27 abril 2008

A AG-64 ameaza unha mamoa na Mourela

Non vos preguntastes nunca o que habería dentro de centos de anos no lugar onde vivides agora? Non vos gustaría que continuara o progreso pero ao mesmo tempo respectando a nosa cultura que, ao fin e ao cabo, sería tamén a deles?
Iso mesmo pensarían os homes prehistóricos se levantaran a cabeza e viran o que se está a facer cos seus lugares sagrados.

A necrópole da Mourela, un dos conxuntos funerarios máis importantes de Europa, construído hai máis de 4000 anos, catalogada por Federico Maciñeira, e da que formaban parte os círculos líticos, que foron destruídos durante o século XX.Un deles, o menor, destruído coa construción do polígono industrial dos Airios, nos anos 90 e o maior, sucumbido baixo a autovía AG-64 Ferrol-Vilalba.
A pesar dos tentativas da Plataforma creada para a defensa do Círculo Lítico para continuar coa construción da autovía, pero ao mesmo tempo para salvagardar o noso patrimonio: notas de prensa, cartas á deputación , charlas informativas, mesas redondas, manifestacións, recollidas de sinaturas, diferentes estudos como a creación dun túnel que iría por baixo o círculo, escavacións que amosaban que aí si que había algo… Finalmente as Administración galega negou a existencia de restos prehistóricos nesa zona e continuaron adiante coas obras, levándose todo vestixio do que alí estivera dende había miles de anos.

Agora estanse a producir corrementos de terra na marxe norte da autovía ao seu paso pola Mourela, preto duns quince metros de terreo víñanse abaixo producindo un considerable furado que ía parar a escasos metros dunha mámoa, a catalogada por Federico Maciñeira como a nº 4. O seu código de catalogación é o GA15070127, que xunto cos elementos GA1507029 e GA15070130 están a padecer o mesmo risco de desaparición. Os terreos na zona son moi inestables, o que ocasiona corrementos de terra case que diarios, que afectan á área de protección dos mesmos, lonxe dos compromisos establecidos pola Dirección Xeral de Patrimonio, de que nin as mámoas nin as súas áreas de protección se verían afectadas polas obras.

Esta situación, lonxe de atopar o camiño axeitado, está a dar tumbos sen dirección algunha, como non querendo chegar ao seu destino. Un dos mellores camiños sería: sinalizar as mámoas a ambas marxes da autovía, cunha zona acondicionada de descanso para que os visitantes que se achegasen á vila pola autovía, dende Vilalba ou Ferrol, coñecesen e valorasen, do mesmo xeito ca nós, o noso patrimonio cultural, que é rico e importante, ou polo menos, iso é o que din os investigadores europeos.

Debemos progresar cara ao futuro, pero respectando e conservando o que xa temos, porque senón, chegará un momento no que non teñamos nada.

Xornadas da Terra


O pasado venres 18 de abril ás 20.00h do serán , tivo lugar na nosa vila unha conferencia histórica. Isaac Díaz Pardo e Avelino Pouso Antelo reuníronse cos veciños ponteses nas Xornadas da Terra organizadas pola asociación Irmandade As Pontes -Lesneven - Carmarthen e polo grupo ecoloxista “Niño do Azor”.

Isaac Díaz Pardo (Compostela 1920) foi un home moi polifacético.A súa educación estivo marcada por persoeiros tan importantes coma Castelao, Cabanillas, Risco, Ramón e Antón Vilar Ponte… Estudou e Madrid Belas Artes, complementando a súa carreira pictórica cunha viaxe a Italia, mais abandonou a súa práctica profesional da pintura para dedicarse á dinamización sociopolítica e empresarial, a modernización e internacionalización da nosa cultura e á loita contra a historia oficial (promovida polo franquismo) e á defensa da memoria histórica de Galiza. Creou tamén unha pequena fábrica en Castro de Samoedo (Sada) explotando as materias primas do antigo complexo de Sargadelos. Na súa primeira viaxe que fixo a Arxentina en 1955, colaborou na revista Galicia Emigrante, onde firmaba co pseudónimo Ollarnovo. Co apoio doutros galeguistas, como Seoane, fundou en 1963 o Laboratorio de Formas, institución da que sairían o complexo de Sargadelos, o Museo Carlos Maside e o Instituto Galego de Información. No campo literario cultivou varios xéneros (teatro, crítica e ensaio) ademais de manter unha plataforma editorial e de ter presenza en distintos medios xornalísticos.
Polo seu intenso labor recibiu moitas recoñecementos e distincións, sendo a última a Medalla de Ouro ao Mérito ao Traballo (2007)

Avelino Pousa Antelo (San Xoán da Barcala -A Baña- 1914). Estudou maxisterio en Santiago, estivo seis anos na universidade Pontificia de Santiago, fixo dous cursos de comercio en Lugo e un de xerencia de cooperativas en Zaragoza.
En 1948 creou xunto con Antonio Fernández López a Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros.
Traballou fóra de Galicia como técnico e mestre e retorna en 1970 para exercer como mestre no grupo escolar de Pontecesures ata a súa xubilación.
Publicou numerosos artigos en xornais e revistas sobre temas agrarios e políticos, polos que recibiu os premios xornalísticos “Ramón Mourente” (1963) e “Luis Sánchez Harguindey” (1964), así como diversos libros.
De mozo estivo afiliado a “Mocedades Galeguistas” e tomou parte na propaganda do Estatuto de 1963. De 1979 foi presidente do Partido Galeguista. Actualmente é presidente da Fundación Castelao, vicepresidente da Fundación Fernández Florez e vocal das Fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda.
Recibiu numerosos premios ao longo da súa vida, o último foi a Medalla Castelao (2006) e no 2007 é nomeado Fillo Adoptivo de Teo.


Na charla, ámbolos dous faláronnos das súas experiencias durante o 36 con moito humor e retranca.
Comezou a exponencia Avelino contándonos que a xente ao principio o tiña por conservador, algo moi chocante coa súa forma de pensar.
Continuaron falando de que de mozos, tanto Isaac coma Avelino, repartían carteis de propaganda do Estatuto de Autonomía que imprimían no taller do pai de Isaac (todos os carteis foron debuxados por Isaac salvo dous que os fixo seu pai).
Por suposto, non quedou sen comentar as súas vivencias durante o Alzamento, a Guerra Civil e a Postguerra. Avelino non tivo moito problema, pois foi levado a loitar no bando Nacional a distintas partes de España e desta maneira fóronse “camuflando” os seus ideais. Isaac tívoo máis difícil, ata o punto de ter que agocharse na casa de seu tío Indalecio para salvar a vida e despois traballou como rotulista nunha fábrica coruñesa de pintura industrial.
Isaac comentounos un pouco como xurdiu Sargadelos, que os materiais que se utilizan na elaboración das pezas son exclusivos da zona… Para finalizar contounos algo da situación actual na que se atopa con respecto a Sargadelos, aínda que non quixo profundiciar no tema pois está en vias xudiciais.
Rematou falando Avelino, respondendo a unha pregunta que lle fixo un dos asistentes: “República ou Monarquía?” A súa resposta foi que el prefería a República, mais que ningún sistema é perfecto, pois había que ter en conta que durante as Repúblicas españolas ningún presidente rematou o seu mandato.

24 abril 2008

Historia dun artilleiro de Napoleón perdido nos montes galegos

O xoves, día 17 de abril, foi presentada na Biblioteca Municipal de Pontedeume a última novela da escritora Beatriz Martínez Millarengo, O de Millarengo. Historia dun artilleiro de Napoleón perdido nos montes galegos. A obra, escrita orixinalmente en castelán e editada agora en galego, resultou finalista do premio Fernando Lara de novela. O argumento está baseado nun episodio trancorrido nas terras do Eume durante a Guerra de Independencia, evento que cumple este ano o seu bicentenario.
No inverno de 1809 un escuadrón de cabaleiría francés do corpo de exército comandado polos mariscales Soult e Ney, que avanzaban cara a A Coruña trala procura do exército británico do xeneral sir John Moore, é atacado por unha partida guerrilleira nas proximidades de Pontedeume. Entre os supervivintes atopábase un xove artilleiro, que foi recollido no monte Breamo por unha muller de Doroña, no concello de Vilarmaior. O seu marido era un dos membros da partida e o fillo combatía nas tropas do marqués de la Romana. Co desexo de que, no caso de caeren en mans do inimigos, fosen ben atentidos, a muller decidiu ofrecerlle ao mozo francés refuxio nun muíño no lugar de Millarengo, na parroquia de Doroña, nome co que a partir dese momento foi coñecido o francés.
Despóis da súa liberación o mozo francés volveu a Francia, regresou tempo despóis a Galicia, onde acabou instalándose. Nunha fascinante procura das súas orixes, Beatriz Millarengo reconstrúe a historia familiar e os vínculos que lle unen a aquel soldado francés perdido nos montes de Galicia.

23 abril 2008

"Rosario la dinamitera"

Con 79 anos de idade morría en Madrid o pasado 17 de abril Rosario Sánchez Mora, máis coñecida como “Rosario La Dinamitera”, a quen o poeta Miguel Hernández lle adicara en plena Guerra Civil aqueles versos encendidos.
Nacida en Villarejo de Salvanés, pronto se trasladou a Madrid onde traballou como aprendiz de corte e confección no Círculo Cultural das Xuventudes Socialistas Unificadas ao tempo que comezou a militar nas filas comunistas.
Cando estopou a guerra ingresou nas milicias obreiras do Quinto Rexemento, a mítica unidade que comandaba Valentín González, “El Campesino”. Loitou como un soldado máis na fronte de Somosierra. Estivo destinada despóis na sección de dinamiteiros, onde fabricaba bombas de man caseiras, perdendo unha man ao manipular unha delas.
Traballando na centralita do Estado Mayor coñeceu a Miguel Hernández. Colaborou coa dirixente comunista Dolores Ibárruri, “La Pasionaria”, reclutando mulleres para cubrir os postos de traballo deixados polos homes que combatían na fronte.
A piques de rematar a guerra fuxiu cara a Valencia. Atrás deixou ao seu home, desaparecido trala batalla do Ebro, e á súa filla. O seu pai, Andrés Sánchez, foi detido en Alacant con outros 15.000 republicanos, que esperaron infructuosamente a chegada dos barcos prometidos pola Sociedade de Nacións para expatrialos. Comezou entón para Rosario un calvario de detencións e longos periodos de reclusión. Tras serlle conmutada a pena de morte, foi condenada a 30 anos de reclusión por un delito de “adhesión á rebelión” -paradóxica sentencia que autoridades franquistas aplicaron a todos aqueles que defenderon a legalidade republicana-. En 1942 foi liberada e volveu a Madrid, onde acabou rexentando un estanco na praza de Cibeles.

Rosario, dinamitera

Rosario, dinamitera,
sobre tu mano bonita
celaba la dinamita
sus atributos de fiera.
Nadie al mirarla creyera
que había en su corazó
nuna desesperación,
de cristales, de metralla
ansiosa de una batalla,
sedienta de una explosión.

Era tu mano derecha,
capaz de fundir leones,
la flor de las municiones
y el anhelo de la mecha.
Rosario, buena cosecha,
alta como un campanario
sembrabas al adversario
de dinamita furiosa
y era tu mano una rosa
enfurecida, Rosario.

Buitrago ha sido testigo
de la condición de rayo
de las hazañas que callo
y de la mano que digo.
¡Bien conoció el enemigo
la mano de esta doncella,
que hoy no es mano porque de ella,
que ni un solo dedo agita,
se prendó la dinamita
y la convirtió en estrella!
Rosario, dinamitera,
puedes ser varón y eres
la nata de las mujeres,
la espuma de la trinchera.
Digna como una bandera
de triunfos y resplandores,
dinamiteros pastores,
vedla agitando su aliento

18 abril 2008

I have a dream

O 4 de abril fixo corenta anos do asasinato do maior defensor dos dereitos humanos, Martin Luther King. Hoxe en dia tería 79 anos. Quería un mundo no que algún día a xustiza e a igualdade chegarían a todo norteamericano.


Martin Luther King

Relixioso e activista estadounidense.
Naceu o 15 de xaneiro de 1929 en Atlanta (Xeorxia). Fillo do Reverendo Martin Luther King, chegou ao mundo nunha habitación da casa na Avenida Auburn 501. Foi o primoxénito e recibiu o mesmo nome que o seu pai, os familiares chamábano "M.L.". Durante os próximos 12 anos viviu nesta casa victoriana de dous pisos, xunto cos seus pais, avós, irmáns, tíos, tías e outros residentes. Dúas cuadras ao oeste da súa casa está a Igrexa Bautista Ebenezer, a parroquia do avó e o pai de Martin. Ingresou con 15 anos no Morehouse College e foi ordenado ministro baptista aos 17. En 1951 graduouse no Crozer Theological Seminary, realizou o seu traballo de posgrado na Universidade de Boston. En Crozer e Boston comezou a tratar as ideas do nacionalista indio Mohandas Gandhi, as cales convertéronse no centro da súa propia filosofía de protesta non violenta. En 1954 foi nomeado como pastor na Igrexa baptista de Dexter Avenue en Montgomery (Alabama). Ese ano, foi prohibida a educación pública segregacionista que mantiñan o Tribunal Supremo de Estados Unidos con numerosos estados do sur. En 1955 barallouse a idea dun boicot pedíndolle que o dirixise contra unha compañía de transportes públicos en Montgomery,na que se cometeu a inxustiza de provocar o arresto dunha muller negra tras negarse a deixar o seu asento a un pasaxeiro de branco. Martin Luther King chamou ao boicot dos autobuses de Montgomery coas seguintes palabras: "Non temos outra opción que a protesta. Foron moitos os anos de notable paciencia, ata o punto de que, en ocasións, demos aos nosos irmáns brancos a impresión de que nos gustaba o modo en que nos trataban. Pero esta noite estamos aquí para liberarnos desa paciencia que nos fixo pacientes con algo tan importante como a liberdade e a xustiza". A protesta levou a cabo durante 381 días; nela King foi arrestado e encarcerado, a súa vivenda foi esnaquizada e recibiu moitas foi ameazado de morte. En 1956 púxose fin ao boicot cunha orde do Tribunal Supremo que prohibía a segregación no transporte público da cidade. Trás o éxito conseguido no boicot de Montgomery, King tomou o papel de líder moi respectado. Trás isto, fundouse a Conferencia de Líderes Cristiáns do Sur (SCLC) polos clérigos negros de todo o Sur, os cales nomearon a King o seu presidente. En 1959 abandonou o seu pastorado en Montgomery para exercer na Igrexa baptista de Ebenezer en Atlanta, un gran paso para permitirlle participar no liderado nacional do movemento de dereitos civís. Ao principio estaba centrado na reconciliación, agora debido ao liderado negro sufría unha transformación radical esixía un cambio 'por calquera medio posible'. Xurdiron certas diferenzas de ideoloxía e xurisdición entre a SCLC e outros grupos (Poder Negro e Musulmáns Negros), pero King pediu que a non violencia, seguise sendo a estratexia principal de resistencia. En 1963 púxose á fronte en Birmingham (Alabama) dunha campaña a favor dos dereitos civís para lograr o censo de votantes negros, acabar coa segregación e conseguir unha mellor educación e aloxamento nos estados do sur. Durante estas campañas foi arrestado varias veces. O 28 de agosto de 1963 as 200.000 persoas que marcharan sobre Wáshington en apoio dos dereitos civís, oíronlle pronunciar o seu máis famoso discurso.En 1964 outorgáronlle o Premio Nobel da Paz. Logo de razoar unha e outra vez, King creu que a solución dos problemas locais das relacións humanas eran inviables debido á guerra Vietnam. As estratexias de King foron obxectadas.


En Chicago, os baptistas negros locais opuxéronselle publicamente. Tamén alí os manifestantes plantaron cara a bandas de brancos, dirixidos por neonazis membros do Ku Klux Klan, dando lugar a enfrontamentos. Polo que se refire á guerra do Vietnam, moitos creron que o liderado negro debería concentrarse na loita da inxustiza racial dentro de Estados Unidos. En 1967, King asociouse aos dirixentes do movemento contra a guerra, independentemente da súa cor. A posterior preocupación de King por Vietnam e a súa determinación en dirixir unha "marcha de pobo" sobre Washington puxeron en perigo a súa vida.O 4 de abril de 1968 King foi asasinado en Memphis (Tennessee). James Earl Ray, un preso branco que escapara da prisión, foi arrestado polo asasinato; declarado culpable, en marzo de 1969 sentenciáronselle 99 anos de cárcere. O lugar de nacemento e a súa tumba en Atlanta foron designados lugares históricos nacionais. Para conmemorar a morte violenta o 4 de abril de 1968 do líder dos dereitos civís, Martin Luther King, Jr., moitas cidades e estados decretaron días para recordalo. Algúns días coincidían co do seu nacemento e outros co da súa morte. Desde 1986 escolleuse un día próximo ao do seu nacemento (o 15 de xaneiro) como festa nacional, e o Congreso decretou que fose o terceiro luns de xaneiro.


Discurso lido durante a histórica Marcha sobre Wáshington.

"Estou orgulloso de reunirme con vostedes hoxe, na que será ante a historia a maior manifestación pola liberdade na historia do noso país.Fai cen anos, un gran estadounidense, cuxa simbólica sombra acubíllanos hoxe, asinou a Proclama da emancipación. Este transcendental decreto significou como un gran raio de luz e de esperanza para millóns de escravos negros, chamuscados nas chamas dunha marchita inxustiza. Chegou como un precioso amencer ao final dunha longa noite de cativerio. Pero, cen anos despois, o negro aínda non é libre; cen anos despois, a vida do negro é aínda tristemente lacerada polas esposas da segregación e as cadeas da discriminación; cen anos despois, o negro vive nunha illa solitaria no medio dun inmenso océano de prosperidade material; cen anos despois, o negro aínda languidece nas esquinas da sociedade estadounidense e atópase desterrado na súa propia terra.Por iso, hoxe viñemos aquí a dramatizar unha condición vergoñosa. En certo sentido, viñemos á capital do noso país, a cobrar un cheque. Cando os arquitectos da nosa república escribiron as magníficas palabras da Constitución e da Declaración de Independencia, asinaron un pagarei do que todo estadounidense habería de ser herdeiro. Este documento era a promesa de que a todos os homes, seríanlles garantidos os inalienables dereitos á vida, a liberdade e a procura da felicidade.É obvio hoxe en día, que Estados Unidos incumpriu ese pagarei no que concierne aos seus cidadáns negros. En lugar de honrar esta sacra obrigación, Estados Unidos deu aos negros un cheque sen fondos; un cheque que foi devolto co selo de "fondos insuficientes". Pero nos rehusamos a crer que o Banco da Xustiza crebe. Rehusamos crer que non haxa suficientes fondos nas grandes bóvedas da oportunidade deste país.

Estou orgulloso de reunirme con vostedes hoxe, na que será ante a historia a maior manifestación pola liberdade na historia do noso país.

Fai cen anos, un gran estadounidense, cuxa simbólica sombra acubíllanos hoxe, asinou a Proclama da emancipación. Este transcendental decreto significou como un gran raio de luz e de esperanza para millóns de escravos negros, chamuscados nas chamas dunha marchita inxustiza. Chegou como un precioso amencer ao final dunha longa noite de cativerio. Pero, cen anos despois, o negro aínda non é libre; cen anos despois, a vida do negro é aínda tristemente lacerada polas esposas da segregación e as cadeas da discriminación; cen anos despois, o negro vive nunha illa solitaria no medio dun inmenso océano de prosperidade material; cen anos despois, o negro aínda languidece nas esquinas da sociedade estadounidense e atópase desterrado na súa propia terra.

Por iso, hoxe viñemos aquí a dramatizar unha condición vergoñosa. En certo sentido, viñemos á capital do noso país, a cobrar un cheque. Cando os arquitectos da nosa república escribiron as magníficas palabras da Constitución e da Declaración de Independencia, asinaron un pagarei do que todo estadounidense habería de ser herdeiro. Este documento era a promesa de que a todos os homes, seríanlles garantidos os inalienables dereitos á vida, a liberdade e a procura da felicidade.

É obvio hoxe en día, que Estados Unidos incumpriu ese pagarei no que concierne aos seus cidadáns negros. En lugar de honrar esta sacra obrigación, Estados Unidos deu aos negros un cheque sen fondos; un cheque que foi devolto co selo de "fondos insuficientes". Pero nos rehusamos a crer que o Banco da Xustiza crebe. Rehusamos crer que non haxa suficientes fondos nas grandes bóvedas da oportunidade deste país. Por iso viñemos a cobrar este cheque; o cheque que nos colmará das riquezas da liberdade e da seguridade de xustiza.

Tamén viñemos a este lugar sacro, para recordar a Estados Unidos de América a urxencia impetuosa do agora. Este non é o momento de ter o luxo de arrefriarse ou de tomar tranquilizantes de gradualismo. Agora é o momento de facer realidade as promesas de democracia. Agora é o momento de saír do escuro e abatido val da segregación cara ao camiño asollado da xustiza racial. Agora é o momento de facer da xustiza unha realidade para todos os fillos de Deus. Agora é o momento de sacar ao noso país das areas movedizas da inxustiza racial cara á roca sólida da irmandade.

Sería fatal para a nación pasar por alto a urxencia do momento e non darlle a importancia á decisión dos negros. Este verán, ardente polo lexítimo descontento dos negros, non pasará ata que non haxa un outono vigorizante de liberdade e igualdade.

1963 non é un fin, senón o principio. E quen tiñan a esperanza de que os negros necesitaban desafogarse e xa se sentirá contentos, terán un rudo espertar se o país retorna ao mesmo de sempre. Non haberá nin descanso nin tranquilidade en Estados Unidos ata que aos negros garántanselles os seus dereitos de cidadanía. Os remolinos da rebelión continuarán sacudindo os cimentos da nosa nación ata que xurda o esplendoroso día da xustiza.

Pero hai algo que debo dicir á miña xente que agarda no cálido limiar que conduce ao palacio da xustiza. Debemos evitar cometer actos inxustos no proceso de obter o lugar que por dereito nos corresponde. Non busquemos satisfacer a nosa sede de liberdade bebendo da copa da amargura e o odio. Debemos conducir para sempre a nosa loita polo camiño elevado da dignidade e a disciplina. Non debemos permitir que a nosa protesta creativa degenere en violencia física. Unha e outra vez debemos elevarnos ás majestuosas alturas onde se atope a forza física coa forza da alma.
A marabillosa nova militancia que envolveu á comunidade negra, non debe conducirnos á desconfianza de toda a xente branca, porque moitos dos nosos irmáns brancos, como o evidencia a súa presencia hoxe aquí, chegaron a comprender que o seu destino está unido ó noso e a súa liberdade está ligada á nosa. Non podemos camiñar sós. E ó falar, debemos facer a promesa de marchar sempre cara diante. Non podemos volver atrais.

Hai quen pregunta ós partidarios dos dereitos civís, “Cando quedarán satisfeitos?”

Nunca poderemos quedar satisfeitos mentres os nosos corpos, fatigados de tanto viaxar, non poidan aloxarse nos moteles das estradas e nos hoteles das cidades. Non poderemos quedar satisfeitos, mentres os negros só poidamos trasladarnos dun gueto pequeño a un máis grande. Nunca poderemos quedar satisfeitos, mentres un negro de Misisipí non poida votar e un negro de Nova York considere que non hai por que votar. Non, non; non estamos satisfeitos e non quedaremos satisfeitos ata que “a xustiza vaia coma a auga e a rectitude como unha poderosa corrente”.

Sé que algúns de vostedes viñeron ata aquí debido a grandes probas e tribulacións. Algúns chegaron recién saídos de angostas celdas. Algúns de vostedes chegaron de sitios onde na súa búsqueda da liberdade, foron golpeados polas tormentas da persecución e derribados polos ventos da brutalidade policíaca. Vostedes son os veteranos do sufrimento creativo. Continúen traballando coa convicción de que o sufrimento que non é merecido, é emancipador.

Regresen a Misisipí, regresen a Alabama, regresen a Xeorxia, regrese a Louisiana, regresen ós barrios baixos e ós guetos das nosas cidades do Norte, sabendo que dalgunha forma esta situación pode e será cambiada. Non nos revolquemos no val da desesperanza.

Hoxe lles digo a vostedes, meus amigos, que a pesar das dificultades do momento, eu aínda teño un soño. É un soño profundamente arraigado no soño “americano”.

Soño que un día esta nación levantarase e vivirá o verdadeiro significado do seu credo: "Afirmamos que estas verdades son evidentes: que todos os homes son creados iguais".

Soño que un día, nos vermellos outeiros de Xeorxia, os fillos dos antigos escravos e os fillos dos antigos donos de escravos, póidanse sentar xuntos á mesa da irmandade.

Soño que un día, ata o estado de Misisipí, un estado que se sufoca coa calor da inxustiza e da opresión, converterase nun oasis de liberdade e xustiza.

Soño que os meus catro fillos vivirán un día nun país no cal non serán xulgados pola cor da súa pel, senón polos trazos da súa personalidade.

¡Hoxe teño un soño!

Soño que un día, o estado de Alabama cuxo gobernador chospe frases de interposición entre as razas e anulación dos negros, convértase nun sitio onde os nenos e nenas negras, poidan unir as súas mans coas dos nenos e nenas brancas e camiñar unidos, como irmáns e irmás.

¡Hoxe teño un soño!

Soño que algún día os vales serán cumes, e os outeiros e montañas serán chairos, os sitios máis escarpados serán nivelados e os tortos serán endereitados, e a gloria de Deus será revelada, e unirase todo o xénero humano.
Esta é a nosa esperanza. Esta é a fe coa cal regreso ao Sur. Con esta fe poderemos esculpir da montaña da desesperanza unha pedra de esperanza. Con esta fe poderemos transformar o son discordante da nosa nación, nunha fermosa sinfonía de fraternidad. Con esta fe poderemos traballar xuntos, rezar xuntos, loitar xuntos, ir ao cárcere xuntos, defender a liberdade xuntos, sabendo que algún día seremos libres.

Ese será o día cando todos os fillos de Deus poderán cantar o himno cun novo significado, "O meu país é teu. Doce terra de liberdade, a tí cántoche. Terra de liberdade onde as miñas antesecores morreron, terra orgullo dos peregrinos, de cada costado da montaña, que repique a liberdade". E se Estados Unidos ha de ser grande, isto terá que facerse realidade.

Por iso, ¡que repique a liberdade desde a cúspide dos montes prodixiosos de Nova Hampshire! ¡Que repique a liberdade desde as poderosas montañas de Nova York! ¡Que repique a liberdade desde as alturas das Alleghenies de Pensilvania! ¡Que repique a liberdade desde as Rochosas cubertas de neve en Colorado! ¡Que repique a liberdade desde as sinuosas pendentes de California! Pero non só iso: ! ¡Que repique a liberdade desde a Montaña de Pedra de Xeorxia! ¡Que repique a liberdade desde a Montaña Lookout de Tennesse! ¡Que repique a liberdade desde cada pequeno outeiro e montaña de Misisipí! "De cada costado da montaña, que repique a liberdade".

Cando repique a liberdade e deixémola repicar en cada aldea e en cada caserío, en cada estado e en cada cidade, poderemos acelerar a chegada do día cando todos os fillos de Deus, negros e brancos, xudeus e cristiáns, protestantes e católicos, poidan unir as súas mans e cantar as palabras do vello espiritual negro: "¡Libres ao fin! ¡Libres ao fin! Grazas a deus omnipotente, ¡somos libres ao fin!"

Washington, DC
28 de agosto de 1963

16 abril 2008

O europeo máis vello




O europeo máis vello da historia viviu na serra de Atapuerca fai 1,2 millóns de anos, un dato sobre o que os científicos xa estaban traballando pero que corroborou o achado da súa mandíbula neste xacemento burgalés.


O primeiro homínido de Europa' recolle as principais conclusións do novo descubrimento do equipo investigador de Atapuerca, dirixido por Juan Luís Arsuaga, José María Bermúdez e Eudald Carbonell, e que se produciu o 30 de xuño de 2007.


Os científicos do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) de Burgos e do Institut Catalá de Paleoecología Humana i Evolució Social (IPHES) de Tarragona evidencian con multitude de probas a presenza de homínidos no sur de Europa nunha fase moi temperá do Pleistoceno Inferior.


A mandíbula foi atopada na cova denominada Sima do Elefante situada a uns douscentos metros do xacemento da Gran Dolina, onde en 1994 atopáronse os primeiros restos do Homo antecessor e a uns mil da Sima dos Ósos, onde se localizaron máis de 6.000 fósiles da especie Homo heidelbergensis.


Segundo informou o propio equipo investigador, o achado "confirma e reforza a teoría da antigüidade da presenza dos primeiros homínidos que chegaron a Europa".Así mesmo, xunto á cavidal fósil, a coñecida como T-9, atopáronse utensilios de sílex de tradición Olduwaiense así como especies de roedores que demostran o espazo temporal ao que pertence o achado.


A mandíbula conserva algúns dentes e a ela corresponde ademais un segundo premolar inferior que foi atopado dous días antes no nivel CHE-9, e que se presentou aos medios de comunicación o 29 de xuño de 2007. Este descubrimento foi crucial, do mesmo xeito que o deste novo fósil, porque fai retroceder en case medio millón de anos a chegada dos primeiros homínidos a Europa.


En canto á procedencia orixinaria do espécime, aínda por determinar, apúntase que a morfología da cara anterior da sínfisis, a rexión anterior da mandíbula onde se reúnen as ramas horizontais, é primitiva e recorda á de fósiles africanos do Pleistoceno Inferior atribuídos a Homo habilis e Homo rudolfensis, aínda que, polo momento, vinculouse provisionalmente ao Homo antecessor.


Os científicos cren "probable" que a primeira poboación europea proceda da rexión do Oriente Próximo, verdadeiro cruzamento de camiños entre África e Eurasia, e que estivese relacionada coa primeira expansión demográfica fóra de África que, na actualidade, está representada polos homínidos de Dmanisi. Os investigadores descubriron ata un total de 32 ferramentas de sílex que estes homininos posiblemente utilizaron para aproveitar a carne dalgúns grandes herbívoros, como mostran as marcas que os útiles líticos deixaron sobre algúns ósos animais.


Os científicos foron capaces de obter todas estas probas mediante a utilización dunha variedade de técnicas, como paleomagnetismo, biocronología e o estudo da descomposición radioactiva dos isótopos nos sedimentos.


Con este descubrimento podemos coñecer máis sobre a historia da orixe dos homínidos en Europa.

15 abril 2008

A fotografía: verdade ou mentira?

O famoso aserto de que unha imaxe vale máis que mil palabras non sempre se cumpre. O valor da fotografía como fonte de coñecemento histórico é hoxe amplamente recoñecido. Pero, ao igual que os textos, en ocasións vese sometida a falsificacións. A manipulación pode obedecer a fins propagandísticos ou ben nao desexo de ocultar a realidade dos feitos.
É un todo un exemplo o retoque da fotografía onde aparece Lenin arengando ás tropas diante do Teatro Bolshoi en 1920, durante a Guerra Civil. Ao pe da tribuna distínguese a outro dirixente histórico da Revolución de Outubro, León Trostky. A súa caída en desgracia tralo ascenso de Stalin fixo desaparecer a súa efixie da fotografía, tal e como se pode apreciar na segunda imaxe.




Un caso recente témolo no tratamento que algúns medios de comunicación están a ofrecer dos sucesos no Tíbet. Ocupado polos chineses desde 1950, o levantamento da población tibetana en marzo deste ano, encabezada polo clero, provocou unha forte represión por parte das autoridades chinesas e a conseguinte crítica en amplos sectores da opinión pública de Occidente, avivaba pola prensa que difundiu dramáticas imaxes da revolta. Nunha das fotografías, supostamente captada polos satélites dos servizos secretos británicos, aparecen soldados do Exército Popular chinés cos hábitos dos monxes tibetanos. A imaxe corroboraría as denuncias do Dalai Lama, que acusa ao exército de estar detrás das accións violentas atribuídas aos monxes. O periodista Michael Collon desvela a mentira mediática que rodea a imaxe. A fotografía, procedente dunha web independentista tibetana, foi tomado en 2003 e pertence ao rodaxe dunha película onde os soldados chinese fixeron de figurantes ante a negativa dos monxes a participaren na mesma. Ningún dos medios que divulgaron a imaxe desmentiron o contido da mesma.



Presentación da revista Hume

O pasado 28 de marzo a Asociación de Estudos Históricos e Sociais “Hume” presentou o primeiro número da súa revista.A revista conta cun primeiro artigo,facendo unha semblanza do cura don Enrique Rivera Rouco (por José María López Ferro) un segundo relacionado coa ponte dos ferros (por Carlos Breixo Rodríguez), un terceiro que trata sobre a igrexa parroquial das Pontes (por Francisco Xabier Martínez Prieto), un cuarto sobre o xornal independente, La Unión, que houbo na nosa vila (por Xosé María López Fernández) un cuarto relacionado coa etnografía (realizado polo equipo de etnografía da Asociación, Nieves Seijo, Fina Blanco e Jose María López Ferro) e un quinto artigo relacionado co corto O reflexo da lembranza (por Roberto Rego). Á presentación foi levada a cabo por Xabier Martínez, presindente da asociación, Carlos Breixo,historiador e Carlos de Castro, lincenciado en historia e membro da directiva de Cátedra. Ao acto asistiu un numeroso público.
Os exemplares da revista Hume pódense adquirir nos quioscos e librarias da nosa localidade por 5 €.

En dito acto entrevistamos aos membros da presentación.
Entrevista a Xavier Martínez, presidente da Asociación de Estudos Históricos Hume e párroco
PREGUNTA: -A publicacion da revista Hume cumpre unha vella ilusión,como se sente?
RESPOSTA: -Pois éche interesante, un momento moi interesante de iniciar un camiño, un camiño a onde se chegou despois do traballo de cinco anos,é un camiño pois de iniciar unha publicación que represente as inquedanzas da historia dunha vila, das Pontes
P: -Que vai representar esta revista para a nosa vila?
R: -Pois un medio que exprese a súa historia,que vaia un pouco creando esa conciencia, que ademais recolla,ter un recollido das revistas da historia anteriores, que eran as revistas das festas,especialmente, como elas foron recollendo e foron sendo cronistas da vila.Esta revista pois sexa unha crónica na que todos participemos e fagamos posible que esa historia siga recolléndose,siga emitíndose e dándose a coñecer para revalorizar o que son as raíces propias da xente das Pontes.
P: -Haberá máis publicacións desta revista?Con que periodicidade?
R: -A revista esta pensada para unha peridicidade anual, haberá que manter agora a fidelidade e que todos os anos en marzo vaian saíndo os seus números e haberá máis publicacións posto que ten o obxectivo de ser como o son noutras vilas: como Cátedra en Pontedeume,coma revistas en Betanzos, como revistas noutros lugares de Galicia. Que as Pontes teña tamén ese espazo,onde teña unha revista fixa con periodicidade, entrega e ademais aberta á participación de mozos e estudantes da historia e xente efecionada que vaia recollendo e tendo lugar de expresión
P: -Cal é a situación actual do noso Patrimonio histórico?
R: -É un patrimonio que chega ata aquí cunhas desfeitas tremendas, terribles, que chega cunha valoración moi grave, e que chega despois de terse feito un impacto de destrución, e forte dende o que foi a empresa,dende o que foi a memoria, o que foi a modernización, o que é a modernidade nunha vila, na que a modernidade é historia,e estivo moi fortemente unida e segue moi fortemente unida.Un bo exemplo témolo no círculo lítico da Mourela, o desaparecido hai pouco, témolo tamén en moitas pezas escavadas e atopadas no que é a mina ata o día de hoxe e que non están aí, que desapareceron das fundacións,das facultades e que non están catalogadas nin inventariadas e que se decoñecen.Ante eso atopámonos nun momento, no que xusto cando se pecha a mina das Pontes, aparece un crocodilo de hai uns millóns de anos, algo que é moi sospeitoso que apareza precisamente neste momento e que en tantos anos de escavación, nunca se dese noticia absolutamente do achádego de nada,isto é
algo moi sospeitoso e que nos amosa cal foi a situación do que se puido haber atopado durante moito tempo.
P: -Que cre que se debería facer por el?
R. -Eu creo que deben e é a obriga das autoridades, da creación dun museo, e a creación dun lugar, dunha memoria e dunha catalogación seria, coidada e de preservación que é algo que é de xustiza e é máis,paréceme que por parte da empresa nunca se deixou a As Pontes por rehabilitada, algo que a empresa foi de impacto, non quedou unha huella do que eles deberan. Deixar un lago, e dentro de anos iso será un pufo para o mantemento dun concello, non é precisamente unha herdanza axeitada , a herdanza axeitada sería deixar un museo, deixar unhas pezas e deixar unha memoria.
Entrevista a Carlos Breixo, investigador histórico
P: -Como pensa que vai repercutir a Revista Hume para a vila das Pontes?
R: -Bueno, eu penso que unha revista cando nace é como unha semente que se bota nun terreo que ata esa data estaba hermo.Espero e desexo que medre e que saque froitos.Neste primeiro número,pois se ben sae e hai algúns que están na asociación que din que é algo humilde, mais eu polos artigos que van e polas ganas que se lles puxo, augúrolle moi bo futuro.Antes desta naceron outras e tamén cando naceron eran unhas revistas humildes e hoxe,pois o caso de Cátedra de Pontedeume,Estudos Mindonienses ou Crónicas Nedenses, por poñer un exemplo.O meu desexo para esta revista pois é que teña un futuro prometedor e xa veredes como para os anos vindeiros vai engordar, vai aumentar en cantidade e calidade.
P: -O seu artigo trata sobre a ponte dos Ferros principalmente.Que relación ten esta ponte co nome da vila?
R. -Bueno, pois cando aparecen os primeiros documentos escritos aló polo século XIII sobre este territorio xa se coñece co nome de Pontes e,ademais, en plural, con diferencia da vila de Ponte d´ Hume que era en singular e esa ,evidentemente, ata foi confundida por varios investigadores. Entón o nome esta clarísimo que lle provén das pontes que houbo aquí, que non houbo máis nomes, xa que había tres(pontes). Logo, posteriormente xa a finais do século XVI cando se lle deu o señorio da vila a García Rodríguez de Valcarce pois engadíuselle, digamos o alcume e pasou a chamarse As Pontes de García Rodríguez.
P: -Que importancia ten a vila, como casco histórico, nas Pontes?
R: -Bueno eu sorprendinme gratamente, hai dous ou tres anos xa cando vin por primeira vez facer unha investigacion a pé do patrimonio que hai no que é o casco histórico das Pontes que moitísima xente non coñece porque simplemente pasa por As Pontes pero non entra nela. Para eso hai que meterse no que é a zona próxima á igrexa parroquial ou entrará pola ponte dos ferros onde estaba a torre-fortaleza da vila,a adentrarse polas rúas das zonas onde estaban o muíño do Rilón e demais, o hospital de San Xoan. Solamente con ver iso, pois unha persoa que sexa amante da historia, que teña uns coñecementos non fai falla nin sequera que sexan demasiado profundos, solamente con eso xa é dabondo para valorar a importancia deste casco histórico que espero e desexo que sexa ben tratado de aquí a diante é dicir que os ponteses sexan capaces de recoñecer o que teñen.
P: -Pensa vostede que o concello debera revalorizar esta zona, é dicir, darlle máis importancia e coidala a nivel urbanístico e incluso paisaxístico?
R: -Bueno, por suposto que si. A parte que o Patrimonio é algo que nos deixaron os nosos pais e creo que os nosos pais coidárono moito e inda que nos parece que o que é o casco historico dunha rúa pode ser de todos, é dicir,nese todo tamén estamos nosoutros, eu recordo que se visitamos algúns países como pode ser Francia ou Alemaña veremos por exemplo uns cascos históricos que son auténticos modelos, é dicir os franceses e os bretóns están orgullosos das súas vilas e das súas cidades e non se lles ocorre maltratalas, en Normandía pasa outro tanto do mesmo e en moitísimos máis lugares e en Galicia pois bueno, debido a unha serie de circunstancias de todo tipo: históricas, socio-económicas… parte dese patrimonio está esquecido e está deteriorado e maltratado.Espero e desexo que o concello das Pontes saiba revalorizalo e que os veciños das Pontes teñan a suficiente capacidade para facer que o concello retome esa laboura e o faiga pois, como se merece.
P: -Está a facer algunha investigación sobre a nosa historia das Pontes?
R: -Bueno, hoxe a vista do que acabo de ver e de escoitar aquí pois mais aínda, que agora mesmo teño documentanción relativa á vila das Pontes do século XVI, sobre todo á casa de Solloso no Freixo que xa se escoitou o vínculo da casa de Solloso no século XVI a mediados e entón posiblemente para o ano que ven sexa ese un artigo pois que bueno, da casa de Solloso saíron persoeiros de calidades importantes que porta Viveiro e ten unha historia interesante e ademais hai un casal aí dos restos do que foi a casa- torre que son igualmente interesantes e que a xente debe coñecer.
Entrevista a Carlos de Castro, licenciado en Historia e membro da directiva da revista Cátedra (nado en Palencia e casado cunha galega)
P: -Como xorde a revista Cátedra?Cales son os seus obxectivos?
R: -Bueno pues la revista Cátedra surge, en primer lugar de una serie de amigos, ligados a la biblioteca que están interesados por la historia en una villa donde tiene una gran tradición tener un gran caldo de cultivo donde existía Couceiro Feijomil que había escrito una obra sobre Pontedeume y con ese punto de partida para progresar en el estudio de la historia local que ya había iniciado Pontedeume pues decidimos que era necesario fundar una revista que nosotros llamamos Cátedra. La cátedra es de alguna manera un sitio desde donde se dice algo, la llamamos cátedra porque precisamente la sede era la cátedra de la actividad de Pontedeume. Bueno pues un poco por eso, las inquietudes de un grupo de personas que vivían en una villa con un pasado histórico muy rico como Pontedeume.
P: -Que representa para Cátedra apadriñar a revista Hume?
R: -Pues la verdad que representa casi reconocer que hemos alcanzado la mayoría de edad ,fijate que ya podemos apadrinar, para apadrinar hay que tener años y nosotros ya tenemos quince años entonces representa… bueno, nos sentimos orgullosos, ahora ya nos llaman, hasta ahora hemos estado nosotros llamando. A nosotros nos han llamado, significa que nos conocen, que nos reconocen y la verdad es que es un orgullo venir aquí a apadrinar esta revista.
P: -A revista Cátedra leva xa catorce entregas, iso representa unha experiencia e unha sona en toda a comarca.Que pensa da divulgación dos estudos históricos neste tipo de revistas?
R: -Pues que es fundamental, la historia local es una modalidad de la historia pero es una necesidad que tiene la gente que vive en un determinado lugar, es decir tenemos patrimonio artístico, a veces no muy importante, tenemos personas que no son muy importantes a nivel nacional ni a otros niveles de la historia y que nosotros queremos conocer y no va a venir aquí ningún catedrático de univeridad ni una persona muy importante para que nosotros sepamos de esta persona. Lo tenemos que hacer nosotros y eso es lo que hacemos, debemos de conocer el patrimonio aunque no tenga un gran valor a nivel nacional , debemos conocerlo para difundirlo, para valorarlo y para cuidarlo. Si no lo conocemos, pues malamente podemos valorarlo y podemos cuidarlo y podemos venderlo también cara el exterior en una sociedad en la que a alcanzado un alto nivel de vida y demanda otra serie de cosas y entre ellas demanda cultura ,etc.
P: -A historia da comarca de Pontedeume está relacionada coa historia da comarca das Pontes,incluso o noso río Eume é tamén o río de Pontedeume.Non pensa vostede que debera promocionarse moito máis as relacións As Pontes-Pontedeume?
R: -Bueno, pues quizás sí, sí. Yo me acuerdo que un día di una conferencia , el título me parece que era La historia y arte de la Comarca del Eume y después de haber dado la conferencia ,una persona se levantó y me dijo: “Si, pero la verdad es que no has hablado nada de As Pontes”. El río Eume, el mar une y articula la comarca, pero en realidad forman dos comarcas distintas, desde el punto de vista oficial están unidas, pero desde el punto de vista histórico no han estado unidas, ambas poseen personalidad propia, As Pontes es un concello interior, compacto, ligado a otra casa ,la de Rodríguez de Valcarce ligado al obispado de Mondoñedo…. Hay una serie de características comunes pero bueno, esto no quita que cada una tenga sus propias características ,aunque se pueden establecer lazos, lazos de otro tipo, podíamos organizar conjuntamente un congreso de historia local ,no de historia local de Pontedeume ni de As pontes sino historia local a nivel Galicia, reflexionar lo que supone la historia local y que es lo que queremos hacer y hacia donde queremos ir, es decir, podría haber lazos pero forman desde el punto de vista histórico evidentemente dos comarcas distintas, próximas y con contacto, pero distintas.

Apoloxía da Historia

En 1942, durante a súa permanencia no cárcere, prisioneiro dos nazis coa ocupación de Francia, o historiador Marc Bloch escribíu a súa Apoloxía da Historia ou o oficio de historiador. Comezaba a súa exposición cunha sinxela pregunta que puña en boca dun neno: Para que serve a historia? Buscando unha resposta a esta pregunta crucial, Bloch aportaba a seguinte reflexión:Nun mundo que acaba de abordar a química do átomo, que comeza a sondar apenas o segredo dos espazos estelares, non noso pobre mundo que, xustamente orgulloso da súa ciencia, non logra, sen embargo, crearse un pouco de felicidade, as longas minucias da erudición histórica, farto capaces de devorar toda unha vida, merecerían seren condenadas como un absurdo malgaste de enerxías case criminal se non conduciran máis que a revestir cun pouco de verdade un dos nosos sentimentos. E apelaba ao pracer estético e ao divertimento como móbil nas nosas búsquedas. O filósofo Leibniz recoñecía tamén que cando se apartaba dos estudos das Matemáticas para mergullarse na lectura dunha antiga crónica lle invadía un sentimento de voluptosidade de aprender cousas singulares.
En busca desa voluptuosidade iniciamos desde esta bitácora a nosa andaina. E nada mellor que comezar cun poema que é toda unha declaración de intencións.


Quen construíu Tebas, a das Sete Portas?
Nos libros figuran só nome de reis.
Seica arrastraron eles os bloques de pedra?
E Babilonia, mil veces destruída,
Quen a volveu a levantar outras tantas?
Quen edificaron a dourada Lima, en que casas vivían?
Onde foron a noite en que se terminou a Gran Muralla, os seus albaneis?
Chea está de arcos triunfais
Roma a grande.
Quen os levantou?
Os seus césares, sobre quen triunfaron? Bizancio,
tantas veces cantada, para os seus habitantes, só tiña palacios?
Ata na lendaria Atlántida, a noite en que o mar tragoulla, os que se afogaban pedían bramando,
axuda aos seus escravos. O mozo Alejandro conquistou a India.
El só?
Cesar venceu aos galos.
Non levaba sequera a un cociñeiro?
Felipe II chorou ao saber a súa flota afundida.

Non chorou máis que el?
Federico de Prusia gañou a guerra dos Trinta Anos.
Quen a gañou tamén?

Un triunfo en cada páxina.
Quen preparaba os festíns?
Un gran home cada dez anos.
Quen pagaba os gastos?

A tantas historias
Tantas preguntas.


Berthold Brecht