29 abril 2010

A GUERRA DAS TRINCHEIRAS


A Primeira Guerra Mundial comenzou no ano 1914 có asesinato do archiduque Francisco Fernando de Austria - Hungría. A etapa que antecede á Guerra das Trincheiras foi a Guerra de Movementos, na que a igualdade de forzas levou a un estancamento das tropas,feito que deu o inicio a Guerra de Trincheiras no ano 1915 e que durou ata 1917, cando Estados Unidos uniuse ó exército aliado. Esto provocou unha nova estratexia de combate por parte dos aliados: a segunda guerra de movementos, que deu fin a este enfrontamento. Os aliados habían ganado a guerra.

Os exércitos levantaron unha barreira de armados,para impedir o avance do inimigo,e protexíases en gabias escavadas,as trincheiras, na que os soldados vivían apiñados entre ratas,o frío intenso, a humidaded e o fango.

Durante esta etapa, usábanse elementos como gases asfixiantes, metralladoras e aramados provocando unha gran cantidade de mortos.

A fins do inverno de 1916, os alemáns concentraron todo o seu poder bélico na fronte de Verdún, o bastión máis poderoso da defensa francesa. Sucedéronse catro meses de ataques ininterrompidos, pero os franceses resistiron os embates ata que o exército alemán decidiu por fin á ofensiva. Por desgraza, para ese entón xa morreran 275 mil soldados franceses e 240 mil alemáns.

No verán de 1916, os aliados volveron atacar nunha contraofensiva ao longo do río Somme. No entanto, a pesar de introducir o tanque como nova arma de combate, non puideron romper as filas inimigas. Así, a guerra de trincheiras transformouse nunha matanza que só nos primeiros 16 meses custou a Francia preto de 600 mil homes, e non se albiscaba unha pronta solución.











No hay comentarios: