29 abril 2010

Tortura no Antigo Réxime

No sistema penal do antigo réxime, a tortura era unha práctica moi común e tamén era un elemento básico do procedemento por que non só servía de castigo do delito cometido, senón que tamén servía como proceso investigador. Este proceso tiña a finalidade de facer declarar o acusado a verdade sobre o crime.

Foron necesarios moitos séculos de loita ideolóxica por parte de representantes do pensamento Ilustrado como Montaigne, Montesquie, Beccaria ou Voltaire e un cambio nas estruturas políticas e xudiciais para que estas practicas que parecían do mais normal, pasasen a ser algo intolerable. Os reformadores criticaban o exceso de castigos e unha aplicación moi irregular:

  • Os oficios de xuíz véndense.
  • Confusión entre lexisladores e o administrador da xustiza.
  • Privilexios que volven desigual o exercicio da xustiza.
  • Irregularidade nas instancias encargadas do cumprimento da xustiza: hai unha xustiza para os relixiosos, tribunais especiais para os poderosos, a policía ten funcións xudiciais, o poder do rei.

A multitude de instancias estórbanse unhas a outras a causa das pelexas internas de competencias, os intereses de cada persoa, políticos, económicos. A acusación ten moito poder, o acusado está indefenso. Os homes do rei teñen tamén un gran poder e o rei podía intervir en todos os procesos como cédula de perdón (abolición, remisión ou conmutación de penas) e por medio de cartas-ordes podía ordear o internamento arbitrario nunha carcel do Estado. As razóns da reforma son:

  • Novas técnicas de castigo
  • Novos principios reguladores
  • Estender a arte do castigo universalmente
  • Homoxeneizar o exercicio do castigo
  • Diminuír o custo económico do castigo e aumentar a súa eficacia
  • O dano do criminal debe ser castigado para que non volva repetirse
  • O castigo vai en proporción ó dano causado a sociedade
  • A pena debe ser calculada en función da súa posible repetición e que o delincuente non teña desexo de repetir

O cárcere é criticado polos reformadores porque é incapaz de responder os delitos; é tamén inútil e custosa para a sociedade porque mantén os criminais enfadados multiplicando os seus vicios. No século XVIII creouse un grande aparello de prisións en toda Europa. Todos os delitos son tratados do mesmo xeito, o único que varia e a duración da pena segundo o delito. Moitos criticaron a prisión por ser incompatible ca xustiza, pero acabou aceptándose xa que nas prisións se lles ensina un oficio ou traballo os reclusos o que supón unha vantaxe para o Estado que forma a obreiros novos. Pronto a prisión estendese por Europa e todos os delitos son penados co cárcere. Esta transformación prodúcese ao importar o modelo de cárcere de América e Inglaterra. A partir disto o cárcere convertese nun aparello para modificar individuos.


Edgar Couto Barro
Jessica Castro Ramil

22 abril 2010

O apocalipse cada vez máis cerca



O reloxo do apocalipse ou tamén chamado o reloxo do xuízo final é unha esfera co mapamundi gravado e dúas agullas que non corren.


Unha, a das horas, está permanentemente fixada nas doce; a outra, a dos minutos, foi desprazada en 19 ocasións durante a última metade do século.



Consérvase dende 1947 nun edificio do campus universitario de Chicago, onde un grupo de investigadores traballaban nun proxecto cuxa misión era alertar ao mundo sobre os perigos da enerxía nuclear e a destrucción masiva.

Despois de barallar varias ideas, decidiron usa-lo reloxo como símbolo de urxencia ante o perigo do apocalipse. Como pretendían que a imaxe do reloxo transmitise un sentimento de perigo inminente, posicionaron a agulla a 7 minutos da media noite. Posteriormente ocurreúselles a idea de mover o minuteiro para dramatizar acontecementos mundiais.

Temos estado a 2 minutos para a media noite en 1953 tralas probas nucleares levadas a cabo por EEUU e a URSS e, no outro extremo, estivemos a 17 minutos en 1991, trala firma dos tratados de reducción de armamento entre as mesmas potencias.

A última vez que se modificou a hora foi en xaneiro do 2007, cando o minuteiro se desprazou ata os 5 minutos para a media noite.



Elena V. S.
Beatriz L. S.

07 febrero 2010

Vamos a falar sobre o nacionalismo e o celtismo galego:



Debémonos retomar ata 1840 para atopar o primeiro grupo de intelectuais galegos que se unen coa finalidade de lograr o recoñecemento dunha provincia única para Galicia.

Contaron cunha importante red propagandística formada por unha quincena de periódicos que exaltaban os elementos célticos do pobo galego.



Tanto historiadores coma escritores defendian a importancia do celtismo e druidismo (a relixión dos pobos celtas) e investigaban as orixes gaélicas do idioma galego.

Un confeso revolucionario, Antolín Faraldo, dirixiu co apoio de varios xefes militares unha revolución galeguista que finalmente foi derrotada e os seus dilixentes fusilados o 26 de abril de 1846.Dende entón, esta é unha data de referencia para os movementos nacionalistas Galegos.



Pero temos que esperar casi corenta anos para que renacera de novo o espirito nacionalista da man de escritores como Manuel Murguia ou Eduardo Pondal (verdadeiros iniciadores do ideario galeguista de raiz céltica). Precisamente, Murguia funda unha tertulia ('Cova Céltica') onde se reúnen apasionados nacionalistas,todos eles estudiosos do celtismo, a arqueoloxia, a relixion...



Influido polo libro das invasións, unha serie de relatos celtas, Murguia buceaba pola arqueoloxia e tradicións galegas na busqueda dunha identidade celta.

A súa enciclopedia 'Obra Histórica de Galicia' é unha mostra. Para Murguia os Celtas eran os creadores da civilización occidental. Nos seus estudos cree atopar certas similitudes entre Galicia e entre outras nacións celtas, por exemplo similitudes entre os nomes destas nacións.



Na antigüidade críase que toda Galicia era celta, máis estaban equivocados; non só houbo pobos celtas en Galicia, senon tamén vikingos, romanos e suevos, os que fixeron posible a creación da nosa lingua (o galego).



¿Pero por que se lles da tanta importancia aos celtas?

Porque foi unha civilización tan forte que os romanos non conseguiron eliminar toda-las súas costumes e a súa cultura,facendo que se fusionaran estas duas dando lugar á cultura Galaicoromana.



O Celtismo deu lugar ao actual nacionalismo, o cal foi prohibido durante a ditadura de Franco, tivose que esperar á transición da democracia para formar un novo partido nacionalista.

Agora mesmo o nacionalismo en Galicia non está no seu mellor momento, os nacionalistas intentan fomentar o galego mediante folgas, as que non sabemos todavía se terán efecto.




Por: Natalia López e María Franco.

04 febrero 2010

Ataque a Pearl Harbor

O día 7 de decembro, situándonos no ano 1941 a aviación xaponesa atacou por sorpresa a base naval de Pearl Harbor (Hawai).
Os buques guerrilleiros atados e anclados foron un branco fácil para os 360 avións xaponeses que atacaban. Os norteamericanos sufriron un gran número de baixas e tamén de numerosas mortes, 2300 aproximadamente.
E mesmo algúns historiadores teñen suxerido que Roosevelt sabía do ataque e non fixeron nada para detelo para colocar os E.U. na guerra. A maioría das persoas pensa agora que, mentres os militares E.U. estaban conscientes do risco dun ataque xaponés, eles sabían exactamente cando e onde.

→ Basada nesta mesma historia, a película Pearl Harbor conta o máis próximo á realidade como foi a guerra de Pearl Harbor .
Película dirixida por Michael Bay. Intérpretes : Ben Affleck, Kate Beckinsale e Josh Hartnett.

: : A crise dos misís : :


A crise dos misís foi o momento da Guerra Fría no que máis cerca se estivo do enfrontamento directo entre a URSS e EEUU, e da hecatombe nuclear. As consecuencias puideron ser funestas.

Fidel Castro comezou a actuar dunha maneira que danaba os intereses dos EE.UU., a pesar de que, anos atrás, Cuba se convertira nun país con intereses comúns ós norteamericanos.

Kennedy, presidente norteamericano ata 1963, intentou nun primer momento invadir a Baía de Cochinos (a invasión de Playa Girón), no ano 61. Pero Cuba aliouse co bloque comunista e, ante a actitude americana, despregou unha serie de misís, coa axuda da URSS. Cando os avións norteamericanos se decataron do levantamento de rampas de misís, en outubro de 1962, o presidente norteamericano decretou o o broqueo de Cuba, impedindo o paso de navíos soviéticos á illa.

Tiveron lugar unhas negociacións tras as cales Kruschev, dirixente da URSS, cedeu e lles ordenou voltar ás súas naves. A URSS accedeu a retirar os misís, a cambio do compromiso por parte dos norteamericanos de non invadir a illa, e da retirada de misís similares que EE.UU. tiña despregados en Turquía. Así, a crise dos misís chegou á súa fin, sen que ningunha das potencias mostrara debilidade, e evitándose o conflicto directo.

Como consecuencia, creouse o “teléfono vermello”, liña de comunicación entre EE.UU. e a Unión Soviética, co fin de axilizar as conversacións entre ambas potencias en época de crise.

Segundo o reloxo do Apocalipse, durante a crise dos misís, estivemos a poucos minutos do fin.

NICOLÁS MAQUIAVELO


Nicolás Maquiavelo (1469-1527):Nacido y muerto en Florencia de familia noble. Se sabe de la primera época de su vida. Recibió una educación humanística, basada en el estudio de los clásicos latinos e italianos. En 1498 realiza sus primeros encargos en la Señoría florentina, al servicio de la República: secretario de la Segunda Cancillería y, después, en le consejo de los Diez de Balía. En 1499 fué encargado de misiones diplomáticas en Piombino, Forlí e Imola. Se encargó de la dirección de la guerra contra Pisa y redactó un discurso ante los Diez sobre la campaña. Se casa con Marietta Corsini,en 1501,y tienen 4 hijos,2 hombres y 2 mujeres. Fué embajador del francés Luis XII, del emperador Maximiliano y (en Urbino) de César Borgia. En 1512, Maquiavelo perdió su puesto en la secretaría de estado. Las tropas de Ramón Folch de Cardona habían ocupado la Toscana y el 31 de agosto Sorderini huye de Florencia. Al día siguiente se celebra la restauración de los Médicis en el poder. Por dos decisiones el 7 y el 10 de noviembre cesa en su cargo de secretario de los Diez. Es encarcelado y torturado por sospechoso de la conjura de Bóscoli contra los Médicis. Tras ser liberado se retiró con su mujer y cuatro hijos a Albergaccio, cerca de San Casciano y Florencia. En una famosa carta que dirigió al representante florentino en Roma, Francesco Vettori (10/12/1513), describe la vida, más bien rústica, que llevaba: después de pasar el día cazando y charlando con los labriegos del lugar, dedicaba las veladas a escribir y leer historia. Le comunicó también la finalización del tratado De Principatibus, escrito en una interrupción de su Discursos sobre la primera década de Tito Livio. Finalmente recuperó parte del favor perdido y en 1520 recibió el encargo de escribir la historia de Florencia. El puesto de cronista está integrado en la Señoría pero es secundario. Dedicó esta obra, Istorie fiorentine, a Julio de Médicis, que había ascendido al trono pontificio con el nombre de Clemente VII. Seis años más tarde le confió el papa la inspección de las fortificaciones de Florencia. En 1527, año convulso para los territorios italianos, en el que las tropas de Carlos V saquean Roma, los Médicis huyen de Florencia y los sustituye un gobierno del partido aristocrático. Maquiavelo no fue considerado lo bastante hostil a los Médicis para seguir ocupando el cargo. Enfermo de pena, según se dice, por el giro de los acontecimientos, murió el 21 de junio de ese año.
Maquiavelo es un pensador, pero sin un sistema filosófico concreto, un humanista con nostalgia de la grandeza de la antigua Roma; patriota, sin principios éticos y oportunista.Maquiavelo está en el extremo opuesto de los idealistas. No se distinguió ni por su amor ni por su respeto a sus semejantes. Procurar el bien moral o material del pueblo quedaba relegado frente al objetivo de afianzar el poder del déspota. Los dos valores centrales del Renacimiento: racionalidad y libertad se aplican también a la visión renacentista de la sociedad y del pensamiento. El progreso en la historia depende de la acción del hombre y no de la intervención divina. Para pensadores como Pico y Campanella el hombre es capaz de construir racionalmente una sociedad de seres libres e iguales: el orden político ha de ser el reflejo de estos valores. Maquiavelo rechazó cuanto fuera idealismo y teoría y aplicó el sentido práctico. La política nada tenía que ver con la moral, la ética o la religión.

28 enero 2010

O CONGRESO DE VIENA

Despois da turbulencia causadas polas guerras napoleónicas, os monarcas máis importantes de Europa reuníronse en Viena, baixo o liderado das potencias victoriosas: Austria, Gran Bretaña, Prusia e Rusia, onde realizou un congreso para solucionar os moitos problemas internacionais.

Gobernantes foron soberanos no Congreso e representantes plenipotenciários dos príncipes espoliase ou estados que solicitaron o retorno dos seus dominios.
O Congreso ten comezo en outubro de 1814 e entre festas e recepcións durou ata o 8 de xuño de 1815, cando asinou a Acta Final. Alén do Tsar Alexander I de Rusia, os máis importantes foron :

METTERNICH

Político e diplomático austriaco, unha das máis importantes figuras da política europea del periodo comprendido entre 1814 y 1848.

Foi nombrado ministro de Asuntos Exteriores e canciller tras as derrotas infligidas a Austria polo ejército francés.
Metternich despreciaba igualmente o liberalismo, o nacionalismo e a revolución. Seu sistema de goberno ideal era unha monarquía que compartiera o poder coas clases sociales tradicionalmente privililixadas.
TALLEYRAND:
Talleyrand foi un político e diplomático francés.

Serviu como ministro de Exteriores de Napoleón, pero deixou o emperador para apoiar a restauración da monarquía francesa.
Aínda que a Francia foi arruinada por guerras napoleónicas e foi derrotada pola Gran Bretaña e os seus aliados, logrou recuperar un pouco do prestixio do seu país no Congreso de Viena.

Entre os temas máis importantes destacan:

A RESTAURACIÓN. A ALIANZA

Fieis ao principio de solidariedade entre reis, os monarcas ruso (ortodoxo), austríaco (católico) e prusiano (protestante), que se consideraban a si mesmos reis pola "Graza de Deus", asinaron o Pacto da Santa Alianza. Tratábase dun documento que, invocando os principios do cristianismo, pretendía sustentar as relacións internacionais mediante unha serie de máximas relixiosas como a "eterna relixión de Deus salvador". Inglaterra non subscribiu devandito texto, pero promoveu unha "Cuádrupe Alianza" que se fundamentou nos seguintes extremos:
  • O compromiso de manter status territorial vixente.

  • Extremar a vixilancia para detectar e sufocar as iniciativas revolucionarias liberais.

  • Celebrar periodicamente congresos ou reunións co fin de actualizar as pautas a seguir.

  • Crear unha forza armada lista para intervir en caso de necesidade.

A Cuádrupla transformouse en Quinta Alianza en 1818. Esta incorporou a Francia como novo integrante e interveu en Nápoles e España (1823) co obxectivo de sufocar as experiencias liberais que estaban a ter lugar nos devanditos países. Os aliados proxectaron mesmo intervir en América co obxectivo de restablecer a autoridade do rei de España nos novos estados independizados recentemente desta, pero atopáronse coa frontal oposición dos Estados Unidos de América cuxo presidente Monroe, en 1823, proclamando a política de "América para os americanos", deixou ben explícito o seu rexeitamento a calquera tipo de intervención europea no continente.

A Enciclopedia de Diderot e D´Alambert.

Ten a súa aparicion entre os anos 1751-1772 con un conxunto de 17 libros editados en París,Francia,por Denis Diderot e Jean Le Rond d´Alambert para difundir as ideas da Ilustracion francesa.De feito a filosofía que difunde identifícase co afán de crítica, ou de aplicar a «luz» da razón, a todos os campos do saber, en especial a aqueles en que se pon de manifesto de forma máis directa a concepción político-social e relixiosa da época.


A diferenza fundamental entre as enciclopedias antigas e as modernas está en que aquelas perseguen conservar os coñecementos dunha época e estas máis ben difundilos; unhas e outras, no entanto, manteñen a característica común da falta de orixinalidade.

Diderot pediu a colaboración de d´Alembert, quen se encargou de redactar o Discurso preliminar. Nel d´Alembert presenta a Enciclopedia como un sistema de todos os coñecementos humanos; ao ser estes inabarcables, busca unha maneira de representalos en síntese e, para iso, segue a clasificación da «árbore do chanceler Bacon», que divide a actuación das facultades intelectuais e fabrís do home en facultades de memoria, razón e imaxinación.

O primeiro volume aparece en 1751; a súa publicación suspenderase en 1752, tras a publicación do segundo volume, e en 1759, cando d´Alembert retírase do proxecto e suprímense os permisos de publicación concedidos. A partir desta data, publicados sete volumes, Diderot prosegue só a edición de dez volumes de texto e catro de índices ata 1765 e, posteriormente, catro volumes máis de índices ata 1772. Colaboran na obra Rousseau, Voltaire, Duclos, Holbach, Quesnay, Turgot, Toussaint e outros escritores e philosofos ilustrados.

A Enciclopedia foi considerada pola historia como o aparador das ideas da ilustración francesa e unha das obras máis libres do espírito humano.



Diderot:

Foi un dos creadores da enciclopedia e filósofo francés, tamén autor de novelas, ensaios, obras de teatro e crítica artística e literaria. Diderot naceu en Langres o 5 de outubro de 1713 e estudou cos xesuítas. En 1734 trasladouse a París e viviu dez anos como titor mal pago e escribindo para outros escritores. A súa primeira obra importante, publicada anonimamente, foi Pensamentos filosóficos (1746), onde explica e afirma a súa filosofía deísta.

En 1747 recibiu a invitación de editar unha tradución francesa da Cyclopaedia inglesa de Ephraim Chambers. Diderot, en colaboración co matemático Jean lle Rond Alembert, converteu este proxecto nunha inmensa obra de nova redacción que abarcaba 35 volumes, Enciclopedia ou dicionario razoado das artes e os oficios.Diderot empregou a Enciclopedia como unha poderosa arma de propaganda contra a autoridade eclesiástica, a superstición, o conservadurismo e a orde semifeudal da época. En consecuencia, Diderot e os seus colaboradores convertéronse no albo das críticas clericales e reais.

A abundante obra de Diderot inclúe as novelas A relixiosa (1796), unha crítica da vida conventual, O sobriño de Rameau (1761), unha sátira da sociedade contemporánea e o seu hipócrita moral, traducida ao alemán por Goethe, e Jacques o fatalista (1796), onde analiza a psicoloxía do libre albedrío e o determinismo. Cartas sobre cegos para uso dos que ven (1749), trata de como aprenden os cegos, mentres que o diálogo dramático-filosófico O soño de D'Alembert (1830) contén as súas teorías materialistas.Póstumamente, entre outras obras, publicouse unha das súas máis inquietantes consideracións: O paradoxo do comediante (1830).

Diderot gozou do mecenado ilustrado da raíña Catalina a Grande de Rusia e exerceu unha notable influencia noutros pensadores da ilustración en Europa. Morreu en París o 30 de xullo de 1784.




Jean Le Rond d´Alambert:

Naceu en París en 1717 e morreu tamen nesta cidade en 1783.Físico,matemático e filósofo francés.As suas precoces publicacións sobre calculo integral valeronlle para ingresar na Academia das Ciencias de París cando tiña 24 anos.
Xunto con Diderot dirixiu a Enciclopedia,compendio do saber do seu tempo que deu nombre a este tipo de obras asta os nosos días; o propio D´Alambert redactou en 1751 o "Discurso preliminar",no cal apuntaba o enfoque xeral da obra, ligado a filosofía das "Luces".
Tamén foi creador doutras obras como "Tratado de dinámica" (1743), que deu pé a "Tratado del equilibrio y movimiento de los fluidos" (1744); "Investigaciones sobre la precesión de los equinoccios" (1749).
O seu pensamento resulta unha síntesis entre o racionalismo e o empirismo, que subliña a unidade do saber e a fé no progreso da humanidade a través das ciencias,unificadas por unha filosofía desprendida de mitos e creencias trascendentais, unificadora dos diversos saberes, sistema racional das relacións entre principios e fenómenos, vendo en estes últimos o funcionamento do coñecemento.

































06 diciembre 2009


LA SOMBRA DEL ÁGUILA : : : ARTURO PÉREZ-REVERTE

Arturo Pérez-Reverte (Cartaxena, 1951), licenciado en Periodismo, corresponsal de guerra e novelista, exerceu como reporteiro durante máis de 20 anos. En 1986 comezou a súa carreira como escritor, sendo a súa obra máis célebre a colección das aventuras do Capitán Alatriste. Actualmente, forma parte da Real Academia Española.

La sombra del águila está ambientado na Rusia de 1812, durante a Campaña Rusa de Napoleón (coñecida como A Guerra Patriótica), na que o caudillo francés se dispuña a conquistar Moscú, e cando as ideas revolucionarias francesas comezaran a súa extensión por Europa. Sen embargo, os rusos queimaron a cidade e, debido ó frío e á fame, os franceses víronse obrigados a retirarse. Este episodio é fundamental na historia de Napoleón, xa que significou a súa derrota e implicaría o seu posterior desterro á illa de Elba.

Este relato narra unha historia ficticia, inspirada en feitos reais, na que un batallón de españois -o 326 de Línea- do exército napoleónico (A Grande Armée) decide fuxir, rendirse ante os rusos. Sen embargo, Napoleón interpretaría o avance dos soldados como un acto de heroicidade, e decidiría premialos por iso. Finalmente, só algúns dos soldados españois conseguen fuxir da batalla e regresar á súa patria.

A historia cóntase en primeira persoa, dende a ironía e o humor, aínda sendo un relato tráxico. Non hai realmente personaxes principais, pero sí unha boa descripción da situación na que se atopan os militares. La sombra del águila trata temas como a dor e sufrimento dos soldados ante a ambición dos gobernantes, xunto co patriotismo, a nostalxia, a morte (os que caen para salvar ó resto) e, evidentemente, a guerra, incitando á reflexión sobre temas desta índole.



Beatriz L. S. - 1º bach. C

10 noviembre 2009


A Revolta dos animais


Resume:

Os animais da granxa do señor Jones non están de acordó coa súa forma de vida. Unha noite que o seu dono se esquece de darles de comer, os animais, encabezados polos porcos, producen una revolta. Rematan expulsando aos seus amos e crean o seu propio sistema político basado en 7 mandamentos. Ao principio a revolta é todo un éxito, os animais traballan para si mesmos e a granxa prospera. De entre os porcos, encargados da administración, aparecen 2 xefes: Snowball e Napoleón. Pero entre eles comeza a haber enfrontamentos ata que Napoleón expulsa a Snowball da granxa lanzándolle os seus cans. Napoleón erixese como líder e mantén aos animais baixo as súas regras; sen embargo pouco a pouco comeza a incumprir todos os mandamentos comportándose como os homes. Ata que ao final, durante una pelexa entre homes e porcos , o resto dos animais da granxa se decatan de que son iguais.

Comentario Crítico

A revolta dos animais é unha alegoría que representa a Revolución Rusa , onde Orwell satiriza o réxime zarista a través da personificación dos animais. O cerdo maior representa a Karl Marx e o señor Jones ao tsar Nicolás II de Rusia. O porco Napoleón representa a Stanlin poisa o igual ca él ,acada a prosperidade pero para o seu beneficio e restrinxe a liberdade dos outros animais. Snowball representa a Trotsky (o creador do exército vermello) igual que Snowball acaba fuxindo da granxa Trotsky faino da URSS e todos os que non están de acordó co réxime son acusados de Trotskistas. Boxer o cabalo convencido de que debe traballar máis representa ao proletariado. As ovellas analfabetas,representan ao campesiñado. Os cans coa súa brutalidade representan á policía e por último, o burro Benxamín representa aos intelectuales da época mostrándose en contra das intencións dos porcos.

O autor


Geroge Orwell é o pseudónimo do escritor inglés Eric Arthur Blair, nacido na India, o 25 de xuño de 1903 e finado na cidade de Londres o 21 de xaneiro de 1950, é recoñecido como un dos mellores ensaístas do século XX, se ben cobra especial relevancia no campo da ficción narrativa como autor de novelas fundamentais da literatura contemporánea: Animal Farm (A Revolta dos animais) e Nineteen Eighty-Four (1984).


Elena Vilarín Seivane 1º BAC-C