06 diciembre 2009


LA SOMBRA DEL ÁGUILA : : : ARTURO PÉREZ-REVERTE

Arturo Pérez-Reverte (Cartaxena, 1951), licenciado en Periodismo, corresponsal de guerra e novelista, exerceu como reporteiro durante máis de 20 anos. En 1986 comezou a súa carreira como escritor, sendo a súa obra máis célebre a colección das aventuras do Capitán Alatriste. Actualmente, forma parte da Real Academia Española.

La sombra del águila está ambientado na Rusia de 1812, durante a Campaña Rusa de Napoleón (coñecida como A Guerra Patriótica), na que o caudillo francés se dispuña a conquistar Moscú, e cando as ideas revolucionarias francesas comezaran a súa extensión por Europa. Sen embargo, os rusos queimaron a cidade e, debido ó frío e á fame, os franceses víronse obrigados a retirarse. Este episodio é fundamental na historia de Napoleón, xa que significou a súa derrota e implicaría o seu posterior desterro á illa de Elba.

Este relato narra unha historia ficticia, inspirada en feitos reais, na que un batallón de españois -o 326 de Línea- do exército napoleónico (A Grande Armée) decide fuxir, rendirse ante os rusos. Sen embargo, Napoleón interpretaría o avance dos soldados como un acto de heroicidade, e decidiría premialos por iso. Finalmente, só algúns dos soldados españois conseguen fuxir da batalla e regresar á súa patria.

A historia cóntase en primeira persoa, dende a ironía e o humor, aínda sendo un relato tráxico. Non hai realmente personaxes principais, pero sí unha boa descripción da situación na que se atopan os militares. La sombra del águila trata temas como a dor e sufrimento dos soldados ante a ambición dos gobernantes, xunto co patriotismo, a nostalxia, a morte (os que caen para salvar ó resto) e, evidentemente, a guerra, incitando á reflexión sobre temas desta índole.



Beatriz L. S. - 1º bach. C