
17 abril 2009
IMPERIALISMO

O PROBLEMA DOS BALCÁNS

27 marzo 2009
A República de Irlanda : 90 anos de historia
Nos séculos anteriores, en concreto no XVII, os Tudor iniciaran a conversión dos irlandeses ao protestantismo e a extensión da lingua inglesa por toda a illa, para alén de Dublin, onde estiveran situados en principio. Así creouse unha clase dominante protestante, formada por colonos traídos de Inglaterra, fundamentalmente, e de Escocia que se deu en chamar o ascendente protestante.
Todo isto, sumado aos problemas que apareceron logo da aprobación e sinatura da Acta de Unión, como por exemplo as grandes fames da pataca dos anos corenta no século XIX e que se saldaron cun millón de irlandeses mortos alén doutro millón emigrado, fixo que un certo sentimento nacionalista e soberanista prendese. E ese movimento foise facendo máis e máis forte, sobre todo entre os católicos máis humildes.
Logo de varias tentativas non violentas para a emancipación, como a de Daniel O'Connell, ou para a derogación da Acta de Unión en prol dunha maior autonomía para a illa esmeralda, protagonizada por un grupo de nacionalistas liderados por Charles Stewart Parnell, o separatismo armado tomou a iniciativa das reivindicacións soberanistas e o sector nacionalista radicalizouse.
A conta atrás para a independencia irlandesa comezou nas eleccións xerais británicas de 1918 cando os candidatos eleitos nas circunscripcións irlandesas, a maioría do Sinn Féin e en concreto uns 73 sobre 108, refusaron ocupar os seus escanos en Westminster e crearon a Dáil Éireann, ou Asemblea de Irlanda, decorrendo a súa primeira sesión, maioritariamente en lingua gaélica, o 21 de Xaneiro de 1919 na Sala Redonda da Mansion House de Dublin.
Esa Dáil emitiu unha Declaración de Independencia unilateral, que non contou con apoio internacional, durante o Alzamento de Pascua coa conseguinte guerra Anglo-Irlandesa que rematou en 1921 cando se acadou unha tregua co Tratado Anglo-Irlandés asinado o 6 de decembro de 1922. Ese tratado foi feito efectivo, finalmente, coa Acta de constitución do Estado Libre Irlandés dese mesmo ano, que establecía un “Dominio Británico” ao estilo de Canadá e Australia e que tamén lle daba a opción ao Ulster de permanecer no Reino Unido e non facer parte do novo Estado como así finalmente ocorreu.
Este ano 2009, o 21 de xaneiro, Irlanda conmemora os 90 anos do xesto de rebeldía dos representantes do Sinn Féin que conduciu a liberación da illa esmeralda.
27 febrero 2009
GEORGE WASHINGTON


20 febrero 2009
Charles Darwin, 200 anos de legado.

13 febrero 2009
A FRANXA DE GAZA 2008-2009
O conflito da Franxa de Gaza de 2008-2009, é unha ofensiva militar dende aire, terra e mar, precedida por unha campaña de bombardeo aéreo sobre a Franxa de Gaza (Territorios Palestinos), que empezou o 27 de decembro de 2008 e que continúa. Está dirixida contra obxectivos da infraestrutura da organización Hamás, principalmente portos, sedes ministeriais, cuarteis de policía, depósitos de armas e os túneles subterráneos que comunican a Franxa de Gaza con Exipto.
Fontes israelís informaron que o obxectivo de este ataque é destruir a organización terrorista e militar de Hamás, como resposta ao ataque a obxectivos civís israelís por parte de milicianos palestinos.
É o ataque con maior número de mortes do conflito árabe-israelí nos últimos corenta anos, que deixou ata o momento trece israelís mortos, dez deles soldados e tres civís; as Nacións Unidas falan de máis de 783 palestinos mortos, na súa maioría militantes de Hamás. Porén, ata o momento recoñeceuse un importante número de vítimas civís palestinas, que podería oscilar entre o 25% e o 50% do total.
Hamás é unha organización islamista palestina cuxo obxectivo é a instauración dun Estado Islámico na rexión histórica de Palestina, isto é, no que hoxe son Israel e os Territorios Palestinos. Polo tanto, Hamás non recoñece ao Estado de Israel nin o seu dereito a existir. A súa organización é complexa, e está formada por organizacións benéficas, que asisten aos palestinos máis necesitados, ou as Brigadas Izz-al-din al-Qassam, o brazo armado da organización, que cometeu múltiples atentados contra a poboación civil israelí, causando deceas de mortos, responsables últimos do lanzamento de cohetes contra Israel.
Hamás tamén ten un brazo político, que gañou as últimas eleccións lexislativas de Palestina de 2006 mediante maioría absoluta. Tras estas eleccións, Hamás, considerado unha organización terrorista por parte da Unión Europea, os Estados Unidos, Israel, Xapón,[, Canadá e Australia, foi boicoteado, tras o cal iniciouse unha loita entre Al Fatah e a organización islamista, que terminou coa expulsión dos membros de Al Fatah da Franxa de Gaza, e a toma do control absoluto da Franxa por parte de Hamás. O goberno de Ismail Haniye pasou a administrar de facto a Franxa, creando os seus propios ministerios e o seu propio corpo de policía, chamado Forza Executiva, que conta con comisarías nos principais barrios e pobos da rexión costeira. Gaza e Cisjordania pasaron a ser administrados por diferentes gobernos, de Hamás o da Franja, e de Al Fatah o de Cisjordania.
En xuño de 2008, Israel e Hamás chegaron a un acordo para manter unha tregua durante seis meses. Nela, comprometéronse a cesar as hostilidades e a reabrir progresivamente as fronteiras para permitir o paso de produtos de primeira necesidade, pero ningún deles cumpliron os requerimentos que firmaran, e tanto o exército israelí como Hamás acusáronse mutuamente de violar o alto o fogo.
Amnistía Internacional criticou o comportamento de ambas partes nun informe a principios de decembro: "as forzas israelís mataron a uns 20 palestinos, na súa maioría extremistas, pero tamén dous nenos, en ataques aéreos e doutro tipo dende o 4 de novembro." Por outro lado, "os grupos armados palestinos reanudaron os disparos de cohetes dende Gaza contra cidades e pobos israelís cercanos, e feriron a dous civís e a varios soldados israelís."
BLOQUEO DE GAZA
A entrada de mercadorías, incluíndo alimentos, mediciñas, materias primas e carburante, así como os suministros de electricidade e auga, e o movemento de persoas entre a Franxa de Gaza e o exterior han estiveron controlados e limitados polo goberno israelí os dezaoito meses previos ao bombardeo. O observatorio da ONU para os dereitos humanos pediu que se levantase o "estado de sitio" e se reabrise o paso de alimentos, mediciñas e carburante. Amnistía internacional reportou que a situación estábase a agravar na Franxa e que era a peor "dende o comezo da ocupación israelí" facía 40 anos.
OBXECTIVOS
Os obxectivos dos bombardeos israelís están relacionados con toda a infraestrutura, tanto militar como civil, de Hamás, e o seu Goberno na Franxa de Gaza. O Goberno de Hamás conta con un corpo propio de policía, denominado Forza Executiva, que dispón de comisarías nos barrios das principais cidades de Gaza.
No segundo día de ofensiva, Israel bombardeou os túneles subterráneos que comunican a Franxa de Gaza con Egipto pois, según as forzas israelís, poderían ser utilizados para o contrabando de armas e explosivos, e incluso de persoas para entrenar como suicidas
Por outra parte, a Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios da ONU afirma que a crisis humanitaria da Franxa de Gaza é significativa e no debe ser subestimada. A ONU afirma que a situación é unha "crise contra a dignidade humana que dura xa 18 meses" na franxa de Gaza, conlevando "una destrución masiva do medio de vida e un significativo deterioro das infraestruturas e servicios básicos". O medo e o pánico son xeneralizados; o 80 por cen da poboación non puede subsistir por si mesma e dependen da axuda humanitaria.
Ademáis "Toda a poboación civil" en Gaza permanece vulnerable. Hai unha sensación de "pánico, medo e angustia" ao longo de toda a franxa. Civís implementaron un toque de queda autoimposto dado que non existen sistemas públicos de aviso ou refuxios efectivos. Hai gente evacuando as súas casas e permanecendo nas rúas durante longas horas, expostos a maior perigo ou permanecendo con familiares. Os civís se enfrentan a inseguridades mentras se reabastecen de artículos básicos de alimentación, auga e gas para cociñar. A maioría das familias amontóanse nunha ou dúas habitacións que consideran as máis seguras da casa, sen electricidade e apenas auga corrente.
A Media Luna Vermella Palestina estima que miles de hogares foron danados e comeza a ser "crecentemente difícil" para os seus residentes permanecer en eles debido ao frío. A UNRWA preparou as súas escolas para actuar como refuxio temporal para os desplazados. O 1 de xaneiro, aproximadamente 400 persoas pasaban a noite en refuxios de emerxencia da UNRWA. Como denunciaron tanto a Save the Children Alliance como o Al Mezan Center, antes da operación terrestre do exército israelí, máis de 13.000 persoas (2.000 familias) foron desplazadas na franxa. A maioría desas familias buscan refuxio cos seus familiares, mentras que 1.200 persoas permanecen nos refuxios temporais proporcionados pola UNRWA.
Pérdida de territorio por parte de Palestina dende o ano 1946 ata o 2000
06 febrero 2009
Biografía Moncho Valcarce
O paso polo seminario
Un labor pastoral diferente
Militancia política
Entrou

13 diciembre 2008
O BARÓN RAMPANTE


12 diciembre 2008
EXPOSICIÓN SOBRE O NEORREALISMO EN FERROL
A exposición comeza con fotografías de principios dos anos 30, cando Mussolini comeza a súa campaña política usando precisamente a fotografía como medio de amosarlle ás masas esa nova Italia que pretendía conseguir coa súa política dictatorial. En contraposición a esta "publicidade" enganosa xorden un grupo de fotógrafos que tentan captar a realidade diversa que se lles presenta ante os seus ollos, coma a desigualdade, a fame, a pobreza...en conclusión, as pegadas da posguerra.
Aparte desta exposición tamén se poden visionar películas que reflicten esa realidade, con exemplos realizados polos grandes representantes do Neorrealismo.
Para ver a información completa ide a este enlace:
http://www.fundacioncaixagalicia.org/portal/site/Fundacion/menuitem.7cbf48d1cc34eec4523d2307805101ca/?vgnextoid=f41d930532c8c110VgnVCM1000000b1510acRCRD&vgnextfmt=extra
Contaremos como foi a nosa visita. Comezamos por unhas fotografías nas que se pretendía resaltar a gloriosa situación que experimentaba Italia baixo o réxime autoritario Mussolini, porque se dera conta os fotógrafos de que podían dar unha imaxe de prosperidade e progreso económico mediante unhas "manipuladas" fotografías, como podían ser: traballadores contentos ou con cara de orgullo, a inauguración de obras públicas, masas alabando a figura do ditador italiano, etc. Pero despois, dase o paso á realidade máis dura que nace en contraposición a estas enganosas imaxes, onde se representa a vida cotiá e a miseria producida pola guerra e as súas desfeitas, vendo reflexadas cidades derrubadas, nenos en deplorables situacións, mulleres chorando, etc. Hai que facer unha aclaración, todas estas fotografías non viron a luz ata pasado o réxime de Mussolini, así que situandonos historicamente estaríamos rondando o principio dos 50 máis ou menos, cando foi o verdadeiro auxe deste movemento. Os fotógrafos deixaron as cidades como escenario trasladándose aos pequenos pobos italianos para desmitificar a imaxe dunha Italia sempre próspera, relatar a probreza e as penurias da guerra, fotos tan curiosas como un porco que habita no mesmo cuarto que as persoas(usábano para darse calor), unha muller levando lousas na súa cabeza para reconstruír o seu pobo, e facemos mención especial a unha que nos gustou especialmente, unha muller embarazada amasando un bolo de pan, que representaba unha visión de esperanza entre todo o desastre que se apreciaba.
Como todo o que sube e baixa, o neorrealismo comezou a quedar obsoleto, chegados a este punto, os fotógrafos cuestionábanse que facer, se seguir reflexando a realidade ou ben tirar por outros camiños, finalmente, moitos destes fotógrafos decidirom seguir por un camiño máis estético, sen deixar o neorrealismo, pero xa con imaxes moito máis rebuscadas e forzadas para acadar os resultados que querían, incluso chegando á abstracción, polo que esta última parte da exposición eran fotografías con moito contraste no que se pensaba moi ben a contraposición de horizontalidade e verticalidade, o xogo de tonalidades, etc, etc.
O NEORREALISMO ITALIANO
O neorealismo italiano foi un movemento cinematográfico surxido na segunda posguerra mundial. E os seus principais representantes foron Roberto Rossellini, Luchino Visconti e Vittorio de Sica.
O movemento veu dado por un grupo de críticos cinematográficos que formaban a revista Cinema, e o que facían era criticar ás películas que destacaban nesa época. O que algúns críticos pensaban era que as películas debían inspirarse nos escritores realistas de principios de século, xa que as que dominaban eran dunha baixa calidade.
Os chamados neorrealistas víronse influenciados polo realismo poético francés. E, tamén, moitos directores neorrealistas maduraron traballando en películas caligrafistas.
Este movemento pasou a ser globalmente coñecido por primeira vez con Roma, città aperta,en 1945, que foi a primeira película importante realizada en Italia despois da guerra, na que se reflexaba claramente a loita pola existencia á que os italianos estaban sometidos cada día baixo a ocupación alemá de Roma. Os nenos xogan un papel importante na película, e a súa presenza ao final dela é indicativa do seu papel xeral no neorrealismo: como observadores da dificultade do mundo de hoxe e que deles depende o futuro.
As principais características son:
Tramas ambientadas nos sectores máis desfavorecidos.
Importante presenza de actores non profesionais entre os secundarios, e ás veces, incluso entre os protagonistas.
Reflexan a realidade económica e moral da Italia da posguerra.
Reflexión sobre os cambios nos sentimentos e nas condicións de vida.
As películas rodábanse no exterior, co fondo que deixou a guerra.
O seu obxectivo principal era plasmar a realidade da guerra. Un cine, cun claro contido social.
Aquí vos deixamos un vídeo con exemplos, neste caso de películas neorrealistas: