22 abril 2010

O apocalipse cada vez máis cerca



O reloxo do apocalipse ou tamén chamado o reloxo do xuízo final é unha esfera co mapamundi gravado e dúas agullas que non corren.


Unha, a das horas, está permanentemente fixada nas doce; a outra, a dos minutos, foi desprazada en 19 ocasións durante a última metade do século.



Consérvase dende 1947 nun edificio do campus universitario de Chicago, onde un grupo de investigadores traballaban nun proxecto cuxa misión era alertar ao mundo sobre os perigos da enerxía nuclear e a destrucción masiva.

Despois de barallar varias ideas, decidiron usa-lo reloxo como símbolo de urxencia ante o perigo do apocalipse. Como pretendían que a imaxe do reloxo transmitise un sentimento de perigo inminente, posicionaron a agulla a 7 minutos da media noite. Posteriormente ocurreúselles a idea de mover o minuteiro para dramatizar acontecementos mundiais.

Temos estado a 2 minutos para a media noite en 1953 tralas probas nucleares levadas a cabo por EEUU e a URSS e, no outro extremo, estivemos a 17 minutos en 1991, trala firma dos tratados de reducción de armamento entre as mesmas potencias.

A última vez que se modificou a hora foi en xaneiro do 2007, cando o minuteiro se desprazou ata os 5 minutos para a media noite.



Elena V. S.
Beatriz L. S.

No hay comentarios: