07 febrero 2010

Vamos a falar sobre o nacionalismo e o celtismo galego:



Debémonos retomar ata 1840 para atopar o primeiro grupo de intelectuais galegos que se unen coa finalidade de lograr o recoñecemento dunha provincia única para Galicia.

Contaron cunha importante red propagandística formada por unha quincena de periódicos que exaltaban os elementos célticos do pobo galego.



Tanto historiadores coma escritores defendian a importancia do celtismo e druidismo (a relixión dos pobos celtas) e investigaban as orixes gaélicas do idioma galego.

Un confeso revolucionario, Antolín Faraldo, dirixiu co apoio de varios xefes militares unha revolución galeguista que finalmente foi derrotada e os seus dilixentes fusilados o 26 de abril de 1846.Dende entón, esta é unha data de referencia para os movementos nacionalistas Galegos.



Pero temos que esperar casi corenta anos para que renacera de novo o espirito nacionalista da man de escritores como Manuel Murguia ou Eduardo Pondal (verdadeiros iniciadores do ideario galeguista de raiz céltica). Precisamente, Murguia funda unha tertulia ('Cova Céltica') onde se reúnen apasionados nacionalistas,todos eles estudiosos do celtismo, a arqueoloxia, a relixion...



Influido polo libro das invasións, unha serie de relatos celtas, Murguia buceaba pola arqueoloxia e tradicións galegas na busqueda dunha identidade celta.

A súa enciclopedia 'Obra Histórica de Galicia' é unha mostra. Para Murguia os Celtas eran os creadores da civilización occidental. Nos seus estudos cree atopar certas similitudes entre Galicia e entre outras nacións celtas, por exemplo similitudes entre os nomes destas nacións.



Na antigüidade críase que toda Galicia era celta, máis estaban equivocados; non só houbo pobos celtas en Galicia, senon tamén vikingos, romanos e suevos, os que fixeron posible a creación da nosa lingua (o galego).



¿Pero por que se lles da tanta importancia aos celtas?

Porque foi unha civilización tan forte que os romanos non conseguiron eliminar toda-las súas costumes e a súa cultura,facendo que se fusionaran estas duas dando lugar á cultura Galaicoromana.



O Celtismo deu lugar ao actual nacionalismo, o cal foi prohibido durante a ditadura de Franco, tivose que esperar á transición da democracia para formar un novo partido nacionalista.

Agora mesmo o nacionalismo en Galicia non está no seu mellor momento, os nacionalistas intentan fomentar o galego mediante folgas, as que non sabemos todavía se terán efecto.




Por: Natalia López e María Franco.

No hay comentarios: