O Incidente de Fachoda ou Crise de Fachoda, é o nome co que se coñecen os episodios que tiveron lugar entre 1898 e 1899, cando Francia e Gran Bretaña decidiron contruír liñas de ferrocarril destinadas a conectar as súas respectivas colonias africanas; Francia de oeste a leste e Gran Bretaña de norte a sur. A pequena cidade de Fachoda, en Sudán, situada onde as duas liñas se cruzaban, convértese no escenario da confrontación entre franceses e ingleses. Para abrir camiño e defender as súas posicións os franceses enviaron dende o Oeste un exército ao mando do comandante Marchand, mentres que os británicos fixeron o mesmo con tropas incorporadas dende Exipto ao mando do xeneral Kitchener.A situación bélica no plano naval era favorable para Gran Bretaña, que contaba coa mariña de guerra mellor armada do mundo mentres a frota de guerra francesa non tiña unha boa organización e posuía unha menor potencia nos seus barcos. Certamente o exército francés era entón máis numeroso e mellor armado que o británico, pero este factor era de escasa importancia en caso dunha guerra colonial lonxe da metrópole, onde era indispensable contar cun grande apoio naval para transportar tropas.
A superioridade naval británica foi considerada polos políticos franceses como un elemento disuasivo moi importante, o cal xerou que o goberno francés ordenase ás súas tropas a retirada o 3 de novembro de 1898, dando fin ao incidente. Xunto con isto, diversos políticos franceses como o ministro de asuntos exteriores, Théophile Delcassé, consideraran que para os intereses de Francia era máis conveniente contar co apoio de Gran Bretaña en caso de guerra con Alemaña, e non desexaban danar unha posible alianza só por causa dun lugar de África onde Francia chegara tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario