13 diciembre 2008

O BARÓN RAMPANTE













Autor: Calvino, Italo
Data e lugar de nacemento: Naceu o 15 de outubro de 1923 en Santiago das Veigas, Cuba. Faleceu o 19 de setembro de 1985 en Siena, Italia .
Vida de Italo Calvino: Escritor italiano. Fillo dun enxeñeiro agrónomo, trasladouse de San Remo, onde transcorreu a maior parte da súa infancia, a Turín, para seguir os mesmos estudos que o seu pai, pero enseguida abandonounos por mor da guerra, durante a cal loitou como partisano contra o fascismo. En 1944 afiliouse ao Partido Comunista Italiano.



Tres anos máis tarde publicaba, grazas á axuda de Cesar Pavese, a súa primeira novela, Os carreiros dos niños de araña, na que relataba a súa experiencia na resistencia. á conclusión da guerra, seguiu estudos literarios na Universidade de Turín, na que se licenciou cunha tese sobre Joseph Conrad, e empezou a traballar para a editorial Einaudi, coa que colaboraría toda a súa vida.


Tras publicar algunhas antoloxías de relatos, de tipo fabulístico, coas cales se afastaba da escritura realista dos seus inicios, escribiu a triloxía Os nosos antepasados, integrada polo O vizconde demediado, O barón rampante e O cabaleiro inexistente, narración fantástica e poética, infestada de elementos marabillosos, na que expuña o papel do escritor comprometido politicamente. Por esa época, a súa relación co PCI estaba xa moi degradada, ata que, en 1957, acabou por desvincularse del por completo.



O baron rampante





Breve resumen: Cosimo Piovasco desde que é un neno de doce anos e decide, por non acatar unha orde paternal (comer caracois para a cea), subir ás árbores e non baixar xamais. E en efecto, cumpre a súa promesa o 15 de xuño de 1767,se sentou por vez derradeira onda a súa familia.



Desde aquelas primeiras noites frías até o día da súa morte, o seu orgullo fíxoo adoptar unha forma de vida, que polo demais, non lle impediu interactuar e socializar con cazadores, con ladróns, con aristócratas e cos revolucionarios máis representativos do Século XVIII (ao momento dun encontro con Napoleón Bonaparte e de cartearse con Diderot).



Herdeiro da baronía de Roldou, Cosimo aprende a vivir, desde as árbores e sen pisar a terra xamais, todos os aspectos importantes do home renacentista: a literatura, a filosofía, o amor, a revolución...



Todas as súas fazañas son narradas polo seu irmán menor, quen sempre o admirou desde a terra e quen se encargou de que nunca lle faltase nada: abrigo, comida, libros, un fusil para cazar. Naquel tempo ao parecer un podía subirse a unha árbore e ir de rama en rama desde as terras de Ombrosa ata rexións remotas, a outros países e de costa a costa, antes de que a ambición dos que non son amigos nin de si mesmos acabou por tallar todos os bosques de Europa.


Opinión:Unha atmosfera estraña pero, ao mesmo tempo, fascinante invadirá ao lector que, ao transcorrer nas fermosas páxinas desta novela, preguntarase, consciente ou inconscientemente, que forza é a que leva a este neno, que se vai convertendo en adulto ata chegar á ancianidad, a manter unha promesa que parecía inocua e infantil. A pregunta que me facía eu era:


¿Por que un pícaro da súa idade, decide manterse na incomodidad dos arboles e non volve poñer un só pé sobre a terra?

12 diciembre 2008

EXPOSICIÓN SOBRE O NEORREALISMO EN FERROL

O pasado mércores 19, os alumnos de Historia, fumos ver unha exposición neorrealista. Trátase da mostra “Neorrealismo. La Nueva imagen en Italia 1932-1960” que organiza a fundación Caixa Galicia, esta exposición fainos ver, mediante máis de 200 fotografías, o longo e difícil período polo que pasou a poboación italiana.



A exposición comeza con fotografías de principios dos anos 30, cando Mussolini comeza a súa campaña política usando precisamente a fotografía como medio de amosarlle ás masas esa nova Italia que pretendía conseguir coa súa política dictatorial. En contraposición a esta "publicidade" enganosa xorden un grupo de fotógrafos que tentan captar a realidade diversa que se lles presenta ante os seus ollos, coma a desigualdade, a fame, a pobreza...en conclusión, as pegadas da posguerra.

Aparte desta exposición tamén se poden visionar películas que reflicten esa realidade, con exemplos realizados polos grandes representantes do Neorrealismo.
Para ver a información completa ide a este enlace:

http://www.fundacioncaixagalicia.org/portal/site/Fundacion/menuitem.7cbf48d1cc34eec4523d2307805101ca/?vgnextoid=f41d930532c8c110VgnVCM1000000b1510acRCRD&vgnextfmt=extra

Contaremos como foi a nosa visita. Comezamos por unhas fotografías nas que se pretendía resaltar a gloriosa situación que experimentaba Italia baixo o réxime autoritario Mussolini, porque se dera conta os fotógrafos de que podían dar unha imaxe de prosperidade e progreso económico mediante unhas "manipuladas" fotografías, como podían ser: traballadores contentos ou con cara de orgullo, a inauguración de obras públicas, masas alabando a figura do ditador italiano, etc. Pero despois, dase o paso á realidade máis dura que nace en contraposición a estas enganosas imaxes, onde se representa a vida cotiá e a miseria producida pola guerra e as súas desfeitas, vendo reflexadas cidades derrubadas, nenos en deplorables situacións, mulleres chorando, etc. Hai que facer unha aclaración, todas estas fotografías non viron a luz ata pasado o réxime de Mussolini, así que situandonos historicamente estaríamos rondando o principio dos 50 máis ou menos, cando foi o verdadeiro auxe deste movemento. Os fotógrafos deixaron as cidades como escenario trasladándose aos pequenos pobos italianos para desmitificar a imaxe dunha Italia sempre próspera, relatar a probreza e as penurias da guerra, fotos tan curiosas como un porco que habita no mesmo cuarto que as persoas(usábano para darse calor), unha muller levando lousas na súa cabeza para reconstruír o seu pobo, e facemos mención especial a unha que nos gustou especialmente, unha muller embarazada amasando un bolo de pan, que representaba unha visión de esperanza entre todo o desastre que se apreciaba.
Como todo o que sube e baixa, o neorrealismo comezou a quedar obsoleto, chegados a este punto, os fotógrafos cuestionábanse que facer, se seguir reflexando a realidade ou ben tirar por outros camiños, finalmente, moitos destes fotógrafos decidirom seguir por un camiño máis estético, sen deixar o neorrealismo, pero xa con imaxes moito máis rebuscadas e forzadas para acadar os resultados que querían, incluso chegando á abstracción, polo que esta última parte da exposición eran fotografías con moito contraste no que se pensaba moi ben a contraposición de horizontalidade e verticalidade, o xogo de tonalidades, etc, etc.

O NEORREALISMO ITALIANO

O neorealismo italiano foi un movemento cinematográfico surxido na segunda posguerra mundial. E os seus principais representantes foron Roberto Rossellini, Luchino Visconti e Vittorio de Sica.
O movemento veu dado por un grupo de críticos cinematográficos que formaban a revista Cinema, e o que facían era criticar ás películas que destacaban nesa época. O que algúns críticos pensaban era que as películas debían inspirarse nos escritores realistas de principios de século, xa que as que dominaban eran dunha baixa calidade.
Os chamados neorrealistas víronse influenciados polo realismo poético francés. E, tamén, moitos directores neorrealistas maduraron traballando en películas caligrafistas.
Este movemento pasou a ser globalmente coñecido por primeira vez con Roma, città aperta,en 1945, que foi a primeira película importante realizada en Italia despois da guerra, na que se reflexaba claramente a loita pola existencia á que os italianos estaban sometidos cada día baixo a ocupación alemá de Roma. Os nenos xogan un papel importante na película, e a súa presenza ao final dela é indicativa do seu papel xeral no neorrealismo: como observadores da dificultade do mundo de hoxe e que deles depende o futuro.
As principais características son:
Tramas ambientadas nos sectores máis desfavorecidos.
Importante presenza de actores non profesionais entre os secundarios, e ás veces, incluso entre os protagonistas.
Reflexan a realidade económica e moral da Italia da posguerra.
Reflexión sobre os cambios nos sentimentos e nas condicións de vida.
As películas rodábanse no exterior, co fondo que deixou a guerra.
O seu obxectivo principal era plasmar a realidade da guerra. Un cine, cun claro contido social.


Aquí vos deixamos un vídeo con exemplos, neste caso de películas neorrealistas:



70 anivesario da Guerra dos Mundos

Este ano 2008 celébrase o 70 aniversario da Guerra dos Mundos.

O 30 de outubro de 1938, un mozo chamado Orson Welles (Wisconsin, EUA, 1915-1985) narrou unha ficticia invasión extraterrestre, baseada na idea plasmada no libro A guerra dos mundos de H.G. Wells, que aterrorizou os Estados Unidos de América esa mañá de outono.

Welles tiña previsto emitir a adaptación teatral do clásico de H. G. Wells, ‘A Guerra dos mundos’, mais fixo un importante troco: adaptou a obra escrita para que fose interpretada na radio como se dunha simulación dunha emisión dun informativo especial sobre unha invasión marciana, pensando que esa técnica tería moito máis éxito... e abofé que así foi.

Só ás 08.30h da mañá do 30 de outubro Orson Welles advertiu os que escoitaban a radio de que o que sería retransmitido durante esa seguinte hora só era ficción. A emisión comezou cunha serie de preocupantes “telexornais de urxencia” onde se alertaba de que no Observatorio Mount Jennings, en Chicago, informaran sobre varias explosións en Marte. Uns minutos máis tarde, chegaban “as primeiras infrmacións de que os marcianos estaban a aterrar nunha cidade que Welles asinalara ao chou co seu dedo, previamente, no mapa e que estaban a comezar ataques con gas. A emisión remataba co repórter a morrer como resultado dos gases marcianos.

A seguridade da voz de Welles fixo que moitos norteamericanos se botasen ás rúas e chamasen completamente asustados e desesperados a concellos e comisarías de policía demandando explicacións ou recomendacións sobre como se protexer do gas marciano, especialmente en Nova Iorque e Nova Iersei.

Con este experimento que causou histeria colectiva e que o catapultou á fama e ao cumio da súa carreira, Welles demostrou o poder dos medios de comunicación de masas nas sociedades de entreguerras, demostración que se pode facer extensible á actualidade.



El general en su laberinto



AUTOR: Gabriel García Márquez


Título: El general en su laberinto



Obra realista sobre a última etapa da vida do libertador Simón Bolívar en 1830.

No final dos días do xeneral móstrase a un home que chegou á conclusión de que loitara en vano, que o seu proxecto da Gran Colombia estaba destruído en mil pedaciños a causa dos intereses económicos dos novos terratenentes e comerciantes con ansias de continuar coa trata e comercio de escravos, xa que eles non eran quen de ver que precisaban a unión das repúblicas de Latino América para mostrar oposición ás grandes potencias.


Pensa que o seu proxecto da América Latina libre do poder español e de calqueira outra potencia foi traicionado por persoas que tiñan un gran peso no exército doutro tempo e que agora exercían actividades como o tráfico de escravos ou a exterminación de indíxenas.

O xeneral sufriu o intento de ser asasinado, asasinato planeado pola facción santanderista aliada con escravos e apoiado polos Estados Unidos.

Simón Bolívar non foi quen de soportar a disolución do seu proxecto e ademais estaba gravemente enfermo, todo isto acelerou a súa morte.

Despois de ser considerado ditador, de ser obrigado a abdicar ao mando do goberno, humillado publicamente, confiscados os seus bens, asasinados os seus seres queridos e perseguido para ser asasinado, Simón Bolívar decide comezar a súa última viaxe que remataría coa súa morte, aínda que antes de que esta chegara, pensa en ir a Europa por mor da súa enfermidade, e así poder curarse.

Viviu días de verdadeiro medo e persecución por parte da facción santanderista, pero encontrou refuxio nunha finca dos irmáns Miers, españois.

Ao longo da reflexión sobre a súa vida, pensou que foi un gran erro non ordear o fusilamento de Santander, xa que logo este considerou que fora unha postura branda por parte do xeneral e defendeu a rotura do seu proxecto.

Cando Simón Bolívar viu todo o que volvía dos tempos pasados: as condicións de vida de escravos e negros, por exemplo. Todo isto e a súa desilusión fixeron caer a forza das súas ideas e principios.

Foi considerado ditador, xa que a súa revolución foi malentendida e pensouse que botando aos españois, pretendía instaurar a monarquía en América Latina.

Segundo os santanderistas a guerra contra os españois non era necesaria, e foi producto do odio que gardaba Bolívar. E estos lle negaron recursos e axudas para que fracasara.

Nos seus últimos días, xa non quedaba nada do seu soño, do seu proxecto, e xa estaba en marcha a contrarevolución.

A verdade, é unha obra que merece a pena ler, xa que é moi realista, García Márquez conseguiu mostrar a historia tal é como foi. Ademais é sinxela e entretida de ler, e non precisa que coñezas previamente o acontecento do que falará no libro. Aínda así, optei por buscar información acerca de tal acontecemento para compaxinar os datos obtidos na busca máis o que lin neste libro. Deixarei fragmentos e citas que me gustaron e que están plasmadas no libro:


-"Moral e luces, e o que necesitamos"- Simón Bolívar

-" Lonxe quedaban os anos ilusorios en que todo o mundo caía rendido, e só el seguía bailando ata o mencer coa última parella no salón deserto"

- " Fágame o honor de conservalo como un recordo de quen tanto o ama"

- " O triste, señora, é que xa non me queda moito tempo para recordar"