24 octubre 2008

UNHA HISTORIA DAS PONTES



A PREHISTORIA

O val de As Pontes formouse por sedimentación de capas cuxo principal compoñente é o vexetal (sixilarias, fieitos, etc.), ocorridos na era Terciaria, como así o demostra a clase de carbón existente. A comarca foi lugar preferido dos nosos antergos prehistóricos; verificado polos numerosos monumentos funerarios que nos deixaron. Mámoas por eles erixidas, a xeito de túmulos funerarios ou penedos tumularios, no que depositaban os restos humans e obxectos da pertenza de tales mortos. O Profesor de Belas Artes D. Federico Maciñeira, no 1930, explorou moitas das Mámoas de As Pontes e Comarca, publicando os resultados na revista "La Ilustración Artística", de Barcelona. Atopou exemplares do Neolítico final e comezos da era dos metais, o que se deduce po-los obxectos atopados: unha machada de pedra pulimentada, unha lanza, unha diadema de ouro: nas Mámoas de A Mourela. Un vaso campaniforme, machada de pedra, torques, puntas de frecha e outros obxectos nas Mámoas de Vilabella. Un dos Crómlechs principais de Galicia (así o especifica Espasa Calpe) estaba emprazado en As Pontes, na Mourela; pero as súas venerables pedras forman agora parte do chan da estrada As Pontes-Fonte das Boliqueiras, ao construíla (no último decenio do século pasado), a iñorancia levou a cometer este abominable desastre: por comodidade botaron man dos menhires que integraban o monumento megalítico.



OS CELTAS E OS ROMANOS



Os Celtas poboaron o Norte de Galicia no século VIII-V antes de Cristo, fundíndose cos indíxenas Lígures y Oestrynios, así o demostran as abundantes Mámoas e Castros existentes, así como a toponimia dos lugares, ríos e montes, todos de orixe Celta. Provintes de Circasia (chaira Moscovita), do Turquestán e das marxes do Indo; os Celtas eran, segundo o historiador Costa Clavell, inquedos de coñecer novos horizontes, o que explica a súa presencia en rexións de Europa tan afastadas unhas de outras: Galicia, Bretaña Francesa, Escocia, Irlanda, Cornualles, Gales e a Illa de Man. Era tamén notorio, como así no-lo contan escritores clásicos, que gracias a riqueza do chan galego, os Celtas comerciaban con Irlanda, Armórica (Bretaña Francesa) e cos fenicios; usando principalmente os portos de Barum (Vares) e o Artabrorun (na ría da Coruña). Vivían en poboados ou "alquerías" illadas (edificacións cónicas ao estilo dos que aínda se poden ver nos Ancares e Pedrafita), acolléndose, en caso de perigo as alturas fortificadas (Castros). Habendo vencido aos indíxenas e mesturándose con eles, sentaron o substrato da nosa raza galega. En vésperas do comezo da Idade Antiga é de mentar o acontecemento que afectou os nosos antergos (como a toda-las tribos da rexión): o ano 440 antes de Cristo, os Cartaxineses celebraron una alianza coas tribos galegas, da que saíu o compromiso de tomar parte na guerra de Viriato contra Emiliano. Morto Viriato, os galegos foron derrotados por Décimo Junio Bruto, que chamou a rexión: Galetia (País de "galos"). Unidos os galegos aos Cántabros, tentaron expulsar o exército román, pero, derrotados no monte Medulio, pasan a ser súbditos románs e fundíndose con eles, pero predominando os Celtas.





OS FEUDOS



O primeiro feudo a que se someteu o noso pobo foi a D. García Rodríguez de Valcarcel, neto de Nuño de Andrade, quen recibiu o citado feudo no 1375, mercé do rei Enrique I en pago os servicios prestados na guerra contra D. Pedro I. Cara a 1420 D. García Rodríguez perdeu este feudo e as súas fortalezas por orde de Enrique III, quen llo permutou ó Sr. Andrade en troques duns barcos que precisaba e que non tiña García Rodríguez. Aínda que era D. Fernán Pérez de Andrade familiar de García, tamén era inimigo e rival, comezando unha poderosa dinastía co nome de Conde de Andrade e de Vilalba, dominando esta terra durante un século; no 1540, como consecuencia de emparentamento e falla de sucesión, a casa de Andrade pasou a de Lemos e foi que dende entón As Pontes dependeu do Señorío de Lemos ata finais do século XVIII. O motivo po-lo que o escudo de As Pontes ten coroa debese a que os mencionados condados eran tamén vicerreis no estranxeiro. Ao esborrallarse a casa de Lemos comeza o fin do dominio feudal decadencia que se sucedeu en tres etapas: o aforamento dos vínculos, en 1838; as transaccións dos mesmos, a finais de século, e a redención dos "foros"; el 13 de xullo do 1927, a propietaria do vínculo de Castro Dª Consuelo Penabad, veciña de Castro de Rei, fixo redención percibindo por el a cantidade de 2.755,55 pesetas por cada lugar, co que se extinguiu definitivamente a dominación feudal en As Pontes.









A INDUSTRIALIZACIÓN



A época da industrialización.O xacemento de lignito está asentado nunha cubeta de orixe tectónico e hai constancia de que na Idade de Ferro recolleuse lignito, xunto dun antergo poboado situado en Portorroibo de Abaixo, segundo o demostran os restos atopados nunha foxa rechea con terra de labor: unha machada de ferro e restos de canecos de barro. De ser un pobo eminentemente agrícola e gandeiro, As Pontes sufriu a mudanza industrial cando o xeólogo alemán: Guillermo Schulz, descubriu aló po-lo 1835 o potencial que se agachaba debaixo dun delgado mantelo de terra: o lignito pardo. Aínda cando o primeiro documento ao respecto data do 1790, na "memoria" presentada a Sociedade de Amigos do País por D. José Cornide Saavedra. Cando se comeza a arrancar, no 1917 o seu consumo dirixiuse unicamente ao Arsenal do Ferrol e abandoandoa po-la carencia dun medio de transporte axeitado, xa que o sistema deas cabalerías quedaba obsoleto, e mais sobretodo ó feito de que o combustible era pobre en calorías. Chegou o progreso de mans de Suances co asentamento da "Empresa Nacional Calvo Sotelo" no 1942, construíndose unha central térmica de 2 grupos de 16 Mw., inaugurada no 1949, e que substituiría a anterga hidroeléctrica de 30 Kw., no 1949 chegaría a instalación da fábrica de abonos nitroxenados, producindo o denominado Nitramón, cuns compoñentes básicos chegaron a procesarse aquí case integramente e cunha producción que chegou as 100.000 Tm/ano. No 1953 tíñase chegado a unha extracción de 530.000 toneladas, alcanzando algunha vez que outra a unha producción mensual de 37.000 e o seu transporte facíase en vagóns metálicos de 10 Tn., de capacidade, basculantes por entrámbolos dous lados e tirados por locomotoras diesel, da marca Krupp, cun peso de 155 Tn. E 155 C.V. sobor dunha liña de ferrocarril de 1 metro e unha lonxitude de 5,3 km. Debido o pouco caudal del río Eume (3 m3 segundo) e para refrixerar as máquinas, construíuse a Presa da Ribeira, que almacena 33 millóns de metros cúbicos e que se espalla o longo de 5,5 Km., cunha altura de coroación de 50 metros, tamén se aproveita o potencial da súa auga para mover unha turbina de 6 Kw., foi inaugurado o 25 de agosto do 1963. O maior pulo chega no 1973 coa chegada de Endesa a localidade. Instala unha nova central térmica con 4 grupos de 350 Mw/h. Debido a necesidade de abastecemento desta central chega o desmantelamento da fabrica de abonos e da central de 32 Mw.


LENDAS


A Cidade de Valverde:Contaban os antergos das nosas aldeas, e tamén se falaba noutros pobos de Galicia que, en tempos houbo no Val de As Pontes unha cidade que lle chamaban Valverde; asentada nas beiras do lago Carecido, que abarcaba a maior parte deste val. Parece ser que aqueles ciudadans botáronse ao vicio e a perversión, sendo castigados por iso, afundíndose a cidade de súpeto, e afogándose todo-los veciños a excepción dunha doncela que, nadando rogou po-la súa vida a Santa Eulalia. Como esta vira que a doncela era a única persoa honrada na cidade foi escoitada e salvouse. Como agradecemento a rapaza levantou una hermida para que as xeracions futuraslle fixeran loubanzas.


O EUME:

Contaron de sempre os anciáns que cando se fixeron as cousas e chegado o tempo ós ríos, naceron tres deles na serra do Xistral. Aínda que nados o mesmo sitio foron mandados por distintas ladeiras e prometéuselles que cada ano lle sería regalada una persoa a aquel que primeiro chegase ao mar. Dándoselles categorías divinas foron chamados: Eume o da ladeira de poñente, que debería fertiliza-las terras de As Pontes; Landro o da ladeira do norte, que debería fertiliza-las carballeiras; Masma o da ladeira de raiante, que debía fertilizar, na súa chegada ao mar, as marismas. Recen nados acordaron descansar un anaco no camiño; condiciónque soamente cumpriu o Eume, quen, o comprobar a traizón dos compañeiros, colleu ímpeto por a Capela e Caaveiro conseguindo chegar antes o mar. Por iso se di que todo-los anos o Eume reclama o prometido e afoga unha persoa nel.


AS PONTES:


Un pobo distinto.Dicía D. Enrique no epílogo do seu libro: "Este es a grandes rasgos la historia de nuestro pueblo: Capital Celta, Ciudad de Valverde, Villa señorial y hasta el 1942 pueblo humilde y acogedor. Desde ese año paso a ser un pueblo "Heterogéneo" de ingenieros, técnicos, profesores, empleados, trabajadores por cuenta propia, agricultores y estudiantes. Heterogéneo también por la inmigración de las gentes de distintas mentalidades y ambientes; pero no por eso ha perdido sus virtudes hospitalarias. Por mucho que sea su desarrollo As Pontes permanece fiel a las características que le hacen amable y sonriente. Sigue siendo una tentación permanente para cuantos le conocieron una vez. En suma, tenemos el orgullo de haber nacido en un Pueblo humilde y pacífico, donde la naturaleza vistió sus mejores galas; Pueblo alegre, joven y al mismo tiempo antiguo: donde hoy predomina una sana juventud que lleva ceñida una corona de gloria, labrada de su brillante historia".


SOMBRÍOS PRESAXIOS



Aínda cando as reservas de carbón eran moi grandes, las políticas económicas de hoxe en día din que xa non é rendible producir enerxía eléctrica con este tipo de combustible, por tanto, o xacemento está abocado a un peche inmediato, aínda cando no seu seo quede lignito. El pintoresco val réndese en tributo ao progreso e logo deixará de existir quedando un enorme foxo no seu lugar. Agardamos que a industria non remate, senón que reciba novos pulos e mañá non teñamos que chorar.

LA OTRA PIRÁMIDE


Os alumnos de Historia Contemporánea de 1º de Bacharelato damos a benvida ao novo curso con esta entrada. É un poema de Eduardo Galeano, da súa obra “Espejos”, no que o título é coma un reflexo da primeira entrada que fai referencia a un poema de tema similar, Preguntas dun obreiro que le, do autor Berthold Brecht, e que aos alumnos do curso pasado lles serviu como primeira pedra, neste blog, que agora nós intentaremos continuar co mesmo empeño, deixándovos unha nova delicia poética.
Eduardo Galeano é un escritor sudamericano do oficio periodístico, estivo varios anos exiliado en Arxentina e en Cataluña, durante os últimos anos da época franquista. No 1985 puido volver a Montevideo onde reside na actualidade.
Galeano sobrepasa as fronteiras que separan os xéneros literarios. Nas súas obras mestúranse a narración, o ensaio, a poesía e a crónica.

Neste caso imos amosar unha parte da súa poesía, co poema “La otra Pirámide”:



LA OTRA PIRÁMIDE

"Más de un siglo podía demorar la construcción de algunas pirámides. Miles y miles de hombres alzaban, bloque tras bloque, día tras día, la inmensa morada donde cada faraón iba a vivir su eternidad, acompañado por los tesoros de su ajuar funerario.
La sociedad egipcia, que hacía pirámides, era una pirámide.
En la base, estaba el campesino sin tierra. Durante las inundaciones del Nilo, él construía templos, levantaba diques, abría canales. Y cuando las aguas del río volvían a su cauce, trabajaba tierras ajenas.

Hace unos cuatro mil años, el escriba Dwa-Jeti lo retrató así:



El hortelano lleva el yugo.

Sus hombros se doblan bajo el yugo.


En el cuello tiene un callo purulento.

Por la mañana, riega legumbres.


Por la tarde, riega pepinos.

Al mediodía, riega palmeras.

A veces se desploma y muere.

No había monumentos funerarios para él. Desnudo había vivido, y en la muerte tenía la tierra por casa. Yacía en los caminos del desierto, acompañado por la estera donde había dormido y el vaso de barro donde había bebido.

En el puño le ponían unos granos de trigo, por si se le ocurría comer."

Este é un poema que xa comentamos na clase, fala das inxustizas ás que estiveron sometidos os exipcios e das diferenzas da base da pirámide e o cumio que, neste caso, son os faraóns. -Unha reivindicación-

12 octubre 2008

Fotógrafos da guerra

Fame, morte, desesperación, perdas… A Guerra Civil española trouxo isto e moito máis. Fotógrafos como Robert Capa non dubidaron en arriscar a súa vida para dar a coñecer ao resto do mundo as traxedias que se estaban a vivir na España do momento.

Andrej Friedmann coñecido coma Robert Capa (Budapest 1913- Vietnam 1954) pertencente a unha familia xudía ten, desde moi novo, unha grande afección á fotografía. Con dazasete anos coñece a Lajos Kassak quen lle da excelentes consellos e un gran apoio económico. Robert deu a coñecer a fotografía coma un obxecto social, mostrando as inxustizas do sistema capitalista. Coa chegada ao poder de Alemaña de Adolf Hitler, vese obrigado a abandonar Hungría.
Ao comezar a Guerra Civil española en xuño do 1936, Capa trasládase coa súa moza a España para inmortalizar os principais acontecementos da contenda española. Estivo no bando Republicano coa causa da República e defendendo a loita antifascista desde os inicios na fronte de Madrid ata a retirada final en Cataluña. O 5 de setembro de 1936, un mes e medio despois de que comezara a Guerra Civil, un miliciano anarquista de 25 anos, morreu nun cerrillo cordobés dun balazo disparado por un francotirador marroquí. A poucos metros metido nunha trincheira, Robert Capa fixo a foto máis famosa da Guerra Civil: Muerte de un miliciano. Esta foto orixinou moitas controversias, pois había moita xente que pensaba que fora falseada debido á súa gran perfección ou que fora a súa propia moza quen tomara a fotografía. Con todo, hai moitas hipóteses que din que Robert Capa era un gran fotógrafo, que estivo en moitas guerras, moi preto da liña de batalla e que non tiña necesidade ningunha de falsear ningunha foto.



Outro fotógrafo desta contenda foi o piloto sudafricano Vincent Doherty que describe o asedio dos milicianos ao Alcázar de Toledo así coma distintos retratos de diferentes zonas da cidade (plaza de Zocodover, a rúa de Armas e a praza da Madalena) Ilustrando tamén a vida da poboación, a cidade devastada e un gran número de imaxes dos milicianos (tanto na vida cotiá coma nas súas maniobras). Estas fotos foron posiblemente realizadas entre os días 20 e 21 de setembro do 1936.



Agustí Centelles (Valencia 1909 - Barcelona 1985), outro gran inmortalizador desta contenda, tivo contacto coa fotografía dende moi novo. Cando estalou o conflito foi destinado á fronte de Aragón, e dedicouse a facer reportaxes sobre as tropas na fronte: conquista de Teruel, batalla de Belchite… Foi colaborador do Comisariado de propaganda da Generalitat de Cataluña e encargado do archivo do exército en Barcelona. No 1939 autoexíliase a Francia, levando consigo os negativos das imaxes que el consideraba máis importantes. As tropas franquistas requisaron o resto dos negativos na súa casa e leváronos ao Arquivo de Salamanca. Estivo preso en diversos campos de concentración pero sempre salvou os negativos e as súas cámaras fotográficas. Cando regresou a España deixou os seus negativos agochados na casa da familia que o acolleu durante o seu exilio, voltando por eles no ano 1976.

06 octubre 2008

V Xornadas da Asociación de Estudos Históricos Hume

Pronto darán comezo as quintas xornadas de Outubro da Asociación de Estudos Históricos Hume que terán lugar na biblioteca municipal das Pontes, todas elas ás 20.00 h.

DIA 17 DE OUTUBRO:
Jesús Andrés López Calvo O camiño de San Andrés de Teixido

DIA 24 DE OUTUBRO:
Serxio Paz Roca Vida cotiá no Antigo Réxime

DIA 31 DE OUTUBRO:
Carlos Nuevo Cal A Emigración

Estades todos convidados.

05 octubre 2008

Exposición retrospectiva sobre a Guerra Civil dos Irmáns Mayo


Unha imaxe vale máis cá mil palabras. Tras unha imaxe escóndense moitas cousas: alegrías, dor, tristeza, amor… pero tamén podemos saber moitos datos da época ou do momento en que se tomou a foto.
Unha mostra disto son as fotografías que se están a expoñer do 27 de setembro ao 26 de outubro no Mercado Vello da nosa vila, e que nos achegan un pouco máis ao que foi a non tan lonxana Guerra Civil española provocada polo levantamento franquista.
Esta exposición amosa o testemuño dunha guerra, e dun traballo fotoxornalístico dende distintas unidades do bando republicano para que, as diferentes revistas e xornais da época publicaran crónicas gráficas do conflicto bélico, imaxes da fronte, da retagarda, das marchas dos soldados , das esperas nas trincheras, do tipo de equipamento bélico, dos prisioneiros de guerra, do sufrimento da poboación civil. Nesta serie de fotografias,dúas son as cidades protagonistas: Madrid e Valencia , rúas e casas arrasadas polas bombas, evacuacións da poboación, mulleres cosendo para os milicianos, colonias escolares, os feridos nos hospitais, os mortos…..
Na Biblioteca Nacional de Madrid atópanse depositadas unha colección de fotografias relativas á Guerra Civil Española. Esta exposición é un resumo das imaxes captadas por Francisco e Julio Souzo Fernández e por Faustino del Castillo Cubillo, compoñentes dos Irmáns Mayo, un grupo de fotoxornalistas pertencentes a dúas sagas familiares : os Souza Fernández (Francisco, Julio e Cándido) de orixe coruñesa, e os del Castillo Cubillo (Faustino e Pablo) , comprometidos dende a esquerda coa causa republicana en defensa da liberdade e a democracia.
É unha mostra moi interesante para visitar, e como dixo nun discurso Julio Souza, o único supervivinte deste grupo de fotografos: “ A historia escríbena os vencedores, non os vencidos, e pódese terxiversar sen darlle moitas voltas á realidade. A unha fotografría por moitos pés que lle poñan, é moi dificil darlle a volta. A fotografía deunos un reflexo moito máis fiel que a propia historia escrita, con todo respecto aos historiadores. Eu non considero a fotografía como un complemento da literatura. As fotografias, como os grandes notarios, dan simplemente fe do sucedido".


20 septiembre 2008

AS ESCOLAS NA GRECIA CLÁSICA

Xa está aquí un novo curso! Pero… sabemos como eran as primeiras escolas no mundo occidental? Como eran as escolas na Grecia Clásica?
Os nenos e as nenas na Grecia Clásica eran educados de forma diferente, pois anos máis tarde o seu papel na sociedade sería ben distinto.
A nena limitarase a xogar cos seus bonecos e a aprender da súa nai as destrezas de fiado e texido.
Nembargantes o neno aos sete anos dirixirase á casa do maestro acompañado dun escravo de confianza onde, xunta outros poucos rapaces, realizarán unha serie de actividades. O mestre organiza o que hoxe chamaríamos clases particulares en grupos reducidos.
Tres son os bloques sobre os que se constrúe a educación dun mozo grego:
Lingua, literatura e aritmética: o alumno aprende a ler, a escribir e algunhas nocións elementais de aritmética. Máis adiante, introdúcese ao alumno en xeometría e debuxo. Cando xa é capaz de ler con soltura e fluídez, o neno comeza a coñecer obras dos grandes clásicosda literatura, en especial de Homero, aprendendo de memoria fragmentos da Ilíada e da Odisea e comentándoos sobre todo dende o punto de vista filosófico e literario.
Música: Os gregos foron sempre amantes da música. Os nenos aprendían a cantar e a tocar a cítara mentres recitaban. A frauta (moi común nos nosos colexios) non era moi apreciada polos gregos. Aínda así, o que se buscaba non era tanto unha educación musical senón que o rapaz chegara a ser un home sensible e fino na medida do posible.
Educación física: o alumno realizaba exercicios físicos de progresiva dificultade adquirindo destrezas básicas de loita, salto, lanzamento de disco...
Deste modo, a mente, o espírito e o corpo do neno crecían en harmonía e equilibrio.

18 septiembre 2008

Deuses, tumbas e sabios


Esta é unha historia con todos os ingredientes do mellor do xénero de aventuras. Estamos no ano 1838 e a goleta británica Beatrice, con rumbo a Londres, desaparece en augas próximas as costas españolas, moi preto de Cartagena. Nas súas bodegas a nave garda un extraño cargamento: o sarcófago de Menkaura. Máis coñecido polo seu nome grego de Micerino, foi o faraón da IV Dinastía que mandou construir a Terceira Pirámide da necrópole de Giza, a chamada Divina Pirámide. A peza fora atopada un ano antes por un coleccionista inglés, Howard Vyse, que logrou acceder á camara funeraria recurrindo á dinamita, método que xa empregara infructuosamente na Gran Pirámide de Quéope, cuia tumba fora violada por saqueadores en tempos remotos.
Na súas orixes, a exiptoloxía era unha actividade máis propia de aventureiros sen escrúpulos que de apacíbeis eruditos, e as fronteiras entre arqueoloxía e pillaxe non estaban claramente definidas. Atraídos pola riqueza da terra dos faraóns, estes homes empregaban todos os medios ao seu alcance para facerse cos prezados obxectos cuia posesión disputábanse os máis importantes museos de Europa, como o British Museum ou o Louvre. Xentes como Belzoni, Henry Salt ou Bernardino Drovetti protagonizaron encarnizados enfrontamentos, descritos con detalle no libro de Brian Fagan O saqueo do Nilo .
Agora o gogerno exipcio planea rescatar o pecio do Beatrice e recuperar o sarcófago de Menkaura. Para este proxecto pretende contar con un dos máis exitosos buscadores de tesouros, Robert Ballard, o home que atopou en 1985 os restos do Titanic.
Un Robert L. Stevenson do século XXI non atoparía mellor argumento para unha novela.

O alcázar de Sevilla

Os alcázares eran as residencias dos líderes musulmáns. Un dos máis famosos é o alcázar de Sevilla.
O alcázar de Sevilla componse de diversos edificios de varias épocas. A fortificación orixinal construíuse sobre un antigo asentamento romano e máis tarde visigodo. Posteriormente pasou a ser unha basílica paleocristiana de San Vicente Mártir e onde fora enterrado San Isidoro.
Empezou a tomar o seu aspecto actual trala conquista de Sevilla no 713 polos árabes. No ano 884 a fortaleza contribuíu a evitar a invasión vikinga da cidade.
Nun principio compoñíase de varios recintos, como a Casa dos Príncipes, vivendas que no século IX ían desde a Praza do Triunfo ata o Barrio de Santa Cruz.
Para levar a cabo a obra, importantes artesáns toledanos, granadinos e sevillanos foron enviados polo rei nazarí Mohamed V. Ampliouse coa vivenda dos emires no século XI e ao longo do século XII seguíuse fortificando e engadindo estancias. Un século máis tarde os almohades sumaron máis patios e pazos. .
Trala Reconquista en 1248, foi residencia do rei Fernando III, tomándose por costume o de ser hospedaxe dos sucesivos monarcas.
Afonso X O Sabio fixo as primeiras reformas creando tres grandes salóns góticos. Posteriormente Pedro I O Cruel, en 1364, decidiu construír o que se convertiu no primeiro pazo dun rei castelán que non estaba protexido tralos muros e defensas dun castelo, logrando o seu definitivo aspecto mudéxar que hoxe conserva.
Consérvanse todavía restos do antigo Pazo Islámico como o Patio do Xeso, da época previa á Reconquista. As obras comezadas por Pedro I impulsaron a posteriores soberanos a realizar máis transformacións. Nel Carlos I celebrou a súa boda con Isabel de Portugal, nunha das estancias naceu en 1848 a infanta Isabel, neta de Fernando VII.
Na actualidade , utilízase sobre todo para realizar exhibicións de obxectos de época árabe nos seus salóns, disfrutar cada verán cun concerto nocturno nos seus xardíns e gozar da súa beleza arquitectónica.
Nos xardíns do Alcázar reúnense caracteres árabes, renacentistas e modernos. Están dispostos en terrazas, de gran vexetación, multitude de laranxos e palmeiras, fontes, pavillóns… destacando os xardíns do Príncipe coa fonte de Neptuno e os Xardíns do Laranxal coa fonte do León e o Pavillón de Carlos V onde morreu o rei Fernando III.
Dende os xardíns chegamos ao Patio de Banderas, lugar onde se colocaban as bandeiras cando se hospedaba algún rei no palacio, sendo coma unha especie de Praza de Armas do Alcázar.


11 agosto 2008

O icono sagrado


Título: O icono sagrado
Autor: Neil Olson
Editorial: Planeta
Sinopsis: Grecia, 1944. Durante a Segunda Guerra Mundial, un grego coñecido como A Serpe pacta con Müller, un asasino nazi, a entrega dun cargamento de armas a cambio dun icono do século VIII e, segundo din, pintado sobre o Sudario de Cristo.
Nova Iork, 2000.Un home xa maior vive baixo un nome falso, aislado do mundo e pechado coa súa colección de arte e pintura. Cando morre, a súa neta, Ana, debe entrar na pequena capela do seu avó, que sempre lle deu algo de respecto e que garda un obxecto: un extraño icono que nin sequera aparece mencionado no testamento. Matthew, un mozo especialista en arte bizantino do Museo de Arte Metropolitano, é enviado para verificar a súa procedencia e o seu valor. Ana séntese en seguida atraída por el e lle dá vía libre para estudalo.
O icono é codiciado por varios personaxes: Andreas, o avó de Matthew quere recuperalo en nome da Igrexa Ortodoxa, Del Carro, un home moi turbio e rico e A Serpe cuxa identidade mantense en secreto e descubrirase ao longo da aventura...
Comentario: Aínda que O Icono Sagrado non narra ningú feito histórico concreto, si coido que é un libro moi interesante, pois nel vése reflectido o interese dos nazis por conseguir obras de arte e tamén as atrocidades que se cometeron durante a 2ª Guerra Mundial co único fin do beneficio propio.

O Pazo de Versalles

Un dos grandes tesouros de Francia é o pazo de Versalles. Foi unha construción do reinado de Luís XIV (coñecido coma o Rei Sol) aínda que a propiedade xa pertenceu orixinariamente ao seu pai, Luís XIII ao que lle entusiasmaba a caza e que mandou levantar en 1623 un pavellón de caza no medio do bosque, construindo en 1634 unhas dependencias máis espaciosas. Cando morreu nove anos despois o seu fillo Luís XIV só tiña cinco anos. Ao rapaz encantáballe o pavellón mais as razóns para a construción do pazo corresponden ás turbulencias políticas da época. De neno, Luís XVI foi testigo do alzamento de A Fronda polo que durante toda a súa vida desconfiou dos parisinos. Ao forzar aos nobles a seguilo a Versalles podería vixialos e recortar a súa capacidade de levar a cabo accións políticas independentes.
Ao longo dos seus 72 anos de reinado, Luís XVI gastou enormes cantidades de cartos no pazo, empleando aos mellores artistas de Francia.
O pazo é inseparable da personalidade do rei.Cando Versalles se converteu en sé do goberno en 1682 tivo que ampliarse para acoller a toda a corte.
Os aposentos reais decoráronse con ouro e mármol e estaban organizados coma se se tratase de planetas gravitando ao redor do sol(emblema real). Todo en Versalles rexíase polo protocolo e a etiqueta.
A galería dos espellos (unha sala de 73 m de longo que ocupa toda a parte central do pazo) é unha evidencia da búsqueda da grandeza. As 17 fiestras altas e arqueadas son o reflexo correspondente aos 17 espellos franceses que ocupan as paredes de enfrente mentras que o teito inmortaliza as conquistas diplomáticas e militares do rei. Máis recentemente, durante a Primeira Guerra Mundial, Versalles foi utilizado polo Consello de Guerra Aliado e o Tratado de Versalles firmouse nesta galería o 28 xuño de 1919.
O xardín de Versalles non se queda atrás. O paisaxista André Le Nôtre diseñou o que se considera o exemplo máis perfecto do xardín francés. O rei estivo tan orgulloso dos seus xardíns que escribiu unha detallada descrición da mellor maneira para visitalos. Organizados ao redor de dous eixes principais contén encantadores sotos,fontes, laberintos… O rei pediu que as súas flores floreceran todo o ano e grazas ao seu enxeñeiro Jean-Baptiste de La Quintinye, comía morangos en marzo e leitugas en xaneiro.
Como ás veces Versalles resultaba demasiado grande e excesivamente público, o rei pediu que se construíra o Grand Trianon, un pequeno pazo de mármol rosa, nos xardíns de Versalles. Luís XV tamén viviu en Versalles e mandou edificar o Petit Trianon, en 1769 para poder atoparse coa súa amante, Madame de Pompadour. María Antonieta creou un xardín de estilo inglés cunha granxa en miniatura, con animais e un muíño xunta un pequeno estanque.