11 noviembre 2008

Momentos estelares na recente historia dos EEUU




O 1 de decembro de 1955 Rosa Parks, un muller afroamericana, negouse a cederlle o seu asiento nun autobús a un branco na cidade de Montgomery. A súa detención a mans da policía polo incumplimento das leis de segregación, que establecían a separación das dúas comunidades nos lugares públicos, motivou un boicot á compañía de transportes por parte da poboación negra que durou meses.

Aquí tamen iniciou a súa loita polos dereitos civís o pastor baptista e líder na loita polos dereitos civís Martin Luther King. En 1956 o Tribunal Supremo declaraba ilegal a segregación racial no transporte público, e en 1963 M.L. King pronunciaba o seu famoso discurso en Washington ante una multitude de 20 000 persoas, reclamando o fin da discriminación racial e a igualdade de dereitos. A chegada á presidencia do demócrata John Fitgzerald Kennedy en 1961 supuxo para moitos unha posibilidade real de acabar coa segregación. En 1964 era aprobada a Lei de Dereitos Civís, que acababa coa discriminación racial. Pero Kennedy non estivo alí para velo, en novembro de 1963 era vítima dun atentado na cidade de Dallas. Cinco anos despóis, o 4 de abril de 1968, caía tamén polas balas dun pistoleiro na cidade de Memphis Martin Luther King.


Un ano despóis, en outubro de 1969, durante as Olimpíadas de México, dous atletas afroamericanos, Tommie Smith e John Carlos, vencedores na proba dos 200 metros, en sinal de protesta pola morte de M.L. King, suben ao podio coas mans enfundadas en guantes de coiro, "símbolo da solidaridade do pobo negro", os puños en alto e as cabezas agochadas, ao tempo que sonaba o himno nacional do seu país. O xesto, retransmitido a todas as televisións do mundo, supúxolles a expulsión do equipo olímpico e o final das súas carreiras deportivas.

5 de novembro de 2008, o senador demócrata Barak Hussein Obama, fillo dun emigrante keniata, que durante anos traballou como avogado nos barrios obreiros de Chicago, admirador de M.L. King, álzase coa presidencia dos Estados Unidos nunha campaña vibrante e esperanzadora tralo cuestionado mandato do republicano George Bush.


Soño que un día, nos vermellos outeiros de Xeorxia, os fillos dos antigos escravos e os fillos dos antigos donos de escravos, póidanse sentar xuntos á mesa da irmandade. Soño que un día, ata o estado de Misisipí, un estado que se sufoca coa calor da inxustiza e da opresión, converterase nun oasis de liberdade e xustiza.

Martin Luther King

No hay comentarios: