15 abril 2008

A fotografía: verdade ou mentira?

O famoso aserto de que unha imaxe vale máis que mil palabras non sempre se cumpre. O valor da fotografía como fonte de coñecemento histórico é hoxe amplamente recoñecido. Pero, ao igual que os textos, en ocasións vese sometida a falsificacións. A manipulación pode obedecer a fins propagandísticos ou ben nao desexo de ocultar a realidade dos feitos.
É un todo un exemplo o retoque da fotografía onde aparece Lenin arengando ás tropas diante do Teatro Bolshoi en 1920, durante a Guerra Civil. Ao pe da tribuna distínguese a outro dirixente histórico da Revolución de Outubro, León Trostky. A súa caída en desgracia tralo ascenso de Stalin fixo desaparecer a súa efixie da fotografía, tal e como se pode apreciar na segunda imaxe.




Un caso recente témolo no tratamento que algúns medios de comunicación están a ofrecer dos sucesos no Tíbet. Ocupado polos chineses desde 1950, o levantamento da población tibetana en marzo deste ano, encabezada polo clero, provocou unha forte represión por parte das autoridades chinesas e a conseguinte crítica en amplos sectores da opinión pública de Occidente, avivaba pola prensa que difundiu dramáticas imaxes da revolta. Nunha das fotografías, supostamente captada polos satélites dos servizos secretos británicos, aparecen soldados do Exército Popular chinés cos hábitos dos monxes tibetanos. A imaxe corroboraría as denuncias do Dalai Lama, que acusa ao exército de estar detrás das accións violentas atribuídas aos monxes. O periodista Michael Collon desvela a mentira mediática que rodea a imaxe. A fotografía, procedente dunha web independentista tibetana, foi tomado en 2003 e pertence ao rodaxe dunha película onde os soldados chinese fixeron de figurantes ante a negativa dos monxes a participaren na mesma. Ningún dos medios que divulgaron a imaxe desmentiron o contido da mesma.



No hay comentarios: