06 diciembre 2009


LA SOMBRA DEL ÁGUILA : : : ARTURO PÉREZ-REVERTE

Arturo Pérez-Reverte (Cartaxena, 1951), licenciado en Periodismo, corresponsal de guerra e novelista, exerceu como reporteiro durante máis de 20 anos. En 1986 comezou a súa carreira como escritor, sendo a súa obra máis célebre a colección das aventuras do Capitán Alatriste. Actualmente, forma parte da Real Academia Española.

La sombra del águila está ambientado na Rusia de 1812, durante a Campaña Rusa de Napoleón (coñecida como A Guerra Patriótica), na que o caudillo francés se dispuña a conquistar Moscú, e cando as ideas revolucionarias francesas comezaran a súa extensión por Europa. Sen embargo, os rusos queimaron a cidade e, debido ó frío e á fame, os franceses víronse obrigados a retirarse. Este episodio é fundamental na historia de Napoleón, xa que significou a súa derrota e implicaría o seu posterior desterro á illa de Elba.

Este relato narra unha historia ficticia, inspirada en feitos reais, na que un batallón de españois -o 326 de Línea- do exército napoleónico (A Grande Armée) decide fuxir, rendirse ante os rusos. Sen embargo, Napoleón interpretaría o avance dos soldados como un acto de heroicidade, e decidiría premialos por iso. Finalmente, só algúns dos soldados españois conseguen fuxir da batalla e regresar á súa patria.

A historia cóntase en primeira persoa, dende a ironía e o humor, aínda sendo un relato tráxico. Non hai realmente personaxes principais, pero sí unha boa descripción da situación na que se atopan os militares. La sombra del águila trata temas como a dor e sufrimento dos soldados ante a ambición dos gobernantes, xunto co patriotismo, a nostalxia, a morte (os que caen para salvar ó resto) e, evidentemente, a guerra, incitando á reflexión sobre temas desta índole.



Beatriz L. S. - 1º bach. C

10 noviembre 2009


A Revolta dos animais


Resume:

Os animais da granxa do señor Jones non están de acordó coa súa forma de vida. Unha noite que o seu dono se esquece de darles de comer, os animais, encabezados polos porcos, producen una revolta. Rematan expulsando aos seus amos e crean o seu propio sistema político basado en 7 mandamentos. Ao principio a revolta é todo un éxito, os animais traballan para si mesmos e a granxa prospera. De entre os porcos, encargados da administración, aparecen 2 xefes: Snowball e Napoleón. Pero entre eles comeza a haber enfrontamentos ata que Napoleón expulsa a Snowball da granxa lanzándolle os seus cans. Napoleón erixese como líder e mantén aos animais baixo as súas regras; sen embargo pouco a pouco comeza a incumprir todos os mandamentos comportándose como os homes. Ata que ao final, durante una pelexa entre homes e porcos , o resto dos animais da granxa se decatan de que son iguais.

Comentario Crítico

A revolta dos animais é unha alegoría que representa a Revolución Rusa , onde Orwell satiriza o réxime zarista a través da personificación dos animais. O cerdo maior representa a Karl Marx e o señor Jones ao tsar Nicolás II de Rusia. O porco Napoleón representa a Stanlin poisa o igual ca él ,acada a prosperidade pero para o seu beneficio e restrinxe a liberdade dos outros animais. Snowball representa a Trotsky (o creador do exército vermello) igual que Snowball acaba fuxindo da granxa Trotsky faino da URSS e todos os que non están de acordó co réxime son acusados de Trotskistas. Boxer o cabalo convencido de que debe traballar máis representa ao proletariado. As ovellas analfabetas,representan ao campesiñado. Os cans coa súa brutalidade representan á policía e por último, o burro Benxamín representa aos intelectuales da época mostrándose en contra das intencións dos porcos.

O autor


Geroge Orwell é o pseudónimo do escritor inglés Eric Arthur Blair, nacido na India, o 25 de xuño de 1903 e finado na cidade de Londres o 21 de xaneiro de 1950, é recoñecido como un dos mellores ensaístas do século XX, se ben cobra especial relevancia no campo da ficción narrativa como autor de novelas fundamentais da literatura contemporánea: Animal Farm (A Revolta dos animais) e Nineteen Eighty-Four (1984).


Elena Vilarín Seivane 1º BAC-C

01 septiembre 2009


RESUMO E PERSONAXES:


Desenvólvese en Inglaterra na segunda metade do século XIX, época da Segunda Revolución Industrial, nela pódese ver reflectido a vida dos obreiros.


Gradgind tenia un bo amigo chamado Bounderby, banqueiro e empresario moi respectado na cidade que co paso do tempo fíxose un home importante cheo de fortuna,ao longo da historia Brounderby conta todo o que tubo q facer para acabar sendo unha persoa importante.Ceci é unha nena,o seu pai abandonouna e Gradgind ofreceu á nena formarse cos seus fillos a cambio de que deixase o circo para sempre, ao que esta acepto. Ao principio penso en deixar todo e volver ao circo,pero nunca o chegou facer,ao final acábase acostumbrando na súa nova vida. Esteban Blackpool era un obreiro de 40anos que traballa nunha fabrica de Coketown. Mantiña unha vella e amizade con Raquel, a súa amada. Con todo non podía ter unha relación con ela debido a que aínda estaba casado, aínda que nin sequera vivía coa súa esposa, a cal aparecía cando quería diñeiro. Esteban desexaba divorciarse dela pero era imposible para el xa que tan só había unha forma e era demasiado custosa. Luisa(a filla de Gradgind )se casa con Bounderby,non por amor. O seu irmán, Tomas, é un mozo moi intelixente que traballa e vive con Bounderby e é unha persoa egoísta . Trama un roubo ao banco do seu cuñado e implica a Esteban, facendo crer a todo o mundo que é o culpable do roubo. Mentres a súa irmá trátalle con agarimo, faille favores e mesmo lle presta diñeiro,pero o é moi malo. Santiago Harthouse, deputado do senado acaba por establecer unha boa relación con todos eles, ata tal punto que se namora de Luisa, mesmo se declara a ela, ela vaise correndo a dicirlle ao pai o infeliz o pai pídelle perdon pola súa mala educacion. O señor Bounderby, marido desta, enfádase moito e ameaza con que se Luisa non volve á súa casa nun día, non lle permitirá volver ela non quere volver e queda en casa cos seus pais.


Logo, Dickens cóntanos a vida dos obreiros, onde todo xira ao redor de Esteban,ten problemas cos seus compañeiros xa que todos eles están de acordo con unirse e formar sindicatos para loitar contra as inxustizas ás que son sometidos na fábrica pero Esteban quere unirse pola promesa que lle fixo a Raquel. Isto fai que sexa o único obreiro ao que non falan, que marxinan, que insultan e que miran mal. Aínda por riba, Bounderby despediulle por un arrebato de enfado.Esteban era o único obreiro que nunca se queixaba, que facía todo o que lle mandaban e máis.Con todo isto marcha a Coketown (cidade na que vivía).


Mais tarde regresa Estaban para aclarar o asunto do roubo do banco, é entón cando se demostra a súa inocencia e a culpabilidade de Tomas, ao cal querían levarlle á policía, a pesar de que el culpa á súa irmá de terse que ir, ela e o seu pai non o permiten e déixanlle marchar a América a empezar outra vida e deixar as cousas máis acougadas na cidade. Ao final logra perdoar á súa irmá.


CRÍTICA:

En xeral gustoume o libro, o autor sabe como mostrar as condicións sociais da Inglaterra da segunda metade do século XIX Mostra as penosas condicións de vida dos obreiros e a vida dos empresarios


AUTOR:Charles Dickens


Nacemento 7 de febreiro de 1812 Portsmouth Defunción 9 de xuño de 1870 (58 anos) Gad's Hill Place, Higham, Kent, Pseudónimo Bozifer Ocupación Novelista Nacionalidade Inglesa Período Século XIX Movementos Literatura victoriana DesplegarInfluido por Henry Fielding, Oliver Goldsmith, Tobias Smollett, Victor Hugo, Hans Christian Andersen, Miguel de Cervantes, William Shakespeare Charles John Huffam Dickens (Portsmouth, Inglaterra, 7 de febreiro de 1812 ? Gadshill Place, Inglaterra, 9 de xuño de 1870) foi un famoso novelista inglés, un dos máis coñecidos da literatura universal, e o principal da era victoriana. Soubo manexar con mestría o xénero narrativo, con humor e ironía, e unha aguda e álxida crítica social. Na súa obra destacan as descricións de xentes e lugares, tanto reais como imaxinarios. Utilizou en ocasións o pseudónimo Boz Críticas posteriores, talles como as de George Gissing e G. K. Chesterton, defenderon e aclamaron o seu dominio da lingua inglesa como inigualable, os seus personaxes como creativos e inesquecibles e en gran parte a súa sensibilidade social como poseyente. No entanto, tamén recibiu críticas dos seus mellores lectores, George Henry Lewes, Henry James, e Virginia Woolf entre eles, os cales achacaron certos defectos ás súas obras, como o sentimentalismo efusivo da súa prosa, acontecementos irreais e personaxes grotescos.A popularidade das súas novelas e relatos curtos durante a súa vida e no presente é facilmente demostrada polo feito de que ningunha se deixou de publicar. Dickens escribiu novelas por entregas, o formato usual na ficción na súa época, pola simple razón de que non todo o mundo tiña os recursos económicos necesarios para comprar un libro, e cada nova entrega das súas historias era esperada con gran entusiasmo polos seus lectores, nacionais e internacionais. Dickens é actualmente e como o foi sempre, admirado por escritores en todas partes como un ídolo literario.



Andrea Alén Gamallo

17 abril 2009

IMPERIALISMO

O imperialismo é unha actitude adoptada por un estado para pretender colocarse por encima doutros estados ou comunidades. O imperialismo moderno adoita referirse á actitude dalgunhas potencias, principalmente europeas, desde a Idade Moderna ata o proceso de descolonización tras a Segunda Guerra Mundial; e máis especificamente, mesmo co nome Era do Imperialismo, utilizado pola historiografía, ao período que vai de 1871 a 1919, en que se produciu unha verdadeira carreira para construír imperios, principalmente coa chamada repartición de África.

Diferentes acepcións do termo

O imperialismo pódese entender como o dominio que exercen as nacións máis poderosas sobre outras máis débiles. Pero xeralmente denomínase imperialismo ao proceso de expansión económica que tivo lugar en Europa a mediados do século XIX, sobre todo a partir de 1870, e este foi coñecido como imperialismo librecambista. Durante este período, moitos países europeos, especialmente Gran Bretaña, estendéronse, primeiro de forma non oficial e máis tarde anexionando territorios e formando colonias en África, Asia e o Pacífico. Esta expansión foi consecuencia da procura fóra de Europa de mercados e materias primas para a revolución industrial e deuse ata o comezo da Primeira Guerra Mundial, en 1914 e permaneceron os seus vestixios ata a descolonización, nos anos 60. A partir de finais do século XIX o imperialismo caracterizouse sobre todo pola dominación económica imposta polas potencias sobre nacións máis pobres, xa que a dominación política cada vez foi máis posta en dúbida, a comezos do século XX e durante a segunda posguerra nos países subdesenrrolados xurdiron movementos nacionalistas que moitas veces acabaron a colonización doutras potencias sobre eles, nese sentido débese dicir que na actualidade a prepotencia dos países máis poderosos verifícase máis no terreo económico que no político. No entanto, nos albores da chamada II Guerra Mundial, comézase a usar a denominación de "imperialismo" para referirse a dúas novas potencias, máis tarde enfrontadas na chamada Guerra fría; son a Unión Soviética e Estados Unidos. Neste sentido, unha famosa cita do líder político inglés así Winston Churchill, acerca dos vencedores no conflito armado: "A historia escríbena os vencedores"; no entanto, xurdirían diversas correntes de opinión e movementos sociais de distinto signo político ou ideolóxico que manterían posicións críticas ou abertamente contrarias á visión predominante. A finais do século pasado e comezos deste (XXI) imponse as posicións Norteamericanas; a preponderancia económica dos EEUU, leva ademais un predominio cultural, encabezado por industrias do entretemento como a cinematográfica e a musical. Este predominio económico-cultural, unida á publicitaria e de consumo, valorouse por algúns sectores ideolóxicos como un tipo de colonialismo cultural, mentres que no campo político, cualificouse como imperialista a política exterior de Estados Unidos, e o seu intervencionismo en diversos conflitos, sempre desde voces ideolóxicamente críticas coa liña política estadounidense, sendo esta unha acepción moderna estritamente ideolóxica dun termo cuxo significado máis clásico cínguese a formas de dominio no seu sentido máis estrito.
Causas:
Económicas
A crise de 1873 provocou o descenso dos prezos, e con iso o proteccionismo, é dicir, a protección dos produtos propios de cada país prohibindo a entrada de artigos estranxeiros ou gravándoos con impostos. Isto deu lugar á necesidade de atopar novos mercados que non estivesen controlados por devandito sistema. Por outra banda, potencias capitalistas europeas como Inglaterra, Países Baixos e Bélxica necesitan dar saída ao seu excedente de capital e fano investíndoo en países doutros continentes establecendo préstamos, implantando ferrocarrís, instalando portos, etc. Ademais estes países necesitan buscar materias primas para as súas industrias xa que xa empezan a esgotarse ou a escasear en Europa.
Demográficas
En Europa, entre 1850 e 1914, produciuse un espectacular aumento demográfico, chegando mesmo a duplicarse a súa poboación, polo que nalgúns países empezaban a escasear os recursos. Gran parte da poboación, uns 40 millóns de europeos, non tiña outra saída que marcharse ás colonias do seu respectivo país xa que non contaban con traballo nin con alimentos suficientes para abastecerse todos e cambiaron a súa residencia en busca de riquezas e mellores condicións.

Ideolóxicas
As potencias europeas queren expandirse máis aló do vello continente e para iso utilizan a relixión como pretexto. Por iso moitos europeos márchanse para cristianizar aos indíxenas encabezados pola Igrexa, coa súa misión evanxelizadora, xa que gran parte da sociedade consideraba que tiñan a responsabilidade de achegar os seus avances aos demais pobos, aínda que isto non significase mellorar a súa situación.

Darwinismo social
Adoptado polos imperialistas, sobre todo en Inglaterra, para escusar as súas actuacións. Tras coñecer as recentes teorías de Darwin sobre a evolución das especies por selección natural, sostiñan que, do mesmo xeito que as distintas especies ou razas, as sociedades máis avanzadas tiñan dereito a imporse e a seguir crecendo aínda que fose á conta das máis inferiores ou atrasadas.

Científicas
Existía un forte interese por descubrir e analizar novas especies de animais e plantas, coñecer novos territorios e realizar investigacións de todo tipo. Isto fai que moitos científicos desexen progresar, lanzándose á aventura conseguindo a cambio grandes avances en campos como a bioloxía ou a botánica.

Técnico- políticas
Algúns políticos queren facer esquecer rapidamente as súas derrotas conseguindo novos territorios. A navegación tamén foi un factor importante xa que os barcos de vapor, agora capaces de chegar moito máis lonxe, necesitan dispor de puntos costeiros por todo o mundo para poder repor as existencias de carbón, polo que cando o establecemento destes pasou a mans do estado, en lugar de limitarse a devandito punto, este tentou controlar cada vez máis territorio. Alí onde se teña un predominio político terase o predominio dos produtos, un predominio económico.

Militares
Como en Europa cesaron a maioría de conflitos bélicos, os soldados dos distintos exércitos necesitan actuar noutros territorios e por iso aproveitan a expansión colonial das empresas para servir de novo ao seu país.




O PROBLEMA DOS BALCÁNS

Durante 1912 e 1913 houbo dúas guerras nos Balcáns. Na primeira enfrontáronse Serbia, Bulgaria e Grecia contra os otománs; na segunda, Serbia, Grecia e Turquía contra Bulgaria.


O conflito mundial estalou na península dos Balcáns. Isto, porque o Imperio Otomán, que se acaba en decadencia, posuía nela unha franxa desde Constantinopla ata o Adriático, sendo o resto do territorio un complexo mapa de estados de distinta entidade política, como Grecia, Rumania, Bulgaria, Serbia e Bosnia Herzegovina. Este último Estado pertencía ao Imperio Otomán, pero estaba administrado por Austria desde 1878. Ao Imperio Austrohúngaro pertencían, pola súa banda, Croacia e Eslovenia. Serbia era o punto de conflito de todo este conxunto. Durante 1912 e 1913 houbo dúas guerras nos Balcáns.


Na primeira enfrontáronse Serbia, Bulgaria e Grecia contra os otománs; na segunda, Serbia, Grecia e Turquía contra Bulgaria. Desta maneira, os países axudábanse segundo como se organizasen as alianzas, e a guerra era sempre unha posibilidade latente. O 28 de xuño de 1914 foi asasinado, en Saraievo (capital de Bosnia), o archiduque Francisco Fernando, herdeiro ao trono austriaco, por un membro do partido secreto panserbio Unión ou Morte, de forte carácter nacionalista e que actuaba apoiado por Serbia. O goberno austriaco, co apoio de Alemaña, enviou un ultimato a Serbia, co fin de que ese Estado permitise a investigación dos feitos. Pero Serbia, apoiada por Rusia, negouse a esta petición, por considerala unha intromisión nos seus asuntos internos. Así, o 28 de xullo, Austria-Hungría declarou a guerra a Serbia. Rusia, para axudar a Serbia, mobilizou as súas tropas cara ás fronteiras alemá e austriaca, polo cal Alemaña declarou a guerra a Rusia, o 1 de agosto de 1914, e a Francia, o 3 de agosto. O 6 de agosto Serbia declarou formalmente a guerra a Alemaña, e Austria-Hungría fíxoo respecto de Rusia; finalmente, o 11 e 12 de agosto, Francia e Inglaterra, pola súa banda, romperon as hostilidades con Austria-Hungría. A invasión das tropas alemás a Bélxica, provocou que Inglaterra (que era aliada de Francia no Triplo Acordo) entrase tamén á guerra. O 6 de agosto, Serbia declarou formalmente a guerra a Alemaña e Austria-Hungría fixo o mesmo con Rusia.

O movemento obreiro

27 marzo 2009

A República de Irlanda : 90 anos de historia

A historia do nacemento da República Irlandesa pódese remontar ao ano 1800 cando o Parlamento de Irlanda aprobou e asinou a Acta de Unión pola cal, através da converxencia dos reinos de Irlanda e Gran Bretaña, constituiríase o Reino de Gran Bretaña e Irlanda. Entón a illa fixo parte do Reino Unido e estivo dirixida directamente desde Londres.

Nos séculos anteriores, en concreto no XVII, os Tudor iniciaran a conversión dos irlandeses ao protestantismo e a extensión da lingua inglesa por toda a illa, para alén de Dublin, onde estiveran situados en principio. Así creouse unha clase dominante protestante, formada por colonos traídos de Inglaterra, fundamentalmente, e de Escocia que se deu en chamar o ascendente protestante.

Todo isto, sumado aos problemas que apareceron logo da aprobación e sinatura da Acta de Unión, como por exemplo as grandes fames da pataca dos anos corenta no século XIX e que se saldaron cun millón de irlandeses mortos alén doutro millón emigrado, fixo que un certo sentimento nacionalista e soberanista prendese. E ese movimento foise facendo máis e máis forte, sobre todo entre os católicos máis humildes.

Logo de varias tentativas non violentas para a emancipación, como a de Daniel O'Connell, ou para a derogación da Acta de Unión en prol dunha maior autonomía para a illa esmeralda, protagonizada por un grupo de nacionalistas liderados por Charles Stewart Parnell, o separatismo armado tomou a iniciativa das reivindicacións soberanistas e o sector nacionalista radicalizouse.

A conta atrás para a independencia irlandesa comezou nas eleccións xerais británicas de 1918 cando os candidatos eleitos nas circunscripcións irlandesas, a maioría do Sinn Féin e en concreto uns 73 sobre 108, refusaron ocupar os seus escanos en Westminster e crearon a Dáil Éireann, ou Asemblea de Irlanda, decorrendo a súa primeira sesión, maioritariamente en lingua gaélica, o 21 de Xaneiro de 1919 na Sala Redonda da Mansion House de Dublin.

Esa Dáil emitiu unha Declaración de Independencia unilateral, que non contou con apoio internacional, durante o Alzamento de Pascua coa conseguinte guerra Anglo-Irlandesa que rematou en 1921 cando se acadou unha tregua co Tratado Anglo-Irlandés asinado o 6 de decembro de 1922. Ese tratado foi feito efectivo, finalmente, coa Acta de constitución do Estado Libre Irlandés dese mesmo ano, que establecía un “Dominio Británico” ao estilo de Canadá e Australia e que tamén lle daba a opción ao Ulster de permanecer no Reino Unido e non facer parte do novo Estado como así finalmente ocorreu.


Este ano 2009, o 21 de xaneiro, Irlanda conmemora os 90 anos do xesto de rebeldía dos representantes do Sinn Féin que conduciu a liberación da illa esmeralda.



27 febrero 2009

GEORGE WASHINGTON

George Washington (22 de febreiro de 1732 ,14 de decembro de 1799), foi o primeiro Presidente dos Estados Unidos (1789 , 1797) e Comandante en xefe do Exército Continental das forzas revolucionarias na Guerra da Independencia dos Estados Unidos (1775,1783). Washington empezou a gañar trofeos, armando tropas de Virginia (Estados Unidos) para apoiar ao Imperio Británico durante a Guerra Franco-Indíxena (1754,1763), un conflito que el inadvertidamente axudou a iniciar. Despois de liderar a vitoria estadounidense na guerra de revolución, renunciou aos seus cargos militares e regresou á vida de plantador, acto que lle trouxo aínda máis renome. En 1787, presidiu a Convención de Filadelfia que esbozou a Constitución dos Estados Unidos de América e en 1789, foi elixido de maneira unánime como o primeiro presidente dos Estados Unidos. Os seus dous períodos de administración estableceron moitas políticas e tradicións que existen ata o día de hoxe. Antes da terminación do seu período de goberno, Washington retirouse novamente á vida civil, establecendo un importante precedente de cambio de goberno pacífico que serviu de exemplo non só nos Estados Unidos senón tamén noutras futuras repúblicas.
A REVOLUCIÓN DOS ESTADOS UNIDOS

En 1774, Washington foi elixido como delegado de Virginia para o Primeiro Congreso Continental que se convocou debido ás medidas tomadas polo Goberno Británico contra a colonia de Massachusetts. Logo das derrotas en Lexington e Concord en abril de 1775, Washington apareceu no Segundo Congreso Continental en uniforme militar, sinalando que estaba preparado para a guerra. Para coordinar os esforzos militares das Trece colonias, o Congreso creou o Exército Continental o 14 de xuño e ao día seguinte Washington foi nomeado Comandante en xefe. O delegado de Massachusetts John Adams nomeara a Washington, crendo que ao liderar un sureño un exército formado principalmente por norteños, axudaría a unir ás colonias. Aínda que reticente a deixar o seu fogar en Virginia, Washington aceptou o comando, declarando «con gran sinceridade, non creo estar ao nivel dun Comandante, estou honrado». Así mesmo solicitou que non se lle pagase excepto o reembolso dos seus gastos. Washington asumiu o comando das forzas estadounidenses en Massachusetts o 3 de xullo de 1775, durante o asedio de Boston. Washington reorganizou o exército durante este longo cesamento de hostilidades, que terminou o 17 de marzo de 1776, despois de que a artillaría situásese nas alturas de Dorchester. Os británicos evacuaron Boston e dirixíronse a un refuxio temporal en Halifax, e Washington trasladou o seu exército a Nova York. En agosto de 1776, o xeneral británico William Howe lanzou unha exitosa campaña para capturar Nova York, iniciándose desta maneira unha serie de derrotas de Washington. Perdeu na Batalla de Long Island o 22 de agosto, pero logrou evacuar á maioría das súas forzas. Moitas outras derrotas levaron a Washington a atravesar Nova Jersey, pondo en dúbida o futuro do Exército Continental. A noite do 25 de decembro de 1776, Washington realizou un contrataque levando ás forzas estadounidenses a cruzar o río Delaware para capturar a preto de 1.000 hessianos en Trenton (New Xersei). George Washington continuou o asalto cun ataque sorpresa sobre as forzas británicas en Princeton. Estas inesperadas vitorias despois dunha longa serie de derrotas levantaron a moral dos revolucionarios. En 1777, o xeneral Howe iniciou a campaña para capturar Filadelfia. Washington moveuse ao Sur para bloquear ao exército de Howe, pero foi derrotado na Batalla de Brandywine o 11 de setembro de 1777.

PRESIDENCIA

Washington foi elixido de maneira unánime polo Colexio Electoral nas eleccións presidenciais de 1789, sendo desta maneira a única persoa elixida presidente de maneira unánime (feito que se repetiu nas eleccións presidenciais de 1792). En segundo lugar, con 34 votos, John Adams se convitió no vice presidente. O primeiro Congreso dos Estados Unidos votou por pagarlle a Washington un soldo de 25.000 dólares ao ano, unha significativa suma en 1789. Washington, cunha boa posición económica, rexeitou o soldo, dado que se consideraba a si mesmo como servidor público desinteresado. Washington prestáballe coidadosa atención á pompa e cerimonia do cargo, aínda que asegurándose que non se emulase ás cortes reais europeas. Washington aceptou o cargo de presidente para un segundo mandato, pero rexeitou un terceiro, establecendo un precedente dun máximo de dous mandatos para un presidente dos Estados Unidos. Despois que Franklin D. Roosevelt fose elixido por catro mandatos, feito sen precedentes, o límite de dous mandatos foi incluído na Constitución federal pola Emenda 22. Washington non pertencía a ningún partido político e desexaba que non se consolidará ningún, pois temía que a formación de partidos suporía fortes conflitos e un estancamento no sistema. Con todo, foron dous estreitos colaboradores seus quen formaron dous partidos políticos, defieniendo o futuro Sistema de Partidos. Por unha banda, o secretario do tesouro, Alexander Hamilton, tiña o forte convencemento de que había que establecer un crédito nacional e construír a partir del unha nación finaciera forte e estable, formando así as bases do Partido Federalista. Doutra banda, o secretario de Estado, Thomas Jefferson, un dos fundandores do Partido Republicano-Demócrata (tamén coñecido como "Jeffersonianos") opúñase abertamente á axenda de Hamilton, pero Washington apoiou as ideas de Hamilton.

RETIRADA DA VIDA POLITICA E MORTE

George Washington rexeitou presentarse a un terceiro mandato en 1796, nun discurso que contiña unha clara advertencia para que os Estados Unidos non mantivesen vínculos estables con ningún país ao longo de moito tempo. Tras o traspaso de poderes, Washington retirouse a Mount Vernon, onde faleceu en decembro de 1799, gardando todo o país varios meses de loito como consecuencia do deceso.

20 febrero 2009

Charles Darwin, 200 anos de legado.




Charles Darwin( 12 de febreiro de 1809-19 de abril de 1882).
Foi un científico británico. O seu traballo tivo unha influencia decisiva sobre as ciencias da vida e da terra sobre o pensamento moderno en xeral.
Debemos destacar que foi el quen sentou as bases da teoría moderna da evolución co seu concepto de desenrolo de todas as formas de vida a través do proceso lento da selección natural.
Graduouse na escola en Shrewsbury e despois estudou na Universidade de Edinburgo medicina, aínda que despois iríase e pasaría a formar parte da Universidade de Cambridge para prepararse para ser ministro na Igrexa de Inglaterra. Alí coñeceu a Adam Sedgwick(xeólogo) e a John Stevens Henslow(naturista) os cales lle serviron de gran axuda na súa formación e tamén como persoa.
Graduouse en Cambridge en 1831 e foi invitado a bordo do barco inglés de investigación HMS Beagle para unha expedición científica ao longo do mundo, en 1832.
Unha expedición importante que sería recordada coma un dos proxectos máis importantes da súa vida.
Esta expedición deulle a oportunidade de observar as diversas formacións xeolóxicas en diferentes continentes e illas, e deulle especial importancia ao efecto cas forzas naturais tiveron na forma da superficie da terra, e unha ampla variedade de fósiles e organismos vivos.
Naquela época, a maioría dos xeólogos seguían a teoría da catástrofe( a terra experimentou unha sucesión de creacións de vida animal e vexetal, e cada creación foi destruída por unha catástrofe repentina). Pero esta teoría foi sometida a crítica polo xeólogo inglés Charles Lyell, que sostiña que a superficie da terra estaba sufrindo un cambio constante, como resultado das forzas naturais que operan uniformemente durante longos períodos de tempo.
Durante esta magnífica expedición, Darwin encontrou que moitas das súas observacións de fósiles, plantas e animais coincidían coas da teoría antes citada, que as especies foron especialmente creadas. As súas observacións déronlle lugar a pensar a existencia de enlances entre especies distintas pero similares.
Despois de regresar a Inglaterra en 1836, xa que a expedición durou case 5 anos, Darwin comezou a recompilar todas as súas ideas sobre a habilidade das especies para cambiar nos seus Cadernos Da Transmutación Das Especies.
A súa explicación de como evolucionaron os organismos surxiu despois de ler Un ensaio do Principio da Poboación de Malthus, que explicou que o ritmo ao que a poboación humana crecía era superior ao ritmo co que crecían os recursos, polo tanto, cada certo tempo, daríase unha época de alta mortalidade que el chamaría crise malthusiana.
Entón, Darwin aplicou a teoría de Malthus aos animais e ás plantas e arredor do 1838 xa elaborara un bosquexo da teoría da evolución a través da selección natural.
Esta teoría se fixo pública en 1858.
A selección natural é un mecanismo evolutivo que se define como a reproducción diferencial dos xenotipos no seno dunha poboación biolóxica.
A formulación clásica da selección natural establece que as condicións dun medioambiente favorecen ou dificultan, é dicir, seleccionan a reproducción dos organismos vivos segundo sexan as súas peculariedades. Esta selección natural é a que foi proposta por Darwin para explicar a evolución biolóxica. A explicación parte de dúas premisas, a primeira di que entre os descendentes dun organismo hai unha variación aleatoria, non determinista, que é en parte heredable; a segunda afirma que esta variabilidade pode dar lugar a diferenzas de supervivencia e de éxito reproductor, facendo que algunhas características de nova aparición se poidan extender na poboación. A acumulación de estes cambios ao longo das xeracións produciría todos os fenómenos evolutivos.
Darwin publicou esta teoría en 1859 en O orixe das Especies.
Como case sempre pasa, houbo distintas críticas e reaccións a teoría formulada. Moitos científicos afirmaron que Darwin non podía probar todas as súas afirmacións e hipóteses, e así seguirían en contra da súa teoría durante os 50 ou 80 anos seguintes. Aínda así, os maiores enimigos da teoría foron os opositores relixiosos, xa que desmontaban as ideas que a relixión predica.
Houbo distintas consecuencias tamén desta teoría, unha, por exemplo é a chamada concepción do "euxenismo", que se inspirou nesta teoría, baséase nunha "loita pola vida" e conduxo á exterminación de seres considerados inferiores( epilépticos, psicópatas, inválidos, etc). Na época nazi a concepción de esta especie de eutanasia xustificaban estas mortes porque eles consideraban a estas persoas incapaces de desenrolar un traballo pero que consumían recursos. Foi usada como a excusa para a "hixiene racial" durante os anos da 2ª Guerra Mundial e que deu lugar a máis de 100.000 víctimas indefensas.
Fai dúas semanas máis ou menos fixo 200 anos do seu nacemento, aquí deixamos unha pequena homenaxe á súa persoa.


Se queredes saber un pouco máis, aquí deixamos as páxinas nas que nos informamos e que encontramos máis interesantes:









13 febrero 2009

A FRANXA DE GAZA 2008-2009

A FRANXA DE GAZA 2008-2009

O conflito da Franxa de Gaza de 2008-2009, é unha ofensiva militar dende aire, terra e mar, precedida por unha campaña de
bombardeo aéreo sobre a Franxa de Gaza (Territorios Palestinos), que empezou o 27 de decembro de 2008 e que continúa. Está dirixida contra obxectivos da infraestrutura da organización Hamás, principalmente portos, sedes ministeriais, cuarteis de policía, depósitos de armas e os túneles subterráneos que comunican a Franxa de Gaza con Exipto.

Fontes israelís informaron que o obxectivo de este ataque é destruir a organización terrorista e militar de Hamás, como resposta ao ataque a obxectivos civís israelís por parte de milicianos palestinos.

É o ataque con maior número de mortes do conflito árabe-israelí nos últimos corenta anos, que deixou ata o momento trece israelís mortos, dez deles soldados e tres civís; as Nacións Unidas falan de máis de 783 palestinos mortos, na súa maioría militantes de Hamás. Porén, ata o momento recoñeceuse un importante número de vítimas civís palestinas, que podería oscilar entre o 25% e o 50% do total.

Inmediatamente despois do inicio da ofensiva, os grupos armados palestinos na Franxa de Gaza responderon co lanzamento de centenares de cohetes hacia Israel, que ata o momento provocaron a morte dun soldado e tres civís israelís. Os líderes de estes grupos armados fixeron un chamamento á Terceira Intifada contra Israel e á reanudación dos atentados suicidas. Tras o inicio da ofensiva terrestre sobre a Franxa, oito soldados israelís morreron en combate en diferentes accións, catro de eles como consecuencia do fogo amigo o 5 de xaneiro.


HAMÁS
Hamás é unha organización
islamista palestina cuxo obxectivo é a instauración dun Estado Islámico na rexión histórica de Palestina, isto é, no que hoxe son Israel e os Territorios Palestinos. Polo tanto, Hamás non recoñece ao Estado de Israel nin o seu dereito a existir. A súa organización é complexa, e está formada por organizacións benéficas, que asisten aos palestinos máis necesitados, ou as Brigadas Izz-al-din al-Qassam, o brazo armado da organización, que cometeu múltiples atentados contra a poboación civil israelí, causando deceas de mortos, responsables últimos do lanzamento de cohetes contra Israel.

Hamás tamén ten un brazo político, que gañou as últimas eleccións lexislativas de Palestina de 2006 mediante maioría absoluta. Tras estas eleccións, Hamás, considerado unha organización terrorista por parte da Unión Europea, os Estados Unidos, Israel, Xapón,[, Canadá e Australia, foi boicoteado, tras o cal iniciouse unha loita entre Al Fatah e a organización islamista, que terminou coa expulsión dos membros de Al Fatah da Franxa de Gaza, e a toma do control absoluto da Franxa por parte de Hamás. O goberno de Ismail Haniye pasou a administrar de facto a Franxa, creando os seus propios ministerios e o seu propio corpo de policía, chamado Forza Executiva, que conta con comisarías nos principais barrios e pobos da rexión costeira. Gaza e Cisjordania pasaron a ser administrados por diferentes gobernos, de Hamás o da Franja, e de Al Fatah o de Cisjordania.

En xuño de 2008, Israel e Hamás chegaron a un acordo para manter unha tregua durante seis meses. Nela, comprometéronse a cesar as hostilidades e a reabrir progresivamente as fronteiras para permitir o paso de produtos de primeira necesidade, pero ningún deles cumpliron os requerimentos que firmaran, e tanto o exército israelí como Hamás acusáronse mutuamente de violar o alto o fogo.

Amnistía Internacional criticou o comportamento de ambas partes nun informe a principios de decembro: "as forzas israelís mataron a uns 20 palestinos, na súa maioría extremistas, pero tamén dous nenos, en ataques aéreos e doutro tipo dende o 4 de novembro." Por outro lado, "os grupos armados palestinos reanudaron os disparos de cohetes dende Gaza contra cidades e pobos israelís cercanos, e feriron a dous civís e a varios soldados israelís."

BLOQUEO DE GAZA
A entrada de mercadorías, incluíndo alimentos, mediciñas, materias primas e carburante, así como os suministros de electricidade e auga, e o movemento de persoas entre a Franxa de Gaza e o exterior han estiveron controlados e limitados polo goberno israelí os dezaoito meses previos ao bombardeo. O observatorio da ONU para os dereitos humanos pediu que se levantase o "estado de sitio" e se reabrise o paso de alimentos, mediciñas e carburante.
Amnistía internacional reportou que a situación estábase a agravar na Franxa e que era a peor "dende o comezo da ocupación israelí" facía 40 anos.


OBXECTIVOS
Os obxectivos dos bombardeos israelís están relacionados con toda a infraestrutura, tanto militar como civil, de
Hamás, e o seu Goberno na Franxa de Gaza. O Goberno de Hamás conta con un corpo propio de policía, denominado Forza Executiva, que dispón de comisarías nos barrios das principais cidades de Gaza.

No segundo día de ofensiva, Israel bombardeou os túneles subterráneos que comunican a Franxa de Gaza con Egipto pois, según as forzas israelís, poderían ser utilizados para o contrabando de armas e explosivos, e incluso de persoas para entrenar como suicidas

Por outra parte, a Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios da ONU afirma que a crisis humanitaria da Franxa de Gaza é significativa e no debe ser subestimada. A ONU afirma que a situación é unha "crise contra a dignidade humana que dura xa 18 meses" na franxa de Gaza, conlevando "una destrución masiva do medio de vida e un significativo deterioro das infraestruturas e servicios básicos". O medo e o pánico son xeneralizados; o 80 por cen da poboación non puede subsistir por si mesma e dependen da axuda humanitaria.

Ademáis "Toda a poboación civil" en Gaza permanece vulnerable. Hai unha sensación de "pánico, medo e angustia" ao longo de toda a franxa. Civís implementaron un toque de queda autoimposto dado que non existen sistemas públicos de aviso ou refuxios efectivos. Hai gente evacuando as súas casas e permanecendo nas rúas durante longas horas, expostos a maior perigo ou permanecendo con familiares. Os civís se enfrentan a inseguridades mentras se reabastecen de artículos básicos de alimentación, auga e gas para cociñar. A maioría das familias amontóanse nunha ou dúas habitacións que consideran as máis seguras da casa, sen electricidade e apenas auga corrente.

A Media Luna Vermella Palestina estima que miles de hogares foron danados e comeza a ser "crecentemente difícil" para os seus residentes permanecer en eles debido ao frío. A UNRWA preparou as súas escolas para actuar como refuxio temporal para os desplazados. O 1 de xaneiro, aproximadamente 400 persoas pasaban a noite en refuxios de emerxencia da UNRWA. Como denunciaron tanto a Save the Children Alliance como o Al Mezan Center, antes da operación terrestre do exército israelí, máis de 13.000 persoas (2.000 familias) foron desplazadas na franxa. A maioría desas familias buscan refuxio cos seus familiares, mentras que 1.200 persoas permanecen nos refuxios temporais proporcionados pola UNRWA.



Pérdida de territorio por parte de Palestina dende o ano 1946 ata o 2000

06 febrero 2009

Biografía Moncho Valcarce

Moncho Valcarce



A súa vida



Primeiros anos
Moncho Valcarce naceu na cidade da Coruña o 5 de setembro de 1935. Foi o sexto de oito irmáns con residencia nunha patrimonial casa na rúa da Franxa. Comezou os seus estudos de bacharelato no colexio dos Xesuítas de Vigo para logo rematalos no instituto da Coruña. Matricúlase como alumno libre na facultade de dereito da Univesidade compostelana, carreira que logo continuaría en Salamanca. De carácter extrovertido, alegre, incluso festeiro; amante da lectura e da música, levou unha xuventude como calquera mozo da súa idade.
O paso polo seminario
Moncho decidiu facerse sacerdote e entra no seminario maior de Compostela en 1959, onde pronto se sinte incómodo fronte ao tipo de educación que alí se daba, polo que marchou estudar teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma. El mesmo empeza a tomar concienza do seu ser galego integrándose nun grupo que denominaban "Irmandiños", co desexo de volver á Terra para poñer a súa vocación ao servizo do pobo. En 1967 regresa ao seminario de Santiago.
Un labor pastoral diferente
Ordénase sacerdote o 19 de novembro de 1969, aos 34 anos de idade. O carácter participativo das misas, a gratuidade nos servizos, a eliminación dos confesionarios, a introdución do galego como lingua litúrxica, así como as súas proclamas contra o caciquismo e as inxustizas, daban idea do innovador labor pastoral que desenvolveu. Colabora cos partidos políticos da oposición. Ao principio co PC e co PCI, a raiz do cal foi detido en Betanzos nunha reunión clandestina.
Militancia política
Entrou
en relación con xente ligada ao nacionalismo e integrouse nos CALL (Comités de Axuda a Loita Labrega) organización de apoio ás CC. LL. (Comisións Labregas). Definida xa a súa opción ideolóxica nacionalista non tivo reparo en participar activamente na política, militando na AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e participando nas primeiras eleccións dos comezos da democracia en 1977 como senador do BN-PG (Bloque Nacional-Popular Galego). En 1979 foi elixido concelleiro de Culleredo por esa coalición, edilato que conservou durante oito anos.
Últimos anos
A xerarquía eclesiástica fixo todo para alonxalo da política enviándoo en 1987 a Salamanca. Ao voltar, foi destinado ao concello das Pontes. Alí formou parte dun equipo pastoral e levou varias parroquias. Sempre inquedo e activo, participou en programas de radio, foi vicepresidente dun grupo ecoloxista: "Niño de Azor", colaborou coas CC. LL. da zona e deu clases no instituto da vila. No outono de 1991 empeza a atoparse mal, descúbreselle un cancro irreversible, o seu aspecto cambia drasticamente até caer postrado na cama.Escribe un diario, e recibe a multitude de amigos sempre co humor que lle caracterizaba. Morre o 1 de febreiro de 1993 cando tiña 57 anos de idade. Foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro da súa cidade natal cuberto coa bandeira nacionalista, ao son do himno galego, despedido cos versos de Bouza Brey e rodeado dos que o quixeron en vida.




Para maís información: http://www.monchovalcarce.org/