28 enero 2010

A Enciclopedia de Diderot e D´Alambert.

Ten a súa aparicion entre os anos 1751-1772 con un conxunto de 17 libros editados en París,Francia,por Denis Diderot e Jean Le Rond d´Alambert para difundir as ideas da Ilustracion francesa.De feito a filosofía que difunde identifícase co afán de crítica, ou de aplicar a «luz» da razón, a todos os campos do saber, en especial a aqueles en que se pon de manifesto de forma máis directa a concepción político-social e relixiosa da época.


A diferenza fundamental entre as enciclopedias antigas e as modernas está en que aquelas perseguen conservar os coñecementos dunha época e estas máis ben difundilos; unhas e outras, no entanto, manteñen a característica común da falta de orixinalidade.

Diderot pediu a colaboración de d´Alembert, quen se encargou de redactar o Discurso preliminar. Nel d´Alembert presenta a Enciclopedia como un sistema de todos os coñecementos humanos; ao ser estes inabarcables, busca unha maneira de representalos en síntese e, para iso, segue a clasificación da «árbore do chanceler Bacon», que divide a actuación das facultades intelectuais e fabrís do home en facultades de memoria, razón e imaxinación.

O primeiro volume aparece en 1751; a súa publicación suspenderase en 1752, tras a publicación do segundo volume, e en 1759, cando d´Alembert retírase do proxecto e suprímense os permisos de publicación concedidos. A partir desta data, publicados sete volumes, Diderot prosegue só a edición de dez volumes de texto e catro de índices ata 1765 e, posteriormente, catro volumes máis de índices ata 1772. Colaboran na obra Rousseau, Voltaire, Duclos, Holbach, Quesnay, Turgot, Toussaint e outros escritores e philosofos ilustrados.

A Enciclopedia foi considerada pola historia como o aparador das ideas da ilustración francesa e unha das obras máis libres do espírito humano.



Diderot:

Foi un dos creadores da enciclopedia e filósofo francés, tamén autor de novelas, ensaios, obras de teatro e crítica artística e literaria. Diderot naceu en Langres o 5 de outubro de 1713 e estudou cos xesuítas. En 1734 trasladouse a París e viviu dez anos como titor mal pago e escribindo para outros escritores. A súa primeira obra importante, publicada anonimamente, foi Pensamentos filosóficos (1746), onde explica e afirma a súa filosofía deísta.

En 1747 recibiu a invitación de editar unha tradución francesa da Cyclopaedia inglesa de Ephraim Chambers. Diderot, en colaboración co matemático Jean lle Rond Alembert, converteu este proxecto nunha inmensa obra de nova redacción que abarcaba 35 volumes, Enciclopedia ou dicionario razoado das artes e os oficios.Diderot empregou a Enciclopedia como unha poderosa arma de propaganda contra a autoridade eclesiástica, a superstición, o conservadurismo e a orde semifeudal da época. En consecuencia, Diderot e os seus colaboradores convertéronse no albo das críticas clericales e reais.

A abundante obra de Diderot inclúe as novelas A relixiosa (1796), unha crítica da vida conventual, O sobriño de Rameau (1761), unha sátira da sociedade contemporánea e o seu hipócrita moral, traducida ao alemán por Goethe, e Jacques o fatalista (1796), onde analiza a psicoloxía do libre albedrío e o determinismo. Cartas sobre cegos para uso dos que ven (1749), trata de como aprenden os cegos, mentres que o diálogo dramático-filosófico O soño de D'Alembert (1830) contén as súas teorías materialistas.Póstumamente, entre outras obras, publicouse unha das súas máis inquietantes consideracións: O paradoxo do comediante (1830).

Diderot gozou do mecenado ilustrado da raíña Catalina a Grande de Rusia e exerceu unha notable influencia noutros pensadores da ilustración en Europa. Morreu en París o 30 de xullo de 1784.




Jean Le Rond d´Alambert:

Naceu en París en 1717 e morreu tamen nesta cidade en 1783.Físico,matemático e filósofo francés.As suas precoces publicacións sobre calculo integral valeronlle para ingresar na Academia das Ciencias de París cando tiña 24 anos.
Xunto con Diderot dirixiu a Enciclopedia,compendio do saber do seu tempo que deu nombre a este tipo de obras asta os nosos días; o propio D´Alambert redactou en 1751 o "Discurso preliminar",no cal apuntaba o enfoque xeral da obra, ligado a filosofía das "Luces".
Tamén foi creador doutras obras como "Tratado de dinámica" (1743), que deu pé a "Tratado del equilibrio y movimiento de los fluidos" (1744); "Investigaciones sobre la precesión de los equinoccios" (1749).
O seu pensamento resulta unha síntesis entre o racionalismo e o empirismo, que subliña a unidade do saber e a fé no progreso da humanidade a través das ciencias,unificadas por unha filosofía desprendida de mitos e creencias trascendentais, unificadora dos diversos saberes, sistema racional das relacións entre principios e fenómenos, vendo en estes últimos o funcionamento do coñecemento.

































No hay comentarios: