12 diciembre 2008

EXPOSICIÓN SOBRE O NEORREALISMO EN FERROL

O pasado mércores 19, os alumnos de Historia, fumos ver unha exposición neorrealista. Trátase da mostra “Neorrealismo. La Nueva imagen en Italia 1932-1960” que organiza a fundación Caixa Galicia, esta exposición fainos ver, mediante máis de 200 fotografías, o longo e difícil período polo que pasou a poboación italiana.



A exposición comeza con fotografías de principios dos anos 30, cando Mussolini comeza a súa campaña política usando precisamente a fotografía como medio de amosarlle ás masas esa nova Italia que pretendía conseguir coa súa política dictatorial. En contraposición a esta "publicidade" enganosa xorden un grupo de fotógrafos que tentan captar a realidade diversa que se lles presenta ante os seus ollos, coma a desigualdade, a fame, a pobreza...en conclusión, as pegadas da posguerra.

Aparte desta exposición tamén se poden visionar películas que reflicten esa realidade, con exemplos realizados polos grandes representantes do Neorrealismo.
Para ver a información completa ide a este enlace:

http://www.fundacioncaixagalicia.org/portal/site/Fundacion/menuitem.7cbf48d1cc34eec4523d2307805101ca/?vgnextoid=f41d930532c8c110VgnVCM1000000b1510acRCRD&vgnextfmt=extra

Contaremos como foi a nosa visita. Comezamos por unhas fotografías nas que se pretendía resaltar a gloriosa situación que experimentaba Italia baixo o réxime autoritario Mussolini, porque se dera conta os fotógrafos de que podían dar unha imaxe de prosperidade e progreso económico mediante unhas "manipuladas" fotografías, como podían ser: traballadores contentos ou con cara de orgullo, a inauguración de obras públicas, masas alabando a figura do ditador italiano, etc. Pero despois, dase o paso á realidade máis dura que nace en contraposición a estas enganosas imaxes, onde se representa a vida cotiá e a miseria producida pola guerra e as súas desfeitas, vendo reflexadas cidades derrubadas, nenos en deplorables situacións, mulleres chorando, etc. Hai que facer unha aclaración, todas estas fotografías non viron a luz ata pasado o réxime de Mussolini, así que situandonos historicamente estaríamos rondando o principio dos 50 máis ou menos, cando foi o verdadeiro auxe deste movemento. Os fotógrafos deixaron as cidades como escenario trasladándose aos pequenos pobos italianos para desmitificar a imaxe dunha Italia sempre próspera, relatar a probreza e as penurias da guerra, fotos tan curiosas como un porco que habita no mesmo cuarto que as persoas(usábano para darse calor), unha muller levando lousas na súa cabeza para reconstruír o seu pobo, e facemos mención especial a unha que nos gustou especialmente, unha muller embarazada amasando un bolo de pan, que representaba unha visión de esperanza entre todo o desastre que se apreciaba.
Como todo o que sube e baixa, o neorrealismo comezou a quedar obsoleto, chegados a este punto, os fotógrafos cuestionábanse que facer, se seguir reflexando a realidade ou ben tirar por outros camiños, finalmente, moitos destes fotógrafos decidirom seguir por un camiño máis estético, sen deixar o neorrealismo, pero xa con imaxes moito máis rebuscadas e forzadas para acadar os resultados que querían, incluso chegando á abstracción, polo que esta última parte da exposición eran fotografías con moito contraste no que se pensaba moi ben a contraposición de horizontalidade e verticalidade, o xogo de tonalidades, etc, etc.

O NEORREALISMO ITALIANO

O neorealismo italiano foi un movemento cinematográfico surxido na segunda posguerra mundial. E os seus principais representantes foron Roberto Rossellini, Luchino Visconti e Vittorio de Sica.
O movemento veu dado por un grupo de críticos cinematográficos que formaban a revista Cinema, e o que facían era criticar ás películas que destacaban nesa época. O que algúns críticos pensaban era que as películas debían inspirarse nos escritores realistas de principios de século, xa que as que dominaban eran dunha baixa calidade.
Os chamados neorrealistas víronse influenciados polo realismo poético francés. E, tamén, moitos directores neorrealistas maduraron traballando en películas caligrafistas.
Este movemento pasou a ser globalmente coñecido por primeira vez con Roma, città aperta,en 1945, que foi a primeira película importante realizada en Italia despois da guerra, na que se reflexaba claramente a loita pola existencia á que os italianos estaban sometidos cada día baixo a ocupación alemá de Roma. Os nenos xogan un papel importante na película, e a súa presenza ao final dela é indicativa do seu papel xeral no neorrealismo: como observadores da dificultade do mundo de hoxe e que deles depende o futuro.
As principais características son:
Tramas ambientadas nos sectores máis desfavorecidos.
Importante presenza de actores non profesionais entre os secundarios, e ás veces, incluso entre os protagonistas.
Reflexan a realidade económica e moral da Italia da posguerra.
Reflexión sobre os cambios nos sentimentos e nas condicións de vida.
As películas rodábanse no exterior, co fondo que deixou a guerra.
O seu obxectivo principal era plasmar a realidade da guerra. Un cine, cun claro contido social.


Aquí vos deixamos un vídeo con exemplos, neste caso de películas neorrealistas:



No hay comentarios: