24 abril 2008

Historia dun artilleiro de Napoleón perdido nos montes galegos

O xoves, día 17 de abril, foi presentada na Biblioteca Municipal de Pontedeume a última novela da escritora Beatriz Martínez Millarengo, O de Millarengo. Historia dun artilleiro de Napoleón perdido nos montes galegos. A obra, escrita orixinalmente en castelán e editada agora en galego, resultou finalista do premio Fernando Lara de novela. O argumento está baseado nun episodio trancorrido nas terras do Eume durante a Guerra de Independencia, evento que cumple este ano o seu bicentenario.
No inverno de 1809 un escuadrón de cabaleiría francés do corpo de exército comandado polos mariscales Soult e Ney, que avanzaban cara a A Coruña trala procura do exército británico do xeneral sir John Moore, é atacado por unha partida guerrilleira nas proximidades de Pontedeume. Entre os supervivintes atopábase un xove artilleiro, que foi recollido no monte Breamo por unha muller de Doroña, no concello de Vilarmaior. O seu marido era un dos membros da partida e o fillo combatía nas tropas do marqués de la Romana. Co desexo de que, no caso de caeren en mans do inimigos, fosen ben atentidos, a muller decidiu ofrecerlle ao mozo francés refuxio nun muíño no lugar de Millarengo, na parroquia de Doroña, nome co que a partir dese momento foi coñecido o francés.
Despóis da súa liberación o mozo francés volveu a Francia, regresou tempo despóis a Galicia, onde acabou instalándose. Nunha fascinante procura das súas orixes, Beatriz Millarengo reconstrúe a historia familiar e os vínculos que lle unen a aquel soldado francés perdido nos montes de Galicia.

No hay comentarios: