repetirse
  • O castigo vai en proporción ó dano causado a sociedade
  • A pena debe ser calculada en función da súa posible repetición e que o delincuente non teña desexo de repetir

O cárcere é criticado polos reformadores porque é incapaz de responder os delitos; é tamén inútil e custosa para a sociedade porque mantén os criminais enfadados multiplicando os seus vicios. No século XVIII creouse un grande aparello de prisións en toda Europa. Todos os delitos son tratados do mesmo xeito, o único que varia e a duración da pena segundo o delito. Moitos criticaron a prisión por ser incompatible ca xustiza, pero acabou aceptándose xa que nas prisións se lles ensina un oficio ou traballo os reclusos o que supón unha vantaxe para o Estado que forma a obreiros novos. Pronto a prisión estendese por Europa e todos os delitos son penados co cárcere. Esta transformación prodúcese ao importar o modelo de cárcere de América e Inglaterra. A partir disto o cárcere convertese nun aparello para modificar individuos.


Edgar Couto Barro
Jessica Castro Ramil

No hay comentarios: