Xa está aquí un novo curso! Pero… sabemos como eran as primeiras escolas no mundo occidental? Como eran as escolas na Grecia Clásica?
Os nenos e as nenas na Grecia Clásica eran educados de forma diferente, pois anos máis tarde o seu papel na sociedade sería ben distinto.
A nena limitarase a xogar cos seus bonecos e a aprender da súa nai as destrezas de fiado e texido.
Nembargantes o neno aos sete anos dirixirase á casa do maestro acompañado dun escravo de confianza onde, xunta outros poucos rapaces, realizarán unha serie de actividades. O mestre organiza o que hoxe chamaríamos clases particulares en grupos reducidos.
Tres son os bloques sobre os que se constrúe a educación dun mozo grego:
Lingua, literatura e aritmética: o alumno aprende a ler, a escribir e algunhas nocións elementais de aritmética. Máis adiante, introdúcese ao alumno en xeometría e debuxo. Cando xa é capaz de ler con soltura e fluídez, o neno comeza a coñecer obras dos grandes clásicosda literatura, en especial de Homero, aprendendo de memoria fragmentos da Ilíada e da Odisea e comentándoos sobre todo dende o punto de vista filosófico e literario.
Música: Os gregos foron sempre amantes da música. Os nenos aprendían a cantar e a tocar a cítara mentres recitaban. A frauta (moi común nos nosos colexios) non era moi apreciada polos gregos. Aínda así, o que se buscaba non era tanto unha educación musical senón que o rapaz chegara a ser un home sensible e fino na medida do posible.
Educación física: o alumno realizaba exercicios físicos de progresiva dificultade adquirindo destrezas básicas de loita, salto, lanzamento de disco...
Deste modo, a mente, o espírito e o corpo do neno crecían en harmonía e equilibrio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario