27 abril 2008

A AG-64 ameaza unha mamoa na Mourela

Non vos preguntastes nunca o que habería dentro de centos de anos no lugar onde vivides agora? Non vos gustaría que continuara o progreso pero ao mesmo tempo respectando a nosa cultura que, ao fin e ao cabo, sería tamén a deles?
Iso mesmo pensarían os homes prehistóricos se levantaran a cabeza e viran o que se está a facer cos seus lugares sagrados.

A necrópole da Mourela, un dos conxuntos funerarios máis importantes de Europa, construído hai máis de 4000 anos, catalogada por Federico Maciñeira, e da que formaban parte os círculos líticos, que foron destruídos durante o século XX.Un deles, o menor, destruído coa construción do polígono industrial dos Airios, nos anos 90 e o maior, sucumbido baixo a autovía AG-64 Ferrol-Vilalba.
A pesar dos tentativas da Plataforma creada para a defensa do Círculo Lítico para continuar coa construción da autovía, pero ao mesmo tempo para salvagardar o noso patrimonio: notas de prensa, cartas á deputación , charlas informativas, mesas redondas, manifestacións, recollidas de sinaturas, diferentes estudos como a creación dun túnel que iría por baixo o círculo, escavacións que amosaban que aí si que había algo… Finalmente as Administración galega negou a existencia de restos prehistóricos nesa zona e continuaron adiante coas obras, levándose todo vestixio do que alí estivera dende había miles de anos.

Agora estanse a producir corrementos de terra na marxe norte da autovía ao seu paso pola Mourela, preto duns quince metros de terreo víñanse abaixo producindo un considerable furado que ía parar a escasos metros dunha mámoa, a catalogada por Federico Maciñeira como a nº 4. O seu código de catalogación é o GA15070127, que xunto cos elementos GA1507029 e GA15070130 están a padecer o mesmo risco de desaparición. Os terreos na zona son moi inestables, o que ocasiona corrementos de terra case que diarios, que afectan á área de protección dos mesmos, lonxe dos compromisos establecidos pola Dirección Xeral de Patrimonio, de que nin as mámoas nin as súas áreas de protección se verían afectadas polas obras.

Esta situación, lonxe de atopar o camiño axeitado, está a dar tumbos sen dirección algunha, como non querendo chegar ao seu destino. Un dos mellores camiños sería: sinalizar as mámoas a ambas marxes da autovía, cunha zona acondicionada de descanso para que os visitantes que se achegasen á vila pola autovía, dende Vilalba ou Ferrol, coñecesen e valorasen, do mesmo xeito ca nós, o noso patrimonio cultural, que é rico e importante, ou polo menos, iso é o que din os investigadores europeos.

Debemos progresar cara ao futuro, pero respectando e conservando o que xa temos, porque senón, chegará un momento no que non teñamos nada.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Alguén poderíame explicar con obxectividade cal é o interés do xacemento?, quero decir que resultaría asombroso que no caso de que tivera valor arqueolóxico a Xunta, a través de Patrimonio, non paralizase o proxecto da autovía. Polo que que sei o conxunto megalítico apenas existía xa a principios do século pasado, cando foi estudiado por Maciñeira

Anónimo dijo...

Voucho intentar explicar eu,xa que fun a que escribiu e meteu esa entrada. Non sei cales seran as túas fontes de información pero coido que están erradas, pois cando Federico Maciñeira fixo os estudos sobre o círculo lítico da Mourela,a necrópole atopábase intacta(incluso hai algunha foto que así o demostra, podes atopala na publicación "Notable grupo de círculos líticos y túmulos dolménicos en la cuenca superior del río Eume" -1929- de Federico Maciñeira)Do círculo lítico xa non nos queda nada, máis temos tres mamoas que están en perigo, non pensas que é importante protexelas? Invítoche a que vexas cos teus propios ollos o que aquí hai e despois que analices por ti mesmo a situación e ver se Patrimonio errou ou non en conservar algo que era de todos.
Progreso si, pero patrimonio tamén


Rosalía

Anónimo dijo...

é certo que o círculo lítico maior foi desmantelado en parte coa construción da estrada ás buliqueiras, pero non é menos certo que o outro círculo lítico que ainda quedaba, o menor, foi destruido coa construción do polítgono dos Airíos, é dicir sucumbiu baixo unha nave industrial sen a súa correspondente documentación e escavación. A alguén lle parece razonable isto?. As mámoas que eran 5 e hoxe non chegan a tres, a alguén lle parece razonable?. Moita dirección xeral de patrimonio, pra que?
pra mirar pra outro lado?
pra facer spots publicitarios na TVG que non sirven máis que pra gastar uns poucos cartos e dicir que invirten en divulgación e sensibilización?
É lamentable o que está a pasar co noso patrimonio cultural, e a administración mirando pra outro lado.
As mámoas, os círculos líticos da Mourela eran un conxunto, un conxunto que está recoñecido como tal na mesma enciclopedia da R. A. Galega, por un dos máis prestixiosos arqueólogos galegos como é AntónR. Casal, e lo que?
A mourela non vale nada, son catro pedras, ...?
CANTO MÁIS TEREMOS QUE ESTAR ESCOITANDO O MESMO DOS QUE OPTAN POR DESCOÑECER E CRITICAR TODO O QUE SE MOVE?
BNG=PATRIMONIO=SUSPENSO