15 abril 2008

Presentación da revista Hume

O pasado 28 de marzo a Asociación de Estudos Históricos e Sociais “Hume” presentou o primeiro número da súa revista.A revista conta cun primeiro artigo,facendo unha semblanza do cura don Enrique Rivera Rouco (por José María López Ferro) un segundo relacionado coa ponte dos ferros (por Carlos Breixo Rodríguez), un terceiro que trata sobre a igrexa parroquial das Pontes (por Francisco Xabier Martínez Prieto), un cuarto sobre o xornal independente, La Unión, que houbo na nosa vila (por Xosé María López Fernández) un cuarto relacionado coa etnografía (realizado polo equipo de etnografía da Asociación, Nieves Seijo, Fina Blanco e Jose María López Ferro) e un quinto artigo relacionado co corto O reflexo da lembranza (por Roberto Rego). Á presentación foi levada a cabo por Xabier Martínez, presindente da asociación, Carlos Breixo,historiador e Carlos de Castro, lincenciado en historia e membro da directiva de Cátedra. Ao acto asistiu un numeroso público.
Os exemplares da revista Hume pódense adquirir nos quioscos e librarias da nosa localidade por 5 €.

En dito acto entrevistamos aos membros da presentación.
Entrevista a Xavier Martínez, presidente da Asociación de Estudos Históricos Hume e párroco
PREGUNTA: -A publicacion da revista Hume cumpre unha vella ilusión,como se sente?
RESPOSTA: -Pois éche interesante, un momento moi interesante de iniciar un camiño, un camiño a onde se chegou despois do traballo de cinco anos,é un camiño pois de iniciar unha publicación que represente as inquedanzas da historia dunha vila, das Pontes
P: -Que vai representar esta revista para a nosa vila?
R: -Pois un medio que exprese a súa historia,que vaia un pouco creando esa conciencia, que ademais recolla,ter un recollido das revistas da historia anteriores, que eran as revistas das festas,especialmente, como elas foron recollendo e foron sendo cronistas da vila.Esta revista pois sexa unha crónica na que todos participemos e fagamos posible que esa historia siga recolléndose,siga emitíndose e dándose a coñecer para revalorizar o que son as raíces propias da xente das Pontes.
P: -Haberá máis publicacións desta revista?Con que periodicidade?
R: -A revista esta pensada para unha peridicidade anual, haberá que manter agora a fidelidade e que todos os anos en marzo vaian saíndo os seus números e haberá máis publicacións posto que ten o obxectivo de ser como o son noutras vilas: como Cátedra en Pontedeume,coma revistas en Betanzos, como revistas noutros lugares de Galicia. Que as Pontes teña tamén ese espazo,onde teña unha revista fixa con periodicidade, entrega e ademais aberta á participación de mozos e estudantes da historia e xente efecionada que vaia recollendo e tendo lugar de expresión
P: -Cal é a situación actual do noso Patrimonio histórico?
R: -É un patrimonio que chega ata aquí cunhas desfeitas tremendas, terribles, que chega cunha valoración moi grave, e que chega despois de terse feito un impacto de destrución, e forte dende o que foi a empresa,dende o que foi a memoria, o que foi a modernización, o que é a modernidade nunha vila, na que a modernidade é historia,e estivo moi fortemente unida e segue moi fortemente unida.Un bo exemplo témolo no círculo lítico da Mourela, o desaparecido hai pouco, témolo tamén en moitas pezas escavadas e atopadas no que é a mina ata o día de hoxe e que non están aí, que desapareceron das fundacións,das facultades e que non están catalogadas nin inventariadas e que se decoñecen.Ante eso atopámonos nun momento, no que xusto cando se pecha a mina das Pontes, aparece un crocodilo de hai uns millóns de anos, algo que é moi sospeitoso que apareza precisamente neste momento e que en tantos anos de escavación, nunca se dese noticia absolutamente do achádego de nada,isto é
algo moi sospeitoso e que nos amosa cal foi a situación do que se puido haber atopado durante moito tempo.
P: -Que cre que se debería facer por el?
R. -Eu creo que deben e é a obriga das autoridades, da creación dun museo, e a creación dun lugar, dunha memoria e dunha catalogación seria, coidada e de preservación que é algo que é de xustiza e é máis,paréceme que por parte da empresa nunca se deixou a As Pontes por rehabilitada, algo que a empresa foi de impacto, non quedou unha huella do que eles deberan. Deixar un lago, e dentro de anos iso será un pufo para o mantemento dun concello, non é precisamente unha herdanza axeitada , a herdanza axeitada sería deixar un museo, deixar unhas pezas e deixar unha memoria.
Entrevista a Carlos Breixo, investigador histórico
P: -Como pensa que vai repercutir a Revista Hume para a vila das Pontes?
R: -Bueno, eu penso que unha revista cando nace é como unha semente que se bota nun terreo que ata esa data estaba hermo.Espero e desexo que medre e que saque froitos.Neste primeiro número,pois se ben sae e hai algúns que están na asociación que din que é algo humilde, mais eu polos artigos que van e polas ganas que se lles puxo, augúrolle moi bo futuro.Antes desta naceron outras e tamén cando naceron eran unhas revistas humildes e hoxe,pois o caso de Cátedra de Pontedeume,Estudos Mindonienses ou Crónicas Nedenses, por poñer un exemplo.O meu desexo para esta revista pois é que teña un futuro prometedor e xa veredes como para os anos vindeiros vai engordar, vai aumentar en cantidade e calidade.
P: -O seu artigo trata sobre a ponte dos Ferros principalmente.Que relación ten esta ponte co nome da vila?
R. -Bueno, pois cando aparecen os primeiros documentos escritos aló polo século XIII sobre este territorio xa se coñece co nome de Pontes e,ademais, en plural, con diferencia da vila de Ponte d´ Hume que era en singular e esa ,evidentemente, ata foi confundida por varios investigadores. Entón o nome esta clarísimo que lle provén das pontes que houbo aquí, que non houbo máis nomes, xa que había tres(pontes). Logo, posteriormente xa a finais do século XVI cando se lle deu o señorio da vila a García Rodríguez de Valcarce pois engadíuselle, digamos o alcume e pasou a chamarse As Pontes de García Rodríguez.
P: -Que importancia ten a vila, como casco histórico, nas Pontes?
R: -Bueno eu sorprendinme gratamente, hai dous ou tres anos xa cando vin por primeira vez facer unha investigacion a pé do patrimonio que hai no que é o casco histórico das Pontes que moitísima xente non coñece porque simplemente pasa por As Pontes pero non entra nela. Para eso hai que meterse no que é a zona próxima á igrexa parroquial ou entrará pola ponte dos ferros onde estaba a torre-fortaleza da vila,a adentrarse polas rúas das zonas onde estaban o muíño do Rilón e demais, o hospital de San Xoan. Solamente con ver iso, pois unha persoa que sexa amante da historia, que teña uns coñecementos non fai falla nin sequera que sexan demasiado profundos, solamente con eso xa é dabondo para valorar a importancia deste casco histórico que espero e desexo que sexa ben tratado de aquí a diante é dicir que os ponteses sexan capaces de recoñecer o que teñen.
P: -Pensa vostede que o concello debera revalorizar esta zona, é dicir, darlle máis importancia e coidala a nivel urbanístico e incluso paisaxístico?
R: -Bueno, por suposto que si. A parte que o Patrimonio é algo que nos deixaron os nosos pais e creo que os nosos pais coidárono moito e inda que nos parece que o que é o casco historico dunha rúa pode ser de todos, é dicir,nese todo tamén estamos nosoutros, eu recordo que se visitamos algúns países como pode ser Francia ou Alemaña veremos por exemplo uns cascos históricos que son auténticos modelos, é dicir os franceses e os bretóns están orgullosos das súas vilas e das súas cidades e non se lles ocorre maltratalas, en Normandía pasa outro tanto do mesmo e en moitísimos máis lugares e en Galicia pois bueno, debido a unha serie de circunstancias de todo tipo: históricas, socio-económicas… parte dese patrimonio está esquecido e está deteriorado e maltratado.Espero e desexo que o concello das Pontes saiba revalorizalo e que os veciños das Pontes teñan a suficiente capacidade para facer que o concello retome esa laboura e o faiga pois, como se merece.
P: -Está a facer algunha investigación sobre a nosa historia das Pontes?
R: -Bueno, hoxe a vista do que acabo de ver e de escoitar aquí pois mais aínda, que agora mesmo teño documentanción relativa á vila das Pontes do século XVI, sobre todo á casa de Solloso no Freixo que xa se escoitou o vínculo da casa de Solloso no século XVI a mediados e entón posiblemente para o ano que ven sexa ese un artigo pois que bueno, da casa de Solloso saíron persoeiros de calidades importantes que porta Viveiro e ten unha historia interesante e ademais hai un casal aí dos restos do que foi a casa- torre que son igualmente interesantes e que a xente debe coñecer.
Entrevista a Carlos de Castro, licenciado en Historia e membro da directiva da revista Cátedra (nado en Palencia e casado cunha galega)
P: -Como xorde a revista Cátedra?Cales son os seus obxectivos?
R: -Bueno pues la revista Cátedra surge, en primer lugar de una serie de amigos, ligados a la biblioteca que están interesados por la historia en una villa donde tiene una gran tradición tener un gran caldo de cultivo donde existía Couceiro Feijomil que había escrito una obra sobre Pontedeume y con ese punto de partida para progresar en el estudio de la historia local que ya había iniciado Pontedeume pues decidimos que era necesario fundar una revista que nosotros llamamos Cátedra. La cátedra es de alguna manera un sitio desde donde se dice algo, la llamamos cátedra porque precisamente la sede era la cátedra de la actividad de Pontedeume. Bueno pues un poco por eso, las inquietudes de un grupo de personas que vivían en una villa con un pasado histórico muy rico como Pontedeume.
P: -Que representa para Cátedra apadriñar a revista Hume?
R: -Pues la verdad que representa casi reconocer que hemos alcanzado la mayoría de edad ,fijate que ya podemos apadrinar, para apadrinar hay que tener años y nosotros ya tenemos quince años entonces representa… bueno, nos sentimos orgullosos, ahora ya nos llaman, hasta ahora hemos estado nosotros llamando. A nosotros nos han llamado, significa que nos conocen, que nos reconocen y la verdad es que es un orgullo venir aquí a apadrinar esta revista.
P: -A revista Cátedra leva xa catorce entregas, iso representa unha experiencia e unha sona en toda a comarca.Que pensa da divulgación dos estudos históricos neste tipo de revistas?
R: -Pues que es fundamental, la historia local es una modalidad de la historia pero es una necesidad que tiene la gente que vive en un determinado lugar, es decir tenemos patrimonio artístico, a veces no muy importante, tenemos personas que no son muy importantes a nivel nacional ni a otros niveles de la historia y que nosotros queremos conocer y no va a venir aquí ningún catedrático de univeridad ni una persona muy importante para que nosotros sepamos de esta persona. Lo tenemos que hacer nosotros y eso es lo que hacemos, debemos de conocer el patrimonio aunque no tenga un gran valor a nivel nacional , debemos conocerlo para difundirlo, para valorarlo y para cuidarlo. Si no lo conocemos, pues malamente podemos valorarlo y podemos cuidarlo y podemos venderlo también cara el exterior en una sociedad en la que a alcanzado un alto nivel de vida y demanda otra serie de cosas y entre ellas demanda cultura ,etc.
P: -A historia da comarca de Pontedeume está relacionada coa historia da comarca das Pontes,incluso o noso río Eume é tamén o río de Pontedeume.Non pensa vostede que debera promocionarse moito máis as relacións As Pontes-Pontedeume?
R: -Bueno, pues quizás sí, sí. Yo me acuerdo que un día di una conferencia , el título me parece que era La historia y arte de la Comarca del Eume y después de haber dado la conferencia ,una persona se levantó y me dijo: “Si, pero la verdad es que no has hablado nada de As Pontes”. El río Eume, el mar une y articula la comarca, pero en realidad forman dos comarcas distintas, desde el punto de vista oficial están unidas, pero desde el punto de vista histórico no han estado unidas, ambas poseen personalidad propia, As Pontes es un concello interior, compacto, ligado a otra casa ,la de Rodríguez de Valcarce ligado al obispado de Mondoñedo…. Hay una serie de características comunes pero bueno, esto no quita que cada una tenga sus propias características ,aunque se pueden establecer lazos, lazos de otro tipo, podíamos organizar conjuntamente un congreso de historia local ,no de historia local de Pontedeume ni de As pontes sino historia local a nivel Galicia, reflexionar lo que supone la historia local y que es lo que queremos hacer y hacia donde queremos ir, es decir, podría haber lazos pero forman desde el punto de vista histórico evidentemente dos comarcas distintas, próximas y con contacto, pero distintas.

No hay comentarios: