15 abril 2008

Apoloxía da Historia

En 1942, durante a súa permanencia no cárcere, prisioneiro dos nazis coa ocupación de Francia, o historiador Marc Bloch escribíu a súa Apoloxía da Historia ou o oficio de historiador. Comezaba a súa exposición cunha sinxela pregunta que puña en boca dun neno: Para que serve a historia? Buscando unha resposta a esta pregunta crucial, Bloch aportaba a seguinte reflexión:Nun mundo que acaba de abordar a química do átomo, que comeza a sondar apenas o segredo dos espazos estelares, non noso pobre mundo que, xustamente orgulloso da súa ciencia, non logra, sen embargo, crearse un pouco de felicidade, as longas minucias da erudición histórica, farto capaces de devorar toda unha vida, merecerían seren condenadas como un absurdo malgaste de enerxías case criminal se non conduciran máis que a revestir cun pouco de verdade un dos nosos sentimentos. E apelaba ao pracer estético e ao divertimento como móbil nas nosas búsquedas. O filósofo Leibniz recoñecía tamén que cando se apartaba dos estudos das Matemáticas para mergullarse na lectura dunha antiga crónica lle invadía un sentimento de voluptosidade de aprender cousas singulares.
En busca desa voluptuosidade iniciamos desde esta bitácora a nosa andaina. E nada mellor que comezar cun poema que é toda unha declaración de intencións.


Quen construíu Tebas, a das Sete Portas?
Nos libros figuran só nome de reis.
Seica arrastraron eles os bloques de pedra?
E Babilonia, mil veces destruída,
Quen a volveu a levantar outras tantas?
Quen edificaron a dourada Lima, en que casas vivían?
Onde foron a noite en que se terminou a Gran Muralla, os seus albaneis?
Chea está de arcos triunfais
Roma a grande.
Quen os levantou?
Os seus césares, sobre quen triunfaron? Bizancio,
tantas veces cantada, para os seus habitantes, só tiña palacios?
Ata na lendaria Atlántida, a noite en que o mar tragoulla, os que se afogaban pedían bramando,
axuda aos seus escravos. O mozo Alejandro conquistou a India.
El só?
Cesar venceu aos galos.
Non levaba sequera a un cociñeiro?
Felipe II chorou ao saber a súa flota afundida.

Non chorou máis que el?
Federico de Prusia gañou a guerra dos Trinta Anos.
Quen a gañou tamén?

Un triunfo en cada páxina.
Quen preparaba os festíns?
Un gran home cada dez anos.
Quen pagaba os gastos?

A tantas historias
Tantas preguntas.


Berthold Brecht

1 comentario:

Anónimo dijo...

Parécenos moi orixinal o enfoque da introdución deste blog. Como o poema nos transmite que non sempre os personaxes que aparecen como protagonistas nos libros de historia son os únicos que interveñen na súa construción. Unha boa forma de comezar cun proxecto ALTERNATIVO á rutina das clases diarias.

RoSaLia LiDiA